Condenados por solidarizarse cos pobos oprimidos
A.S.K.   
Domingo, 21 de Outubro do 2007

 Comunicado urxente da Asociación de Solidariedade con Kurdistán (A.S.K.). Outro membro da “asociación de solidariedade con Kurdistán-A.S.K.” recebe a notificación de outra multa de 4.000 euros. Con esta segunda notificación ascende xa a 8.000 euros o total das multas impostas no partido do Celta contra o equipo turco a finais do novembro pasado.

 Desde hai case un ano, a A.S.K. (Asociación de Solidariedade con Kurdistán) está a ver condicionadas as súas accións polas multas impostas a dous dos seus membros.

Os feitos remóntan-se ao mes de Novembro do 2006, durante a disputa do partido de fútbol entre o Celta de Vigo e o Fenerbahaçe turco no estadio de Balaídos.

Por esixencia de un policía turco, a policía española decidiu quitar do estadio e sancionar a dous membros da A.S.K. con 8000 euros.

Estas dúas persoas son acusadas de “provocación” por participar no despregue de unha faixa co lema “FREEDOM FOR KURDISTÁN” e portar simboloxía alusiva ao conflicto kurdo.

Esgotados os recursos na Subdelegación do Goberno de Pontevedra e diante do inminente proceso penal, a A.S.K. quere manifestar, unha vez máis, que:

  • Tal como recolle a propia resolución policial, en ningún momento produciu-se ningún acto de violencia por parte dos dous imputados nin por ninguén dos presentes no estadio.
  • Ningún dos membros da A.S.K. participou do despregue da faixa, como queda patente nas diferentes fotografías aparecidas nos xornais. Aínda así queremos manifestar o noso apoio e solidariedade con este acto pacífico e reivindicativo a favor do povo kurdo.
  • O único “delito” que recoñecemos é portar unha camisola co anagrama da asociación e unha pequena bandeira con dito anagrama. Os propios policías admiten descoñecer os símbolos, así como a existencia do Kurdistán ou calquera idea aproximada.
  • A Asociación de Solidariedade con Kurdistán, e con ela o noso anagrama, está legalmente rexistrada e constituída no rexistro de asociacións da Xunta de Galiza desde hai varios anos.
  • Por último, deixar claro que apoiaremos e participaremos de calquera iniciativa, sexa onde sexa, que contribúa a difundir e informar do coflicto kurdo.

Agradecemos, por tanto, que difundades esta nova dentro das vosas posibilidades.

Tamén informar-vos que a A.S.K. abriu unha conta para facer fronte aos gastos ( avogados e máis que posible multa) aos que nos vemos obrigados. O número de conta é:
Caixanova 2080 0000 7 2 0003017604

Grazas pola vosa solidariedade.

Máis información en  www.nodo50.org/utopiaforo

NINGUNHA PRESIÓN, VEÑA DE ONDE VEÑA, ANULARÁ A NOSA SOLIDARIEDADE CO POVO KURDO.

POLO DEREITO DE TODOS OS POVOS A DECIDIR LIBREMENTE O SEU FUTURO.

POLA LIBERDADE DE EXPRESIÓN!!

POLOS DEREITOS CIVÍS!!

¡¡FREEDOM FOR KURDISTÁN!!

A.S.K. (Asociación de Solidariedade con Kurdistán)

Nova relacionada: Multados por defender o Kurdistán?

 
< Ant.   Seg. >