| Altofalante contra a piscifactorÃa en Corrubedo |
| Altofalante | |
| Mércores, 04 de Xullo do 2007 | |
|
A Asociación Cultural Altofalante, de Ribeira, vén de emitir un comunicado no que condena a intención da Xunta de instalar unha macropiscifactoría na Laxe Brava –ou Corgo– en Teira, Corrubedo.
A Asociación Cultural Altofalante fai público: O pasado mes de abril a A.C. Altofalante organizou a I Carreira do Corgo “A Carreira da Paisaxe” en Corrubedo, coa intención de desenvolver unha proba deportiva nun entorno natural que se mantén así dende tempos inmemoriais e forma parte do patrimonio cultural e natural en estado virxe de todos os galegos e galegas. Como asociación cultural opoñémonos a calquera tipo de contrución industrial tanto no cabo Corrubedo coma na Laxe Brava –ou O Corgo– e esiximos que quede preservado para as xeracións vindeiras. Especialmente facemos referencia ao parque número 9 –Laxe Brava, no Corgo– do Plan Acuícola de Galicia. Por todo isto, manifestamos e reclamamos: A nosa oposición a calquera tipo de Parque Acuícola ou outro tipo de industria no litoral virxe da costa de Corrubedo. Queremos un desenvolvemento sustentábel en consonancia cos valores naturais do senlleiro cabo e que non se castigue a preservación histórica e os usos agrogandeiros tradicionais na parroquia de Corrubedo (Concello de Ribeira). Reclamamos a ampliación inmediata do LIC do Complexo Húmido de Corrubedo (Natura 2000) a toda a zona do cabo homónimo e do Corgo ou Laxe Brava. A zona Natura 2000 no litoral da Laxe Brava é totalmente insuficiente, pois protexe unha franxa costeira moi estreita e sensíbel, de xeito que calquera actividade achegada lle pode afectar. A.C. Altofalante Ribeira 4 de Xullo de 2007 |
| < Ant. | Seg. > |
|---|
