Marcha nacional contra o Plano Acuícola. Corrubedo 4-N, 12h
Altermundo   
Mrcores, 10 de Outubro do 2007

 A MARCHA NACIONAL CONTRA O PLANO ACUÍCOLA está convocada por plataformas sociais e colectivos de afectados/as de toda a costa galega. Baixo o lema POLA TUA COSTA, POLO TEU MAR: NON AO PLANO ACUÍCOLA faise un chamamento a todas as xentes de ben do país a berrar contra esta aberración ambiental, social e económica á que nos quere condear a Xunta. No Porto de Corrubedo, o domingo 4 de novembro de 2007 ás 12 da mañá. NON LLE FALLES AO NOSO LITORAL, NON LLE FALLES AO PAÍS!

 

MANIFESTO

Se queres enviar a túa adhesión faino a: Este enderezo de correo-e est protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver [VER APOIOS]

ATÉ AQUÍ CHEGHAMOS COS PEIXES PLANOS

NON AO PLANO ACUÍCOLA DA XUNTA!!

Marcha Nacional en CORRUBEDO
4 de novembro, ás 12:00 da mañá, no Porto de Corrubedo

Dende as terras galegas que mollan os salseiros atlánticos, aquelas que bican o mar dende A Guarda a Ribadeo, os movementos sociais galegos, xentes con amor polo noso, chamamos a Galiza enteira a erguerse connosco nun berro colectivo contra o Plano Acuícola da Xunta.

Consideramos que este plano sectorial constitúe unha traizón ao povo galego por parte dos seus gobernantes, pois pretende enaxenar o mellor do noso litoral para alimentar os insaciábeis bandullos das transnacionais do peixe. Esta ocupación masiva da beiramar de máis de 3 millóns de metros cadrados é unha sentenza de morte contra as nosas praias e cantís, unha violación das nosas máis sobranceiras paisaxes, unha insustentábel hipoteca para os recursos ambientais e económicos autóctonos, e unha legalización encuberta da contaminación salvaxe do mar. Peixes planos nas piscinas… e encefalogramas planos nos despachos.

ATÉ AQUÍ CHEGHAMOS porque o Plano Acuícola é inxusto e indecente no eido ambiental. Millóns de metros cadrados de litoral liberado poden ficar para sempre soterrados baixo o formigón transnacional. As macrofábricas de peixe agreden directamente unha chea de espazos naturais, moitas veces integrantes –ou lindantes– cunha Rede Natura 2000 da que depende a sustentabilidade dos nosos recursos. Resulta tendencioso pretender que instalacións industriais de ducias de hectáreas e sen ningún sistema de depuración non vaian impactar sobre o ecosistema mariño e terrestre por situarse da outra beira ou no límite dun espazo protexido.

ATÉ AQUÍ CHEGHAMOS porque o Plano Acuícola é inxusto e indecente no eido social. A Xunta pretende agasallar ás empresas con aquilo que as galegas e os galegos sempre conservamos. Velaí o noso castigo. Queren, ao cabo, facer unha expropiación salvaxe do litoral. O Plano ataca de cheo ás áreas costeiras que sempre estiveron liberadas das agresións industriais e urbanísticas. Son o pouco que nos queda, e non estamos dispostos a que caian nas mans de empresas depredadoras. O Plano foi consensuado coas empresas desprezando a opinión do pobo, no que en último caso reside a soberanía do país. Sen nós, non hai Plano.

ATÉ AQUÍ CHEGHAMOS porque o Plano Acuícola é inxusto e indecente no eido económico. A acuicultura en terra só representa o 1,8% da actividade do sector en Galiza. Falar do carácter estratéxico do plano sectorial é enganar ao pobo, pois só resposta ás necesidades dunha mínima parte do sector esquecendo –e mesmo poñendo en perigo– a achega, esta si estratéxica, da acuicultura a flote e dos parques de cultivo marisqueiro, que ocupan a máis de 10.000 persoas, fronte ás 520 da acuicultura en terra. Expropiar ao pobo para beneficiar a empresas que en moitas ocasión nin sequera están no tecido económico do país é unha actitude colonialista. Estas macroplantas van esnaquizar a costa, non van xerar nin de lonxe o emprego que din e van recibir case 400 millóns de euros de subvencións públicas, que deberían ser investidos na valorización dos nosos recursos naturais e na creación de actividades produtivas sustentábeis ao redor dos nosos espazos protexidos.

ATÉ AQUÍ CHEGHAMOS COS PEIXES PLANOS, chamamos ás galegas e aos galegos a berrar connosco no Porto de Corrubedo, o 4 de novembro de 2007 ás 12:00 da mañá, contra esta aberración ambiental, social e económica á que nos quere condear a Xunta.

CONVOCAN: ADEGA, Plataforma Medioambiental de Corrubedo, Plataforma Veciñal en Defensa do Patrimonio Cultural de Quilmas (Carnota), Plataforma pola Defensa do Litoral de Seráns (Porto do Son), Comisión de Propietarios/as Laxe Brava (Teira-Corrubedo), Plataforma Veciñal Xove-Lago, Plataforma Veciñal de Merexo (Muxía), Plataforma de Afectados/as de Arou (Camariñas), Plataforma de Afectados/as de Oia, Plataforma de Afectados/as de Foz, Agrupación de Mariscadoras/es de Corcubión, Cooperativa de Mergulladores/as da zona 5ª.

