| Nota de prensa de SOS Courel |
| SOS Courel | |
| Venres, 13 de Xullo do 2007 | |
|
A Xunta inmersa nun grande escandalo: A Xunta de Galicia coa autorización da “CE La campa”, o día19 de xuño de 2007, nunha condiccións ambientais extremas, destapou a “Caixa de Pandora” ; así de forma incrible, 54 concesións mineiras e dereitos mineiros sobre o Espacio Natural do Courel, totalmente desbotados, desauciados ou durmidos, cobraron vida de novo, baseándose no agravio comparativo de tal autorización improcedente. A Xunta de Galicia, agora enfrontase a unha gran catástrofe legal, de negociacións e indemnizacións sen precedentes, que no mellor dos casos acabará coa autorización de parte delas (das 54) indemnizacións e litixios xudiciais interminables coa Xunta. Intentaremos explicalo da forma máis sinxela posible. A gran pregunta: ¿Poden autorizarse canteiras a ceo aberto, nun espazo natural, como por caso na Rede Natura 2000, ou nun espazo natural urbanístico como é o caso do terreo no que se asenta a “CE La Campa”, que en ambos casos, na lexislación urbanística e de ordenación do territorio se define como“Solo rústico de protección de espacios naturais”( dentro do término xenérico de “solo rústico especialmente protexido”? A resposta é, depende: A) Non. Se nos atemos a Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia coas modificacións da lei 15/2004, do 29 de decembro, no senso literal, é totalmente imposible:
B) Si. Se desvirtuamos o significado das verbas, alguén pode interpretar que si, como fixo o Consello da Xunta, coa “CE La Campa”, nunha situación humana, ambiental, urbanística... totalmente dantesca. Esta autorización creou un precedente para todo o espazo do Courel, de dentro e fora do Burato da Rede Natura( igual consideración urbanística), este precedente, incluso pode valer para os espazos naturais de toda Galiza. O caso da Disposición transitoria décimo segunda.-Explotacións mineiras existentes. Da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia coas modificacións da lei 15/2004, do 29 de decembro, que di: As explotacións mineiras e as actividades extractivas de recursos minerais en activo no momento da entrada en vigor da Lei 9/2002 localizadas en solo rústico especialmente protexido poderán continuar a súa actividade nos ámbitos para os que dispoñen de licenza urbanística municipal. Cando non conten coa preceptiva licenza, para continuar a súa actividade ou ampliar a explotación deberán obtela, logo da autorización do Consello da Xunta, oída a Comisión Superior de Urbanismo de Galicia. O Consello da Xunta valorará a compatibilidade ou non da explotación cos valores naturais, ambientais e paisaxísticos existentes. A implantación de novas explotacións e actividades extractivas en calquera categoría de solo rústico especialmente protexido non poderá realizarse en tanto non sexa aprobado definitivamente o correspondente Plan sectorial de actividades extractivas, ao abeiro da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, que será formulado e tramitado polo conselleiro competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio; todo isto, sen prexuízo da posibilidade de outorgar autorización para actividades extractivas en solo rústico de protección ordinaria e de especial protección forestal, segundo o disposto polos artigos 36 e 37. Unha disposición transitoria, como o seu nome indica permite nun espazo de tempo acotado, adaptar á Lei nova (Lei 9/2002,) unha situación preexistente pola Lei vella correspondente ( neste caso A “Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia,” ). Pero precisamente, a canteira La Campa, tiña unha orden de peche, confirmada polos tribunais de xustiza en base á Lei vella, a Lei 1/1997. Como vemos a transitoria décimo segunda, da Lei 9/2002, permite o absurdo: pasar da ilegalidade á Lei nova, polo tanto non é unha transitoria entre leis sucesivas; así dice “.....Cando non conten coa preceptiva licenza, para continuar a súa actividade ou ampliar a explotación deberán obtela, logo da autorización do Consello da Xunta, oída a Comisión Superior de Urbanismo de Galicia.” Pero áinda así, esixe unhas condicións ambientais, e dice...” valorará a compatibilidade ou non da explotación cos valores naturais, ambientais e paisaxísticos existentes.”, que non cumpría de ningún xeito a “CE La campa” A farsa da denegación da autorización da Ilusión Fracción