| Teólogos da liberación |
| Altermundo | |
| Domingo, 20 de Maio do 2007 | |
![]() Frei Betto e Leonardo Boff,. Reproducimos dous textos dos teólogos da liberación brasileiros máis influíntes do altermundo. Primavera LatinoamericanaFrei Betto
En Venezuela, Chávez reforza o poder popular ao instalar os Consellos Comunitarios. Esa é a única vía pola que os gobernos democráticos poden asegurar a gobernabilidade sen correr o risco de ficar reféns do Congreso e vulnerábeis a golpes de Estado orquestrados dende Wáshington, como aconteceu na Venezuela de 2002. No Brasil, Lula optou pola vía parlamentar, formando unha colición partidaria que lle garante maioría no Congreso, mais sen metas definidas no referente ao proxecto dun novo Brasil. Os partidos foron atraídos pola oferta de cargos na máquina do executivo. Ao contrario que Chávez, Lula non se interesa en mobilizar movementos sociais, temoroso de que esixan del mudanzas na política económica neoliberal, de rigoroso axustamento fiscal, e na política social, que laia por unha reforma agraria, porta de saída das familias pobres que, hoxe, dependen só de recursos estatais. Reelecto en decembro polo 63% do electorado, Chávez obtivo a aprobación, polo Congreso, da Lei Habilitante, que lle permite gobernar nos seguintes 18 meses sen consulta ao parlamento. Esta é a versión venezolana das Medidas Provisorias adoptadas por exceso no Brasil. Até o 1º de maio, Chávez pretendía reducir o poder dos consorcios petroleiros que operan na rexión do Orinoco, onde producen preto de 600 barrís/día, e con potencial para 1,3 billóns/día. A medida afectará a empresas estranxeiras que, até agora, fartábanse do petróleo venezolano e inflaban a súa facturación sen contrapartida no desenvolvemento sustentábel do país: as usamericanas Chevron, Exxon Mobil, Texaco e Conoco Philips; a francesa Total; a norueguesa Statoil e a británica British Petroleum. A venezolana PDVSA é a socia minoritaria nese consorcio. A partir do 1º de maio ela fica coa cota de 60%; as demais, co 40%. Consta aínda nos planos de Chávez nacionalizar a empresa Electricidade de Caracas, controlada pola AES dos EUA, e non renovar a concesión á empresa de telecomunicacións RCTV (Radio Caracas Televisión), que poderá continuar a operar por satélite e cabo. A RCTV apoiou o golpe de abril de 2002, que tentou derrubar o presidente e, no mesmo ano, en decembro, a sabotaxe á PDVSA, o que puxo en risco a economía do país. Chávez preferiu, ao final, non castigar á emisora. Ao contrario do que pregoan os medios dos EUA, Chávez é o presidente latinoamericano con menos poderes e máis cercado de dispositivos constitucionais limitadores da súa actuación. O máis importante deles é o Referndo Revogatorio, que autoriza ao 5% de eleitores, preto de 800 mil persoas, a esixiren que o electo sexa sometido á aprobación popular na metade do mandato. A súa aplicación foi en agosto de 2004, cando a oposición pediu o referendo e tivo que aceptar o resultado: a meirande parte da poboación reafirmou a súa confianza en Chávez. Se houbese un referendo revogatorio na Arxentina e Bolivia, Fernado de la Rúa e Sánchez de Lozada terían sido destituídos sen a presión popular que pagou o alto prezo das vidas sacrificadas. E no Perú, Alejandro Toledo, que gobernou cun índice de aprobación inferior ao 15%, tería cedido o seu lugar a outro. Pola vía democrática e pacífica, América Latina tenta librarse da miseria á que a maioría da súa poboación foi condenada polas grandes potencias. Se estas reaccionan á perda dos seus privilexios exhorbitantes, o escenario do Iraq poderíase transportar á rexión. Bom-senso e incenso não fazem mal a ninguém. O liberalismo e a ecoloxíaLeonardo Boff
De aí que o pacto social debe ser articulado como o pacto natural. Tampouco se pode esquecer a segunda lei da termodinámica, a entropía, o desgaste lento e irrefreábel do uso de enerxía até o seu esgotamento total na morte térmica. Canto máis aceleramos o proceso produtivo e canto máis consumimos, mais gastamos enerxía e así facemos aumentar a entropía. O ser humano non pode deter a entropía, mais pode desacelerala, favorecendo formacións sociais con menos uso e desperdicio de enerxía, prolongando así o tempo de supervivencia persoal e colectiva. Da conciencia de clase debemos pasar á conciencia de especie, da clase social á bioloxía social. A conciencia de especie é fundamental na relación ser humano-natureza. Do comportamento colectivo dependen cuestións ligadas á bioloxía como a