| Salvar dous paxaros dun tiro |
| Gustavo Duch Guillot | |
| Mrcores, 22 de Agosto do 2007 | |
Hai que facer unha aposta decidida e cos investimentos que sexan necesarios para recuperar xentes para traballar no campo, apuntalar modelos agrícolas campesiños ecolóxicos e respectuosos coa natureza, favorecer a investigación e progreso da agroecoloxía, protexer o consumo local e de tempada, promover un medio rural vivo…[La Vanguardia] O cambio climático / Imos salvar dous paxaros dun tiro. O noso planeta e a nosa xeración viven conscientemente por primeira vez na súa longa historia dúas situacións de magnitudes descomunais. Por un camiño, o avance do quecemento global do clima e todas as súas consecuencias e, por outro, o avance da miseria e do fame de boa parte dos seres humanos, fundamentalmente aqueles que viven no medio rural. Se analizamos ambos os dous problemas, veremos que, nalgúns aspectos, a causa de ambos nace dunha mesma realidade. E se somos capaces de identificala e de reducila, conseguiremos xa que logo salvar dous paxaros dun tiro. Empezando polo cambio climático, un significativo 32% da emisión de gases CO2 ten a súa orixe no uso agropecuario da terra. Un 14% destes gases libéranse nos procesos propios da produción de alimentos de orixe agrícola e ganadero en modelos de produción moi industrializados. Danse emisións de CO 2 no uso de pesticidas e agrotóxicos, nos fertilizantes e no uso de maquinaria. O 18% restante vén derivado da deforestación de terreos para ampliar as zonas agrícolas en lugares de gran valor biolóxico (Amazonas, bosques centroafricanos, Indonesia...), normalmente para monocultivos industriais de soja, eucaliptos e últimamente cultivos agrícolas para producir combustible (palma de aceite, azucre e máis soja e eucalipto). Este 32% de responsabilidade que se atribúe á agricultura débese, case na súa práctica totalidade, a un mesmo modelo agrícola: o da agroindustria en mans de grandes corporacións e cun único obxectivo, producir beneficios económicos, non alimentos. Entender así a agricultura a desliga dos procesos propios da natureza, converténdose –paradoxalmente– nunha grave ameaza para o noso medio ambiente. Esta mesma agricultura do monocultivo, da especulación e das sementes transxénicas é a causante do 75% da pobreza que arrasa o noso planeta, eliminando postos de traballo no medio rural e aumentando a migración e creación de bolsas de pobreza nas cidades, favorecendo o dumping (prezos por baixo do custo de produción), concentrado o control dos recursos en poucas mans; en definitiva, impedindo a familias agricultoras, mariñeiras ou gandeiras de pequena escala gañar a vida. Os gobernos e a sociedade no seu conxunto debemos favorecer un cambio do modelo agrícola. Hai que facer unha aposta decidida e cos investimentos que sexan necesarias para recuperar xentes para traballar no campo, apuntalar modelos agrícolas campesiños ecolóxicos e respectuosos coa natureza, favorecer a investigación e progreso da agroecoloxía, protexer o consumo local e de tempada, promover un medio rural vivo, etcétera. Fronte ao cambio climático e a pobreza, existe unha alternativa beneficiosa para todos. Está demostrado que a agricultura campesiña pode alimentar a todo o planeta. Unha proposta que non só debemos adoptar por solidariedade cos nosos veciños dos países empobrecidos do Sur ou por responsabilidade fronte ás futuras xeracións, senón tamén en beneficio directo e inmediato de nós mesmos, pois gozaremos dunha alimentación de maior calidade, mellor gusto, en paisaxes custodiadas por mans campesiñas. • | |
| < Ant. | Seg. > |
|---|











.gif)








Hai que facer unha aposta decidida e cos investimentos que sexan necesarios para recuperar xentes para traballar no campo, apuntalar modelos agrícolas campesiños ecolóxicos e respectuosos coa natureza, favorecer a investigación e progreso da agroecoloxía, protexer o consumo local e de tempada, promover un medio rural vivo…
David R. Rodríguez-. …que nos queda a nós por facer, ademais de berrar como berraban as masas empobrecidas arxentinas da película de Lewis/ Klein, "que se vayan todos", cando vemos que as atribucións do goberno galego neste ámbito son nulas e as de Madrid son incontrolables?
Michael Löwy-.
Nova Guía Exterior do 