| Carmen Velasco: "O microcrédito "empodera" a dona de xeito inmediato" |
| Marga Tojo | |
| Mrcores, 31 de Outubro do 2007 | |
|
Desde que o economista bangladeshí Muhammad Yunus, o chamado banqueiro dos pobres, recibiu o premio Nobel da paz polo seu método de microcréditos, esta fórmula estase a estender, principalmente, como modo de empoderamento das clases máis desfavorecidas socialmente. E por iso que se adoita asociar microfinanzas e muller? "Non sempre é así, só no caso das institucións que traballan cunha misión social porque cren que incluír a muller nunha actividade produtiva xera un impacto moi importante para acadar o empoderamento e o liderado da dona", explica a directora de ProMujer Bolivia, Carmen Velasco, que onte participou nunha xornada do simposio internacional "Pobre Mundo Rico", celebrado nesta ocasión en Vigo. ProMujer traballa desde hai dezaoito anos nas áreas periurbanas e marxinais empobrecidas do Alto, Cochabamba, Sucre e Tarija, onde existen poucos programas integrados de crédito e servizos adicionais para as mulleres que viven en condicións de exclusión. Para Velasco, o microcrédito é un elemento de empoderamento inmediato, porque replica "a forma de ser histórica do sexo feminino", moito máis marcada en Latinoamérica, África e Asia. "A máis golpeada, marxinada e excluída de todos os procesos económicos e políticos foi a muller", apunta a experta. Pero cando se fala da feminización da pobreza no Sur é importante salientar tamén que son as donas as que están a funcionar como verdadeiros motores de cambio. Neste sentido, a directora de ProMujer Bolivia cre que se está a experimentar un período de transición no desenvolvemento social da dona que se vivirá plenamente en vindeiras xeracións. "Hai modelos de realicións moi duros, moi institucionalizados, moi afianzados que levará moita suor desterralos", di. Non obstante, as microfinanzas son sistemas económicos "non extensíbeis a toda a sociedade", senón destinados a incluír no círculo de participación económica e social a persoas sen recursos. "O ideal sería entender as microfinanzas como unha ponte entre a exclusión e a inclusión". Para concluír, a experta chama os países latinoamericanos a aproveitaren os movementos emerxentes "que gozan dun grande apoio, para loitar até o fondo contra a pobreza e non ficaren ancorados nunha loita racial". • | |
| < Ant. | Seg. > |
|---|

Desenvolve programas de microfinanzas para mulleres porque é unha ferramenta economizadora forte para replicaren a súa exclusión histórica. Onte estivo en Pobre Mundo Rico.