II: Para atenuar o escándalo da avalancha das 54 concesións e dereitos mineiros “dormidos”, que “reviviron” no Courel, a raíz da autorización irregular da “CE La Campa”, onte, 12/07/2007 a Xunta de Galicia, quixo lanzar un bombazo informativo, ao denegar a autorización previa á licencia municipal para a Concesión da “Ilusión Fracción segunda”, situada entre os núcleos de Santa Eufemia, Folgoso, e Baldomir,.... Pero como podemos ver non se anula a Concesión, só se denega a autorización, por non estar dentro dos supostos de autorización da “Disposición transitoria décimo segunda da Lei 9/2002, que xa advirte e di: ....” A implantación de novas explotacións e actividades extractivas en calquera categoría de solo rústico especialmente protexido non poderá realizarse en tanto non sexa aprobado definitivamente o correspondente Plan sectorial de actividades extractivas, ao abeiro da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia....” O anuncio da Xunta non é máis que un “paripe”, porque a Ilusión, fracción II, ao non estar en activo, non se pode acoller a esta Transitoria, e polo tanto fíxose unha tramitación absurda. As novas explotacións deberán esperar á aprobación do Plan sectorial de actividades extractivas de Galicia, e cumprir o que di no artigo 39.2 da Lei 9/2002, que dí “....“sempre que non impliquen a transformación da súa natureza rústica e quede garantida a integridade dos valores obxecto de protección”, pero este extremo non vai ser ningún impedimento, á vista dos antecedentes das condicións ambientais na legalización da canteira “Ce La Campa”. Condicións ambientais da canteira da CE La Campa, no momento que se autorizo polo Conselo da Xunta o 21/06/2007 Calquera pode comprobalo coa simple ollada, pero engadimos un extracto de parágrafos dun proxecto que realizou a Confederación Hidrográfica, sobre o río Luruda ou Redomás, que actualmente ten estragado a “Ce La Campa”, este proxecto non se levou a cabo e posiblemente non se fará porque se quedou sen fondos Europeos: Apuntes sobre o Proxecto de rexeneración do Río Luruda, que esnaquizou a Canteira clandestina “La Campa”, no concello do Courel (Lugo) I.- As administracións públicas están permitindo a actividade extractiva de recursos naturais na canteira clandestina de “La Campa” (Jurjo primero 5367.2), situada no Concello de Folgoso do Courel, (entre as aldeas de Santa Eufemia e a Campa), provincia de Lugo; con coordenadas centrais aproximadas da explotación X/ 647.319 e Y/ 4.715.691., propiedade de ULTRANSA, filial do grupo CUBIERTAS DE PIZARRA REUNIDAS Y AGRUPADAS DE EXPORTACIÓN (CUPIRE PADESA), multinacional que no 2006 se pasou a denominar CUPA GROUP. Esta canteira, “La Campa” traballa a diario, sen Licencia Municipal, apesar da recente autorización do Consello da Xunta, e cunha orden de peche dende o 2002, confirmada polos tribunais de Xustiza II.- O 6 de xullo de 2006, o Ministerio de Medio Ambiente, no Boletín Oficial do Estado nº 160, publica oAnuncio de la Confederación Hidrográfica del Norte relativo a información pública del proyecto de restauración hidrológico forestal de las áreas afectadas por escombreras de pizarra en las márgenes del río Redomás (o Luruda) a su paso por el paraje de La Campa. T.m. de Folgoso del Caurel (Lugo) y de los terrenos, bienes y derechos necesarios para su ejecución.” No mesmo texto do anuncio denunciase que “El río Redomás está invadido tanto por el banco de explotación de pizarra actual como por la escombrera de estériles aguas abajo de dicho banco, generando una gran contaminación de las aguas por la elevada concentración de sólidos en suspensión.” O mesmo anuncio di que “Se inicia el citado expediente, previo a la Declaración de Urgente Ocupación por medio del presente anuncio.” Ao final do anuncio engadiuse unha relación de bens afectados, a expropiar, entre os que se atopan escombreiras propiedade de Cupire Padesa (matriz de ULTRANSA). “ Mirar BOE :http://www.boe.es/g/es/bases_datos/doc.php?coleccion=anboe&id=2006/160145
O Proxecto titulase: “Proyecto de regeneración hidrológico forestal de las áreas afectadas por escombreras de pizarra en las márgenes del río Redomás (o Luruda)” e está redactado pola empresa PROINTEC, sendo o autor, o enxeñeiro de camiños canles e portos D. Manuel Benavides González, colexiado nº 10.711. Para referirnos a el, nesta denuncia utilizaremos a palabra “proyecto”.
