As reflexións de Fidel Castro
Axencia Púlsar   
Mrcores, 15 de Agosto do 2007

Fidel Castro publicará unha "ampla e profunda reflexión".

O diario cubano Granma informou este martes que o líder dese país, Fidel Castro, publicará nas súas páxinas desde o mércores e ata o 18 de agosto o texto "O imperio e a illa independente".

O xornal adiantou que se trata dunha "ampla e profunda reflexión" sobre "feitos moi importantes e decisivos" de Cuba.

O órgano oficial do Partido Comunista explicou que o texto busca que as novas xeracións coñezan a versión de Castro sobre os episodios máis trascendentes do país. O anuncio realízase un día despois do aniversario número 81 do líder cubano.

Castro deixou o seu cargo de presidente en xuño de 2006, cando se someteu a unha intervención cirúrxica e traspasou os seus poderes ao seu irmán Raúl Castro, primeiro vicepresidente.


Axencia Púlsar
Sobre o autor ou autora:
Agência Informativa Pulsar
Ler máis >>
 
< Ant.   Seg. >