| Bolivia: cocaleiros pola constituínte |
| Axencia Púlsar | |
| Mrcores, 05 de Setembro do 2007 | |
|
Máis de 30 mil campesiños mobilizaranse en defensa da Constituínte. Cocaleiros dos Iungas, e campesiños de Cochabamba e Potosí mobilizaranse durante a vindeira fin de semana cara á cidade boliviana de Sucre para garantir a continuidade da Asemblea Constituínte no marco do debate pola capitalidade. O Concello das Federacións Cocaleiras dos Iungas (Cofecay), a Federación Sindical Única de Traballadores Campesiños Orixinarios de Potosí (Fsutcop) e as seis Federacións de Cocaleiros do Trópico de Cochabamba anticiparon que marcharán de xeito pacífico até Sucre. O representante dos cocaleiros iungueños, Fabio Pérez, explicou que pedirán a unidade do país e o respaldo á Asemblea. O dirixente do sindicato campesiño de Potosí, Gerardo Rúa, chamou aos traballadores rurais dos departamentos da Paz e Chuquisaca a "apoiar á integración de todos os bolivianos". As mobilizacións finalizarán o 10 de setembro no Cume Social de campesiños na mesma cidade de Sucre, onde expresarán o seu apoio á Asemblea Constituínte. Os asambleistas atrasaron os seus traballos durante as últimas semanas cando sectores opositores ao goberno de Evo Morales intensificaron os seus reclamos no foro para trasladar os poderes Executivo e Lexislativo á cidade de Sucre. | |
| < Ant. |
|---|