Se examinamos a fondo o “Proyecto” de regeneración hidrológico forestal de las áreas afectadas por escombreras de pizarra en las márgenes del río Redomás (o Luruda)”. A pesar do seu título, non se trata de recuperar as marxes antigas do río Redomás, totalmente invadidas polas entulleiras da empresa; o proxecto, tal e como se deduce do seu exame, trátase en esencia, dun “transvase total”, das augas do río Redomás, para vertelas na cunca do río Redeirexa, para logo seguir utilizando a cunca do primeiro, libre de auga, como depósito de todas as escombreiras da canteira da Campa. III.- O “Proyecto de regeneración hidrológico forestal de las áreas afectadas por escombreras de pizarra en las márgenes del río Redomás (o Luruda), no Anejo 3: Estudio Geológico- Geotécnico, do TOMO I (Memoria y anejos), ven a describir as condicións de risco para a vida e saúde dos traballadores da canteira de “La Campa” e dos usuarios da comarcal LU-651, así como dos riscos para o medio ambiente que supón esta explotación (clandestina a data desta denuncia). Supoñemos que nas actuais condicións de seguridade ningunha empresa se decidirá a levar adiante o “Proyecto”. A continuación facemos un análises de algúns fragmentos do documento Anejo 3 do “Proyecto” (en cursiva os textos que corresponde a transcrición literal do “Proyecto”) : 1) Páxina 1, parágrafo 3 : “Las escombreras de pizarra tienen como principal consecuencia un fuerte impacto ambiental, tanto en lo referente a la deforestación de grandes superficies, como en el efecto negativo que ocasiona el arrastre de los materiales a los lechos fluviales, pues en ocasiones estas escombreras invaden los cauces de los ríos, teniendo un peligroso efecto para su ecosistema. 2) Páxina 1, parágrafo 4: “ .... La Campa situada en el término Municipal de Folgoso del Caurel. Dicha explotación invade completamente el río Redomás o Luruda, encontrándose aguas abajo de la explotación una escombrera de pizarra que invade por completo el cauce. Adicionalmente a esta problemática se ha creado un gran talud, consecuencia de la excavación de la explotación, que conlleva un gran impacto visual.” 3) Páxina 8, parágrafos 5 e 6: “En la pronunciad ladera de la márgen derecha del río Redomás, es patente la existencia de una masa deslizada de escala hectométrica y que presenta una marcada cicatriz. Se localiza sobre un antiguo frente de explotación de pizarras, que no han sido afectadas por le deslizamiento, pero que probablemente sea la causa principal del mismo, como se desprende de la inesistencia de la masa deslizada en las fotografías aéreas de 1980, cuando aún no se había iniciado la explotación........ Si bien la actividad minera debe haber actuado de desencadenante, la elevada pendiente y la circulación del agua subterránea han favorecido sin duda su desarrolllo.” 5) Páxina 21, final do último parágrafo: “..... ....., aunque se debe recalcar que en estas escombreras mineras no se ha realizado un proceso de compactación como el que se lleva a cabo en la ingeniería civil.” 4) Páxina 26, parágrafo 5: “ Masa deslizada (Qd). El deslizamiento aparece localizado en le sector NE de la explotación minera afectando a la unidad de Cuarcitas y Pizarras(Oc). Consiste en una masa de orden hectométrico y espesor desconocido a falta de investigaciones, resultado de inestabilidades gravitacionales debidos a una variación en sus condiciones de equilibrio, ya sea por causas naturales o antrópicas. Subliñamos masa de orden hectométrico y espesor desconocido. 5) Páxina 26, final do último parágrafo: “..... Para la consecución de este fin se hace necesario una investigación geotécnica complementaria que permitiera reconocer la profundidad y tipología del plano del deslizamiento, lo cual se aleja de los objetivos establecidos a priori para este estudio.” 