COLECTIVOS QUE APOIAN (a 30 de outubro): Greenpeace, Salvemos Monteferro, SOS Courel, Colectivo Fusquenlla, Ortigueira Sostible, Colectivo Arraianos, Asociación Sagres de Aguiño, Asociación Cultural Choiva Azeda (As Pontes), Asociación Natura Celtica (Cangas), BNG de Ribeira, Frente Popular Galega, CUT (Central Unitaria de Traballadores), Colectivo Nacionalista de Marín, Asociación Altofalante (Ribeira), Colectivo Ecoloxista Verduxo, Plataforma en Defensa do Patrimonio das Pontes, Asociación Amigos de Corrubedo, Plataforma Veciñal contra a piscifactoría de Baroña, Asociación Cultural "Fuco Buxán" de Ferrol, BNG do Barbanza, Asociación Pau da Luz (Corrubedo), Asociación Cultural Barcas do Minho (Chantada), CNT-Compostela, Amigos da Terra, Plataforma Ártabra21, Quercus (Portugal), PP de Ribeira, BNG de Porto do Son, Comité de defensa das Rías Altas, Asociación profesional XORNAGA (Xestión e Organización de Recursos Naturais de Galicia), Rede Litoral Vivo, Confraría de Pescadores de Carreira e Aguiño, Veciños das Mariñas (Oia), IPdR (Iniciativa Progresista de Ribeira), Foro Social Temos Dereito a Saber, 'O Ribeiro', Bouzas Móvete, Confraría de Pescadores de Corcubión, Comite Cidadan de Emerxencia para a Ría de Ferrol, Confraría de Pescadores de Fisterra, P.C.P.G..

ADHESIÓNS INDIVIDUAIS AO MANIFESTO (a 30 de outubro):
Se queres enviar a túa adhesión faino a: Este enderezo de correo-e est protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
Alejandro Beiras. Cirurxian Hospital Clinico de Santiago
Andrés Mahia, guionista, produtor TV
Ángeles Castro Dapena- Arquitecta
Antón Mascato. Editor. Concelleiro de cultura no Grove
Antón Reixa
Antonio Durán "Morris"
Anxo Sánchez González, arquitecto
Anxo Tarrío Varela. Catedrático de Filoloxías Galega e Portuguesa  da USC
Blanca Gefaell Chamochín, xornalista
Camila Bossa, actriz e cidadá galega
Carmen Cristina Pérez Leirós
Carmen Ordóñez Cespón (Araño-Rianxo)
Carlos Ares, Guionista-Produtor
Carlos Barros Gonçalves, director do Novas da Galiza
Carlos Ríos, traballador da administración do Estado
Carlos Sánchez Pardo, cooperante
Celsa Oreiro Bermúdez, Concelleira do BNG no Val do Dubra
Comba Campoy, actriz e xornalista
Daniel Salgado, xornalista e poeta
David Álvarez, Graduado Social
David Otero, escritor
Enrique Luis González Riobó
Fran Rei, Coordinador da Compañía Os 7 magnificos + 1.
Francisco Cadaval, Director de teatro
Iolanda Rodríguez, Pedagoga
Isabel Martínez-Risco Valdivieso
Isabel Mouriño Chas
Iván prado. Director de FestiClown.
Jorge Salgado Cortizas- Arquitecto
José Ángel Carreira Montes- Arquitecto
José Manuel Pena, Colaborador en varios medios de comunicación
Julia Varela, Profesora de Socioloxía, Fac. CC Informaicón, Universidade Complutense de Madrid
Laura Capdevila-Argüelles, Bióloga
Lola Máiz, Analista Clinica
Luís Tosar, actor
Mabel Rivera, actriz
Marcos S. Pérez Pena, Xornalista
Maria Yañez, xornalista
Mª Ángeles Bravo Calderón-Bióloga
Mª del Carmen Iglesias Míguez, funcionaria de Correos
Mª Xesús Suárez, Profesora de Ensino Secundario
María Jesús Facal Rodríguez, Área de Historia e Institucións Económicas. Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Universidade de Vigo
Enrique Banet, realizador de TV
Marina Quintillán, Música
Marta Díaz, Educadora Social
Miguel Pérez Lorenzo, Profesor
Miguel-Anxo Murado, escritor
Miro Casabella, Cantor
Monica Ares, xornalista
Pachi Baranda, Pulpeiro e curtametraxista
Pilar Pereiro Saavedra, mestra (Teira)
Rafael Pichel Calvo, Responsable de organización do BNG do Val do Dubra
Roxo, Coordinador do festival musical Galeuzca
Sabela Dávila Cacheda, estudante
Sofía Riveiro Olveira, Seráns
Susana Fernández Pernas, mestra
Teresa Moure, escritora
Tomás Hermelo Alvarez, Estudante de Acuicultura
Txeli, Presidenta de Culturactiva SCG
Xabier Bouza
Xabier Viana, guionista
Xavier Queipo, escritor
Xavier Simón Fernández, Profesor Titular de Economía Aplicada. Universidade de Vigo
Xerardo Pardo de Vera Díaz, avogado e periodista
Xosé Morais, guionista
Xosé A. Gaciño, xornalista
Xosé Castro, guionista e produtor
Xosé Luis Bóveda, da Fundación Alexandre Bóveda
Xosé Manuel Eyré
Xosé Manuel García Crego, membro do Comité Executivo da FPG
Xosé Miguel López Pérez, traballador do Sergas
Xurxo Mariño, científico
Yolanda Castaño, escritora


Altermundo
Sobre o autor ou autora:
Artigo inserido ou creado por Altermundo.org
Ler máis >>
 
< Ant.   Seg. >