biodiversidade ameazada, a falta de recursos, o quecemento global, confirmado agora polo IPCC, o problema demográfico angustiante e as cuestións das armas de destrución masivadepende a supervivencia da nosa especie Homo. Esta cuestión ultrapasa a clase social, pois a ameaza atinxe indistintamente a todos. Aínda así hai que coincidir cos marxistas en que a disminución da desigualdade e a xustiza societaria son precoindicións para o equilibrio socio-ecolóxico que retarda os efecto da entropía. Jean-Paul Sartre, nunha entrevista, pouco antes de morrer, ao xornal italiano La Repubblica de 14 de abril de 1980, se cadra nos axuda a entender a cuestión. Fala da orixe biolóxica común e do fin da especie humana. Di: “Non somos seres humanos completos. Somos seres que se debaten para establecer relacións humanas e para chegar a unha definición de ser humano. É unha loita longa que consiste en procurarmos vivir xuntos humanamente. É, pois, mediante esta busca, que non ten nada que ver co humanismo, que podemos considerar o noso fin. Noutras palabras, o noso fin é acadar un corpo constituído no que cada un se sinta ser humano e unha colectividade que se sinta tamén humana”. Nunha linguaxe da cultura humanística, el di a mesma cousa que dixemos anteriormente na linguaxe da bioloxía. Fáltanos moito para sentírmonos parte da natureza e tratarmos humanamente aos humanos. Caso contrario, corremos o risco de coñecer o camiño xa percorrido polos dinosaurios. FREI BETTO E LEONARDO BOFFOs dous principais teólogos da liberación brasileiros, Leonardo Boff e Frei Betto, son amigos e están entre os precursores e inspiradores do altermundismo. Participan nas mobilizacións do “movemento de movementos” e nos foros sociais. A súa influencia é grande en todo o mundo e no Brasil, onde moitos militantes de movementos sociais como sindicatos, MST (campesiños sen terra) e colectivos de mulleres, proveñen de comunidades eclesiásticas de base (CEB) que se recoñecen na Teoloxía da Liberación.Leonardo Boff (Concórdia, 1938) é doutor en Teoloxía e Filosofía. Ingresou nos Franciscanos en 1959. Profesor en Brasil, Portugal, España, EUA, Suíza e Alemaña. En 2001 recibiu o Right Livelihood Award, ou Nóbel Alternativo. En 1992, en razón das súas teses ligadas á Teoloxía da Liberación expostas no seu libro Igrexa: Carisma e Poder (1984), renunciou ao sacerdocio autopromovéndose ao estado laico por mor da presión do Vaticano. Autor de máis de 60 libros.Carlos Alberto Libânio Christo O.P., é Frei Betto, (Belo Horizonte, 1944). Estudou xornalismo, antropoloxía, filosofía e teoloxía. Frade dominicano. Militante de movementos pastorais e sociais e activo xornalista de opinión. Foi preso dúas veces na ditadura. Até 2004 foi asesor de Lula da Silva e coordenador do programa Fome Zero. Ten publicados máis de 40 libros. | |
| < Ant. |
|---|


Decepcionados coas tradicionais oligarquías políticas, os electores de América Latina canalizan agora os seus votos cara a candidatos que encarnan a esperanza de mudanzas capaces de reducir a desigualdade e a miseria. Votan a xente coa cara da xente: o operario Lula no Brasil; o mestizo Chávez en Venezuela; o indíxena Morales en Bolívia; o militante de esquerda Correa no Ecuador; o ex-guerrilleiro Ortega en Nicaragua. E queira Deus que, axiña, Fernando Lugo sexa electo presidente do Paraguai e Rigoberta Menchú de Guatemala.
En xeral, son as esquerdas as que empregan a categoría de clase social para o entendemento da sociedade, principalmente dos seus conflitos e dos mecanismos de exploración duns sobre os outros a partir do lugar que cada un ocupa no proceso produtivo. Esta categoría axudou a mostrar a deshumanización que padecen multitudes e os xeitos de enfrontarnos a iso, para que non se perpetúen e se poidan construír relacións que permitan ao ser humano tratar humanamente aos seus semellantes. Mais a clase, por imprescindíbel, é insuficiente para dar conta da complexidade da sociedade. Hai que inserila dentro dunha realidade maior, subxacente a todos os fenómenos sociais: a súa base biolóxica. Sen a garantía da base biofísica e ecolóxica da vida, os problemas fican pendurados no aire. Importa entender que a sociedade e o medio ambiente son interdependentes, partes inseparábeis dun único proceso evolutivo e planetario. A actividade biolóxica representa unha propiedade de Gaia, que inclúe os seres vivos, especialmente os humanos e a súa infraestrutura físico-química-informacional, expresións dun todo vivo e sistémico..jpg)