6) Páxina 28, último parágrafo: “Al contemplar la fotografía de 2001 se observa la transformación del terreno debida a la actividad minera, así como las modificaciones derivadas de ella en la ladera aludida. El estudio de la ladera sobre le terreno confirma la presencia de una masa deslizada de orden hectométrico, con una marcada cicatriz de despegue, afectando a las cuarcitas con intercalaciones pizarrosas de la Cuarcita Armoricana, así como a diversas pistas que cruzaban la ladera, actualmente interrumpidas( Ver foto 1) 7) Páxina 29, parágrafos 2, 3, 4: “Bajo la masa deslizada existe un antiguo frente de esplotación verticalizado que afecta a las Pizarras de Luarca. Sibien este talud no sugiere problemas especiales de estabilidad, no cabe duda de que han sido las transformacines relacionadas con él las que han desencadenado los movimientos de la ladera. Este fenómeno de inestabilidad es provocado por el mecanismo que se suele denominar liberación de tensiones al pie. La comparción entre la topografía actual y otras previas muestra que la carretera actual discurría algo más al sur que la actual, de forma que con la topografía presente transitaría sobre le vacio, de lo que se deduce que la envergadura de las masas deslizadas es superior a la señalada. En relación con la carretera, en la actualidad son visibles diversos agrietamientos subparalelos a la cicatriz aludida, en algunos casos con desplazamientos de orden decimétrico(Ver foto 2). En la pista que discurre subparalela al norte de la carretera actual, existe otra evidencia de deslizamiento, con una cicatriz escarpe que muestra un desplazamiento de varios decímetros ( Ver foto 3).” 8) Páxina 30, parágrafo 1: “Los signos de inestabilidad gravitatoria detectados por encima de la masa deslizada delimitada, sugieren que ésta pudiera ser solo una parte de un deslizamiento de mayor envergadura, dentro del que se han despegado otros de menor entidad. 9) Paxina 31: “...... talud de excavación de la explotación minera, y que actualmente muestra signos de inestabilidad y riesgo que afecta a toda la ladera, dentro de la cual se situa la carretera que comunica con Santa Eufemia con Folgoso del Caurel.” “.......... Erosiones supeficiales y alterabilidad producidas por le agua de escorrentía superficial.” “.... Desprendimiento de bloques de pequeño tamaño y cantos. ...... Desprendimiento de grandes bloques de roca, .........” “Rodadura, rebote,caída libre o deslizamiento de bloques y cantos.” “........, junto con el riesgo para la seguridad del tráfico en la carretera existente y afecciones a propiedades próximas a la obra. Todo ello implica un alto coste de manteniemiento, explotación y conservación.” “......... Los taludes excavados durante el proceso extarctivo suelen tener fuertes pendientes, y además la vegetación existente se elimina no acopiando dicha tierra fértil para su reutilización como recubrimiento”. 10) Páxina 32: “ Dificultades para tender los taludes por falta de disponibilidad de terreno(proximidad a infraestructuras –carretera-, edificaciones ) .......... la temperatura y las oscilaciones en el ciclo diurno-nosturno; las precipitaciones, con posible entrada de agua en el sistema que complica su estabilidad; efectos de descomprensión en los materiales ligados a la excavación de los desmontes, etc. ...... El factor hídrico incide de manera decisiva en el área estudiada, principalmente por medio de los fenómenos ocasionados por la escorrentía supeficial, que conllevan efectos erosivos que se manifiestan activamente sobre la superficie de la excavación del talud ....” 