| En defensa dos espazos autónomos e okupados 2008 |
| Altermundo | |
| Venres, 19 de Outubro do 2007 | |
|
CHAMAMENTO O venres 4 e o sábado 5 de abril de 2008, chamamos a dous días de manifestacións, accións directas, información pública, street partys (reclama as rúas), okupacións… en defensa de espazos liberados e por unha cultura popular anticapitalista. Durante estes dous días, queremos axudar crear máis visibilidade dos espazos autónomos e okupados como un movemento político europeo/global. Queremos desenvolver interconexións e solidariedade entre okupacións e espazos autónomos. Queremos seguir unindo os nosos espazos coa nova xente e novas loitas, e apoiar a creación de espazos autónomos en sitios onde non houbo unha historia desta clase de acción. Queremos construir, paso a paso, a nosa capacidade de vencer a onda de represión que cae sobre nós. Chamamos a realizar accións descentralizadas e autónomas de todas as clases, dependendo do que a xente senta como mais apropiado para sucontexto local. Abaixo atoparás o contido político que desexamos dar até estes dous días. "O resto da chamada pode ser lido en http://april2008.squat.net/ (en inglés). Isto non é un texto definitivo, máis ben un xeito de introducir e falar do proxecto. É a primeira proposta dun grupo de xente implicada en varios espazos autónomos ao redor de Europa. Este verán, viaxamos co texto e introducímolo a varios colectivos. Considerando a presente dinámica de resistencia ao redor dos espazos autónomos en Europa, parece que a idea esténdese bastante axiña e con entusiasmo. XUNTANZA PREPARATORIA O éxito deste chamamento agora depende da nosa capacidade para crear un grupo de traballo internacional máis grande. O acontecemento enteiro realizarase sen nigun "comite central", e estara composto de varias accións autónomas descentralizadas. De todos os xeitos pensamos que é importante ter unha xuntanza física, para cambiar ideas e estratexias, falar do contido do chamamento, ver como crear instrumentos comúns de información ao redor do proxecto, como conectar e axudar ás distintas iniciativas locais. Así, chamamos a unha xuntanza internacional de preparación coordinación o 24 e 25 de novembro de 2007, no espazo autónomo "Lles Tanneries", localizado en Dijon, Francia. Isto é un Centro Social Okupado nunha zona postindustrial, okupado desde 1998. Grazas aos anos de loita contra o goberno municipal que posúe os edificios, o proxecto alcanzou un certo grao de estabilidade. Este proxecto inclúe unha casa colectiva, un espazo de actuacións, un hacklab, unha tenda de gratuidade, un infoshop, un xardín colectivo, unha biblioteca… Esperamos que moitas de vós podades unirvos. Por favor avisádenos por adiantado se pensades vir, de xeito que teñamos unha idea do número de xente que temos que acomodar e planificamos a comida. O chamamento pode ser descargado como un flyer de http://april2008.squat.net/ (en ingles). Ademais, calquera axuda con traducións en calquera lingua é moi benvida. | |
| < Ant. |
|---|

Chamamento para uns dias de acción descentralizada en defensa dos espazos autónomos e okupados en Europa, en abril de 2008. Invitacion para unha xuntanza preparatoria en Lles Tanneries (Dijon, Francia), en novembro de 2007..jpg)