| E dalle con Cuba! |
| Manoel Santos | |
| Mrcores, 31 de Outubro do 2007 | |
É a decimosexta vez consecutiva que a ONU condena o bloqueo e xa que logo que EUA despreza a ese organismo internacional coa escusa de que o seu con Cuba é de carácter bilateral. Mais como dixo o ministro de Exteriores cubano, Felipe Pérez Roque: “o bloqueo non afecta só aos cubanos, é unha afrenta ao dereito internacional, á Carta das Nacións Unidas e ao dereito de calquera país a comerciar con quen queira”.O 24 de outubro George W. Bush regurxitaba un discurso monográfico sobre Cuba no Departamento de Estado. Hai catro anos que non lle dedicaba tanto tempo a esa superpotencia caribeña que ameaza a estabilidade mundial, que debe ser estábel dabondo, pois a cominatoria presenza da Revolución está aí dende 1959 e xa papou dez presidentes coma el. No seu fantasioso argumentario había parvadas como que os xornalistas cubanos teñen que escribir con betún ou que as xuntanzas de máis de tres persoas son ilegais. Houbo arengas á insurrección militar e ofrecementos de bolsas de estudo aos illáns. Pouco lle importan ao texano os informes de Nacións Unidas e do seu cómplice Banco Mundial sobre a boa situación educacional da grande das Antillas. Para rematar, falou da creación dun “fondo da liberdade”–xa se sabe o que pasa no mundo cando Bush fala de liberdades– para reconstruír o país algún día –léase cando morra Fidel– e fixo un chamamento ao mundo para axudarlle a democratizar Cuba, ao seu xeito claro. O mundo respondeu aos seis días. Na Asemblea Xeral da ONU votouse unha resolución para pedir o fin do bloqueo imposto polos EUA sobre Cuba dende hai 45 anos. Marca histórica no resultado: 184 votos (países) a favor e 4 en contra. Que catro? EUA, Israel e as Illas Marshall e Palau, algo xa tradicional nestes dous pseudoestados da nación das barras e estrelas. É a decimosexta vez consecutiva que a ONU condena o bloqueo e xa que logo que EUA despreza a ese organismo internacional coa escusa de que o seu con Cuba é de carácter bilateral. Mais como dixo o ministro de Exteriores cubano, Felipe Pérez Roque: “o bloqueo non afecta só aos cubanos, é unha afrenta ao dereito internacional, á Carta das Nacións Unidas e ao dereito de calquera país a comerciar con quen queira”. Malia que a obsesión ianqui coa illa vermella non é nova, Bush retoma a cuestión de cando en vez porque sabe que a cousa ten os seus efectos no imaxinario occidental. E na prensa. Rara é a discusión sobre política internacional na que non agrome o tema cubano, que adoita poñer a esa illiña de 11 millóns de habitantes no mesmo nivel de importancia xeopolítica cós estados máis poderosos do mundo e cós conflitos máis cruentos. Bush, ao cabo, consegue o que se propón, que a xente xulgue a Cuba cun listón alto de máis.• | |
| < Ant. | Seg. > |
|---|

É a decimosexta vez consecutiva que a ONU condena o bloqueo e xa que logo que EUA despreza a ese organismo internacional coa escusa de que o seu con Cuba é de carácter bilateral. Mais como dixo o ministro de Exteriores cubano, Felipe Pérez Roque: “o bloqueo non afecta só aos cubanos, é unha afrenta ao dereito internacional, á Carta das Nacións Unidas e ao dereito de calquera país a comerciar con quen queira”.