| Esteban Beltrán: "Hai que atopar o Pinochet da pobreza e levalo ante os tribunais" |
| Marga Tojo | |
| Martes, 09 de Outubro do 2007 | |
A pobreza, que é hoxe a maior violación dos dereitos humanos, combátese on xustiza, non con axuda asistencial. E non o dicimos nós. Dío o director en España de Amnistía Internacional (AI), Esteban Beltrán…A pobreza, que é hoxe a maior violación dos dereitos humanos, combátese on xustiza, non con axuda asistencial. E non o dicimos nós. Dío o director en España de Amnistía Internacional (AI), Esteban Beltrán, que avogou onte por asumila como unha agresión puníbel e por levar os seus responsábeis ante os tribunais, mediante unha lexislación internacional que inclúa os dereitos á saúde, vivenda ou educación como "xusticiábeis". O activista, que pronunciou pola tarde unha conferencia na facultade compostelá de Ciencias da Comunicación sobre A pobreza e a xustiza no marco do Simposio Internacional Pobre Mundo Rico, destacou en roda de prensa previa como prioridade "atopar a Pinochet da pobreza e levalo ante os tribunais. Se hai presos da pobreza hai alguén que os encarcerou e ese alguén debe ser xulgado", aseverou. Entre os Gobernos que "deliberadamente" promoven políticas que vulneran os dereitos dos seres humanos citou a Israel, coa construción dun muro de 500 quilómetros, ou a Cimbabue, co control de alimentos. Na opinión de Beltrán prima a concepción de que os dereitos humanos son uns menos importantes que outros e preguntouse por que na Constitución Española existe unha división entre dereitos fundamentais e principios reitores e alegou que, se a educación é un dereito fundamental, por que a saúde ou a vivenda dependen de políticas públicas. "Se non cambiamos a Constitución os dereitos non terán igual protección xudicial", dixo. Esteban Beltrán aludiu a que co comezo da loita contra o terrorismo no ámbito mundial, os países desenvolvidos venden armas a países aliados, moitos deles inmersos en conflitos internos, sen ningún control. Por este motivo, defendeu que se debe crear un convenio que regule a venda de armas, entre outras a de Estados Unidos, pero tamén a de España, que ten comercio con Colombia. | |
| < Ant. | Seg. > |
|---|

A pobreza, que é hoxe a maior violación dos dereitos humanos, combátese on xustiza, non con axuda asistencial. E non o dicimos nós. Dío o director en España de Amnistía Internacional (AI), Esteban Beltrán…