Xornadas de solidariedade cos Cinco
Comité Internacional pola Liberdade dos Cinco   
Luns, 03 de Setembro do 2007

 Gerardo, Ramón, Fernando, René e Antonio continúan en prisións de máxima seguridade e privados do dereito de ser visitados regularmente polos seus familiares. A dous deles o goberno de EE.UU. négalles o dereito de ser visitados polas súas donas.

DO COMITÉ INTERNACIONAL POLA LIBERDADE DOS CINCO

CHAMAMENTO Á XORNADA INTERNACIONAL DE SOLIDARIEDADE COS CINCO PATRIOTAS CUBANOS

O próximo 12 de setembro, a loita pola liberdade dos Cinco entra no seu Décimo Ano.

Gerardo, Ramón, Fernando, René e Antonio continúan en prisións de máxima seguridade e privados do dereito de ser visitados regularmente polos seus familiares. A dous deles o goberno de EE.UU. négalles o dereito de ser visitados polas súas donas.

O 20 de agosto recente celebrouse en Atlanta unha vista oral de Apelación. A presenza na corte de renombrados xuristas e persoeiros de todas partes do mundo demostran o apoio internacional aos Cinco e a xustiza das súas causas. Non se sabe cando os xuíces darán o seu veredicto. Mentres tanto, non debemos permitir que un sentimento tanto de derrota como de vitoria nos desmobilice.

Entrevistas recentes na BBC, CNN, Reuters e os artigos no Washington Post e o New York Times mostran que o muro de silencio comeza a desmoronarse grazas á solidariedade e denuncia internacional mantida durante todos estes anos.

¡Este é un momento crucial para os nosos Cinco irmáns!

Chamamos a todos os Comités e Amigos de Cuba, aos homes e mulleres honestos do mundo, a realizar unha gran Xornada Internacional de Solidariedade cos Cinco, do 12 de setembro ao 8 de Outubro:

  • 12 de Setembro: 9 anos de inxusto cárcere dos Cinco
  • 6 de Outubro: 31 anos do crime de Barbados
  • 8 de Outubro: 40 anos do asasinato do Che a mans a CIA

Levantemos as nosas voces desde as máis diversas accións: marchas, piquetes, plantónss, eventos públicos, pases de documentais, distribución de folletos na vía pública, edición de carteis, artigos, manifestos e todo o que sala do corazón de cada un de vostedes.

LIBERDADE XA AOS CINCO PATRIOTAS CUBANOS !!!
VISAS DE INMEDIATO EN EE.UU. PARA OLGA SALANUEVA E ADRIANA PÉREZ !!!
EXTRADICIÓN A VENEZUELA DO CRIMINAL LUÍS POSADA CARRILES !!!

REDE INTERNACIONAL POLA LIBERDADE DOS CINCO
www.antiterroristas.cu ,www.libertadaloscinco.org , www.amigosdecuba.com.ar , www.freethefive.org ,
www.corsolcuba.org , www.libertadparaloscinco.org.é , www.cuba.cu/inocentes , www.miami5.de

 
< Ant.   Seg. >