| Supermercados: agricultura e alimentación S.A. |
| Esther Vivas | |
| Mrcores, 24 de Outubro do 2007 | |
Nos últimos anos, o noso xeito de comprar, de alimentarmonos e de relacionarmonos coa terra deu un xiro de 180º. As tendas de barrio, os mercados campesiños, os alimentos de proximidade, o coñecemento da contorna rural foron minguando en favor dunha crecente mercantilización da agricultura e a alimentación.[La Directa, nº 62] A partir dos anos 70 e 80, no Estado español empezaron a xeralizarse os supermercados e os hipermercados como un novo xeito de facer a compra, máis rápida e práctica, onde varios produtos podíanse atopar nun mesmo lugar. A consolidación deste novo modelo de establecemento, o que se chamou "a distribución moderna": supermercados, hipermercados, cadeas de desconto… cambiou o onde, o como e o que consumimos xerando graves impactos no pequeno produtor e labrego, no comercio local, no ambiente, nas condicións laborais dos traballadores e no modelo de consumo. Por poñer un exemplo, na produción alimentaria: o control que exerce a distribución moderna de toda a cadea de comercialización dun produto fixo que os campesiños cada vez gañen menos co que venden e os consumidores teñamos que pagar máis por aquilo que mercamos, sendo a distribución moderna a gran beneficiaria. É o que se veu a denominar como teoría do funil: millóns de consumidores por unha banda, miles de campesiños pola outra e tan só unas poucas cadeas de distribución, que no medio deste proceso, quédanse todo o beneficio monopolizando o sector. Non en balde, no ano 2005, o prezo do limón medraba un 2.000% do prezo en orixe ao prezo en destino, sendo a distribución moderna quen se quedaba todo o beneficio. No Estado español, cinco grandes grupos controlan a distribución de máis da metade dos alimentos que se mercan: Carrefour (23,7% da cota de mercado), Mercadona (16%), Eroski (7,4%), Alcampo (6,1%) e o Corte Inglés (2,3%). E é que o 80% das nosas compras fanse en supermercados, hipermercados e cadeas de desconto. Fronte a esta situación, que podemos facer? En primeiro lugar é fundamental tomar conciencia do impacto deste modelo de distribución (supermercados, hipers...) na nosa contorna e as consecuencias que ten a compra nestes establecementos. A partir de aquí é necesario buscar alternativas concretas que nos permitan levar a cabo un modelo de consumo alternativo: como a compra a través de circuítos curtos de comercialización no mercado, na tenda de barrio… É necesario que nos informemos de onde vén e como foi producido aquilo que consumimos e na medida das posibilidades entrar a formar parte dunha cooperativa de consumidores de produtos ecolóxicos que nos permitirá informarnos, traballar colectivamente e desenvolver modelos de consumo alternativos. Ler tamén: No comercio xusto non todo vale | |
| < Ant. | Seg. > |
|---|


.gif)

















.gif)
Nos últimos anos, o noso xeito de comprar, de alimentarmonos e de relacionarmonos coa terra deu un xiro de 180º. As tendas de barrio, os mercados campesiños, os alimentos de proximidade, o coñecemento da contorna rural foron minguando en favor dunha crecente mercantilización da agricultura e a alimentación.
Esther Vivas-. A crise alimentaria deixou sen comida a miles de persoas en todo o mundo. Á cifra de 850 millóns de famentos, o Banco Mundial engade cen máis froito da crise actual. O "tsunami" da fame non ten nada de natural, senón que é resultado das políticas neoliberais impostas sistematicamente durante décadas polas institucións internacionais.