Perú contra Alan García: oleada de folgas, manifestacións e detencións
Serena Corsi   
Xoves, 19 de Xullo do 2007

[sinpermiso]
Desde fai algunhas semanas, os EEUU poden contar co seu propio enclave andino entre as dúas minas errantes que son Bolivia e Ecuador: é o Perú de Alan García que, tras un ano de equilibrismos entre a nova proposta de integración sudamericana e a tentación do libre comercio ofrecido por Washington, decidiu botarse en brazos deste último.

Pero desde que o Congreso peruano ratificou por 70 votos a favor e 38 en contra o Tratado de Libre Comercio (TLC) con EEUU -destilado logo de tres meses de negociacións logo da visita de García á Casa Branca en abril-, o país foi sacudido por folgas e manifestacións, e a popularidade do presidente que prometera "un novo Perú", e que resolveu mandar o exército ás rúas en función anti-folga, estase esborrallando.

A firma do TLC, mecha da movilización popular destes días, podía ir aínda máis rápida, se as pasadas eleccións lexislativas norteamericanas non desen a maioría parlamentaria aos demócratas, máis fríos que os republicanos respecto das posibles vantaxes deste tipo de tratados. De feito, a experiencia ensina que un dos efectos inmediatos é un incremento da migración clandestina desde o país socio cara aos EEUU, a causa do esborralle dos prezos agrícolas internos da produción familiar -Paradigmático resultou o caso de México trala firma do ALCA -. Espoleada pola firma do Tratado, o á esquerda (hispánica) dos demócratas organizou unha conferencia de prensa para esixir ao Congreso a renuncia a un acordo que, lonxe de aliviar á economía peruana, poñerá de xeonllos aos seus pequenos agricultores. Pero, evidentemente, para os oídos dos congresistas resultaban máis audibles as motivacións xeopolíticas de Bush: xa se fala de trasladar a territorio peruano, en 2008, a base aeronaval de Manta, en Ecuador, e de poñer en marcha un novo programa de "colaboración" militar que contemple a presenza de efectivos militares no Huallaga, provincia amazónica peruana riquísima en recursos acuíferos e diversidade biolóxica.

A colaboración militar incluiría o apoio directo dos expertos norteamericanos na loita contra o narcotráfico, cousa que, como se ve en Colombia, non augura nada bo, sobre todo para os cocaleros, que empezan xa a mobilizarse seguindo o exemplo dos bolivianos. Alan confía tamén na axuda do aparello de control político e social de EEUU para ter baixo control unha situación máis e máis complicada. Non por casualidade, as protestas destes días víronse tamén marcadas pola detención de 50 profesores en folga, entre eles Roberto Huayanala, dirixente do Sindicato Unitario de Traballadores na Educación de Perú (SUTEP), que suma 300.000 mestres da escola pública.

O papel dos profesores está no primeiro plano: cabalgan sobre a ola antiliberal, a fin de bloquear a recente lei de asignación de cátedras (que torna aínda máis precario o posto de traballo) e denuncian a hipocresía de García, que favorece a privatización dos recursos públicos e da escola, mentres demagóxicamente trata de convencer á opinión pública de que o TLC é "o único modo de redistribuir a riqueza no noso país" e que as novas relacións con EEUU son "unha vía para reforzar unha democracia que parta dos máis pobres.

Nas eleccións de abril de 2006, os peruanos demostraron ter curta memoria. A fin de aplacar as inquietudes suscitadas polo etno-nacionalismo de Ollanta Humala, secuaz de Hugo Chávez, fiáronse de la "conversión" de Alan ao neoliberalismo filo-EEUU esquecendo os desastres da súa anterior presidencia (1985-1990), que precipitou ao país no desastre económico.

En canto ao "pato collo" que é agora un Bush a final de mandato, a firma do TLC co Perú ha de entenderse como un guiño cara a unha América latina pouco atendida e, xeralmente, pouco amiga. Aínda que está por ver se eses tratados aprobados por Perú, Colombia e Panamá serán finalmente aprobados por un Congreso renuente.

Tras comprometer ao Brasil de Lula na "asociación estratéxica" do etanol, agora apunta ao corazón da Amazonía peruana, ofrecendo a cambio unha suposta "inyección de "gobernabilidade". Preciosa mercancía para un García consciente de que movilizacións como as que están sacudindo agora ao Perú, levaron en Bolivia e Ecuador á caída de máis dun presidente.
 
< Ant.   Seg. >