| Lula e o insustentábel modelo de produción |
| Axencia Púlsar | |
| Mércores, 26 de Setembro do 2007 | |
|
Lula advirte diante da Asemblea da ONU dos perigos do actual "modelo de produción".
O presidente brasileiro, Luiz da Silva, dixo este martes na Asemblea de Nacións Unidas que "non haberá solución para os terríbeis efectos dos cambios climáticos se a humanidade non é quen de cambiar os seus patróns de produción e de consumo". O mandatario brasileiro expresou que "se o modelo de desenvolvemento non é repensado medran os riscos dunha catástrofe ambiental e humana sen precedentes". Lula da Silva considerou necesario modificar a "lóxica aparentemente realista e sofisticada pero que en realidade é anacrónica, predatoria e insensata, da multiplicación do lucro e a riqueza a calquera prezo". Neste sentido, Lula defendeu a produción de biocombustíbeis como unha "alternativa de enerxía limpa" e unha posibilidade para xerar fontes de "emprego, renda e favorecer a agricultura familiar". O presidente brasileiro asegurou que o seu país "dará todas as garantías sociais e ambientais para a produción de biocombustíbeis", en tanto Brasil é o principal productor mundial dos combustíbeis derivados do millo, a cana de azucre e a soia. Líderes mundiais como Hugo Chávez e Fidel Castro rexeitan a produción de biocombustíbeis porque sinalan que se trata dun modelo de desenvolvemento que elevará o prezo dos alimentos e agravará o problema da fame no mundo.• | |
| < Ant. | Seg. > |
|---|

