| Paquistán: a mesquita ensanguentada |
| Tariq Ali | |
| Luns, 16 de Xullo do 2007 | |
|
[Sin Permiso] Outra erupción de crise en Paquistán. A primeira, protagonizada pola sociedade civil, con avogados e xuíces que pedían unha separación de poderes e un sistema xurídico independente. De forma simultánea, un grupo de predicadores dunha mesquita de Islamabad tomou o partido da acción violenta directa, reivindicando a realización plena da sharía (as leis relixiosas para promover o aumento do control social das mulleres) e a institución dun corpo especial de policía relixiosa que vixiase pola súa aplicación. Unha mezquita baixo control extremista no corazón de Ismalabad foi a punta de lanza das súas reivindicacións. Está situada non demasiado lonxe dos edificios gobernamentais. Como, sen apoio gobernamental nalgún que outro momento, poderían dispoñer de tan valioso terreo e construír nel os dous bloques da mesquita e as madrassahs aledañas? Imposible. O pai dos dous predicadores que dirixiron a operación traballaba para os servizos de intelixencia militar moito antes de que Musharaff aparecese en escena. Outrora axudados e financiados polo Estado, foron despois declarados ilegais: van, pois, curtos de fondos. Aínda o ano pasado poderían ser sobornados; mais non houbo ofertas firmes. Agora é xa demasiado tarde. Jihadistas armados empezaron a disparar á policía e á soldadesca. Musharraf enviou ao seu muñidor favorito para perxeñar un trato, pero ningunha das dúas partes podía aceptar as esixencias da outra. Os militantes desafiaron ao réxime e devolveron o golpe onte [ 9 de xullo] a primeira hora da mañá. Vale a pena observar que non houbo movilización de masas para apoiar nin aos xuíces nin aos jihadistas. Os xentíos permanecen en silente pasividade: os intereses en pugna, non os ven como seus. A alianza de partidos relixiosos, con forza nas provincias da fronteira noroeste, non defendeu ao grupo que transformou a mesquita e as contiguas madrassahs nun campamento armado, limitándose a pedir que as vidas de mulleres e nenos inocentes fosen respectadas. Todo iso suscita unha vella cuestión: ¿Ata onde chega a penetración islamista entre os militares? A extraordinaria prudencia mostrada polo réxime fai algúns meses, cando era evidente que os jihadistas estaban tramando a conspiración, só pode ser resultado do medo a profundizar as divisións nas forzas armadas. Os máis cínicos pregúntanse: ¿de quen foi a brillante idea de organizar o secuestro jihadista de cidadáns chineses, que facía imposible para o réxime seguir dando longas ao problema? Desde o momento mesmo en que os intereses nacionais do país entraron en xogo, unha acción decidida resultaba inaplazable. Musharraf chegou ao poder en 1999 coa promesa dun conxunto de reformas capaces de transformar o país. Fracasou en todas, fixo cambalaches con corruptas camarillas de políticos desacreditados, e acabou de debilitarse cando accedeu a converterse no home forte de EEUU na rexión. O groso do país seguiu podrecéndose, o que abriu un baleiro que os jihadistas se aprestaron a encher. Mentres todas esas cousas ocorrían no interior, os 36 partidos políticos da oposición, grandes e pequenos, reuníronse en Londres, a fin de planear unha estratexia común para restaurar o goberno civil. O cónclave acabou sen acordos, símbolo da súa impotencia política. Houbo noticias dun novo atentado contra a vida do xeneral Musharraf. Sobreviviu. O seu réxime está tamén a salvo, polo momento. Pakistán, ¡ai!, segue inmerso na confusión total. Só a erupción dun movemento de masas desde abaixo podería alterar o panorama, pero o pobo está en guerra. Demasiadas veces foi traizoado polo xeneral e polos políticos. ¿Por que sacrificar vidas en balde? | |
| < Ant. | Seg. > |
|---|


.gif)

















.gif)

Xulio Ríos-. Aquel neoliberalismo que postulaba a cegas a idea de que as forzas do mercado, por si soas, achegarían o progreso e impulsarían o desenvolvemento da economía e dos países, acabou rematando na defensa da cobiza e irresponsabilidade empresariais coa desidia cómplice dos líderes políticos.
Entrevista a Christian Jacquiau, economista experto en "supermercadismo". Advirte da instrumentalización que as grandes superficies realizaron do comercio "xusto" e a agricultura "ecolóxica" para lavar a súa imaxe.