11) Páxina 33: “ .....la cual se encuentra desprovista de cobertura vegetal. Por otra parte la escorrentía también debe jugar un factor decisivo en el deslizamiento, habiendose reconocido surgencias de agua y humedades puntuales en la base del deslizamiento en el contacto con la roca más sana inferior”. 12) Páxina 66, ultimo parágrafo: “...... pero no se elimina el riesgo de continuidad en los desplazamientos por debajo de este punto, en el talud excavado y parcialmente deslizado, que podría conllevar un riesgo para los trabajadores de la explotación minera que trabajan a su pie, donde se prevé, según se ha informado, la futura explotación en mina ( minería subterránea).” 13) Páxina 67, parágrafo1: “ ...., el riesgo geológico-geotécnico existe y es previsible que evolucione a más con los indicios observados”. 14) Páxina 70, parágrafo 1: “ La escombrera actual se asienta sobre la márgen derecha del río Redomás, cuyo cauce queda oculto por los vertidos de aquélla, que remonta en algunos puntos sobre la vertiente de la margen izquierda. Su espesor máximo sobrepasa los 100 metros, ........ (......, sin un control estricto de su compactación)”. 15)Páxina 71: “....... (escombreras). Son de enormes potencias y han sido depositados recientemenet, muy previsiblemente sin control de compactación, ni de selección de materiales en origen de ningún tipo. La formación de escombreras según se ha observado en la explotación, se hace por simple vertido desde camiones o empujando los montones previamente depositados. Este proceso tiene como principal consecuencia que el factor de seguridad sea muy próximo a la unidad y se produzcan con frecuencia deslizamientos de la capa superficial y deformacines de los taludes. Esto se ha podido observar durante la visita a la explotación, en concreto en el talud de la escombrera en donde existen prácticamente de forma continuada caídas de bloques de pizarra por reajustes entre los bloques vertidos. IV.- Tamén no “Proyecto de regeneración hidrológico forestal de las áreas afectadas por escombreras de pizarra en las márgenes del río Redomás (o Luruda), asu paso por el parage de la Campa. T.M. de Folgoso del Caurel” ( A clave N1.444.042/2111, referencia cronolóxica 04/06) “, no documento nº 1(TOMO 1), Memoria, confirmanse os seguintes extremos (en cursiva os textos que corresponde a transcrición literal do “Proyecto”): 1 ) Páxina 4, parágrafo 1: “ ...... el aárea afectada por las escombreras de pizarra dela explotación ubicada en el paraje de A Campa, en el Término Municipal de Folgoso do Courel “. ULTRANSA, 2 ) Páxina 4, parágrafo 2: “ ......, incluso llegando, como es el caso de este proyecto, al soterramiento de las aguas por la escombrera, con la evidente incidencia en le ecosistema fluvial y en la vegetación riparia y la fauna de las márgenes”. 3) Páxina 4, parágrafo 4: “ Dentro del ámbito de influencia de este protocolo, se encuentra la explotación de ULTRANSA, en le paraje de A Campa, en Folgoso do Courel, donde el cauce del río Redomás está invadido tanto por el banco de explotación actual como por las escombreras de esteriles aguas abajo de dicho banco, generando una gran contaminación de las aguas por la elevada concentración de sólidos en suspensión.. 4) Páxina 5, parágrafo 8: “ Todos estos elelmentos configuran unas instalaciones de fuerte impacto ambiental que son el objeto de corrección de este proyeco, con una imagen visual sin vegetación alguna, en unos casos aflorando la roca natural sin suelo y en otros formando taludes de pedraplén de elevado ángulo de inclinación, ....... una elevada cantidad de agua muy sucia ....... “ .
Saúdos
Orlando Gregorio Álvarez Álvarez SOS COUREL |
| < Ant. | Seg. > |
|---|
