| A XUNTA QUERE MATAR A CORRUBEDO |
|
A PLATAFORMA MEDIOAMBIENTAL DE CORRUBEDO oponse radicalmente á construción dun Parque Acuícola na Punta da Laxe Brava, coñecida como O Corgo, en Teira, parroquia de Corrubedo. Dito emprazamento está previsto co nome de parque número 9 no Plan de acuicultura de Galicia que vén de presentar a Consellería de Pesca da Xunta. Para a Plataforma é primordial conservar intacto como está o litoral da antedita parroquia, pois é o único virxe do Concello de Ribeira. No canto de premiar á veciñanza pola súa conservación histórica do litoral castígaselle coa expropiación de todo un cabo. A franxa litoral do Corgo está incluída na rede Natura 2000 e o plan da Xunta prevé que a futura planta acuícola linde coa zona e realice vertidos no mar, co perigo que isto suporá para os cantís de percebe, os baixos explotados pola pesca artesanal e os areias de Corrubedo (Balieiros e As Barreiras) e Espiñeirido. Ademáis, a desproporcionada reserva de terreo prevista pola Xunta (308.000 metros cadrados) é inadmisíbel, pois obriga á expropiación de numerosas leiras que aínda se cultivan e se empregan para levar ao pouco gando que queda na zona, feito que tamén se debería primar e non castigar. Asemade, a Plataforma Medioambiental de Corrubedo considera que os orzamentos e inversións públicas neste tipo de macroconstrucións novas –37.659.000 euros no caso da Laxe Brava–, non se corresponden cos beneficios que despois reverten nos veciños e veciñas e moito menos cos empregos que sempre din prometer pero que despois non se cumpren. Pola contra, é o desenvolvemento sustentábel orientado aos valores naturais dos que dispón a parroquia de Corrubedo o camiño que se debe seguir, e non a industrialización indiscriminada das costas de sempre coidadas e mantidas inmaculadas polos veciños e veciñas. (Baixa até o final para ver máis información ou le o manifesto da Plataforma de Corrubedo) ESPÉRANOS UN NOVO VERÁN DE LOITA!!PLAN ACUÍCOLA, NON EN CORRUBEDO!!NON Á EXPROPIACIÓN DO CORGO E A LAXE BRAVA!!SOMOS UN POBO MARIÑEIRO, PESCAMOS NO MAR E NON EN PISCINAS!!SUSTENTABILIDADE PARA A NOSA COSTA!!
FOTOS DA ZONA: ![]() ![]()
| ||







