A XUNTA QUERE MATAR A CORRUBEDO

A PLATAFORMA MEDIOAMBIENTAL DE CORRUBEDO oponse radicalmente á construción dun Parque Acuícola na Punta da Laxe Brava, coñecida como O Corgo, en Teira, parroquia de Corrubedo. Dito emprazamento está previsto co nome de parque número 9 no Plan de acuicultura de Galicia que vén de presentar a Consellería de Pesca da Xunta.

Para a Plataforma é primordial conservar intacto como está o litoral da antedita parroquia, pois é o único virxe do Concello de Ribeira. No canto de premiar á veciñanza pola súa conservación histórica do litoral castígaselle coa expropiación de todo un cabo. A franxa litoral do Corgo está incluída na rede Natura 2000 e o plan da Xunta prevé que a futura planta acuícola linde coa zona e realice vertidos no mar, co perigo que isto suporá para os cantís de percebe, os baixos explotados pola pesca artesanal e os areias de Corrubedo (Balieiros e As Barreiras) e Espiñeirido.

Ademáis, a desproporcionada reserva de terreo prevista pola Xunta (308.000 metros cadrados) é inadmisíbel, pois obriga á expropiación de numerosas leiras que aínda se cultivan e se empregan para levar ao pouco gando que queda na zona, feito que tamén se debería primar e non castigar.

Asemade, a Plataforma Medioambiental de Corrubedo considera que os orzamentos e inversións públicas neste tipo de macroconstrucións novas –37.659.000 euros no caso da Laxe Brava–, non se corresponden cos beneficios que despois reverten nos veciños e veciñas e moito menos cos empregos que sempre din prometer pero que despois non se cumpren. Pola contra, é o desenvolvemento sustentábel orientado aos valores naturais dos que dispón a parroquia de Corrubedo o camiño que se debe seguir, e non a industrialización indiscriminada das costas de sempre coidadas e mantidas inmaculadas polos veciños e veciñas. (Baixa até o final para ver máis información ou le o manifesto da Plataforma de Corrubedo)

ESPÉRANOS UN NOVO VERÁN DE LOITA!!

PLAN ACUÍCOLA, NON EN CORRUBEDO!!

NON Á EXPROPIACIÓN DO CORGO E A LAXE BRAVA!!

SOMOS UN POBO MARIÑEIRO, PESCAMOS NO MAR E NON EN PISCINAS!!

SUSTENTABILIDADE PARA A NOSA COSTA!!

AXÚDANOS A RECOLLER SINATURAS PARA SALVAR O LITORAL VIRXE DE CORRUBEDO

Baixa o modelo en word ou pdf, imprímeo polas dúas caras, e recolle todas as sinaturas que poidas. A CAMPAÑA DURARÁ ATÉ O 15 DE AGOSTO. Unha vez cubertas as follas envíaas por favor ao seguinte enderezo: PLATAFORMA MEDIOAMBIENTAL DE CORRUBEDO.

Rúa das Delicias, número 1.
15969 CORRUBEDO-RIBEIRA-GALIZA

BAIXAR EN WORD | BAIXAR EN PDF  

CONTACTO POR CORREO ELECTRÓNICO COA PLATAFORMA MEDIOAMBIENTAL DE CORRUBEDO: \n Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver Este enderezo de correo-e est� protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver

CONSULTA O CASTIGO DA XUNTA A CORRUBEDO (Informe do Plan de Acuicultura. PDF. 4,6 Mb

INFORME DE ADEGA.S EFECTOS CONTAMINANTES DAS MACROPISCIFACTORÍAS: IR ALÓ 

A CONSELLERÍA DE PESCA PRETENDE APROBAR A CONTAMINACIÓN DESCONTROLADA DE TODA A COSTA GALEGA (ADEGA): IR ALÓ

FOTOS DA ZONA E OUTRAS IMAXES 

ARTIGOS SOBRE A LOITA CONTRA A PRIMEIRA PISCIFACTORÍA, HAI SÓ UN ANO. SE SE GAÑA UNHA, PÓDESE GAÑAR OUTRA E MIL MÁIS:

Corrubedo, República de Caboverde
Manifesto Corrubedo Cabo Verde
Corrubedo, cabo meu
A piscifactoría, que a fagan en Noruega
Unha cuestión de diñeiro
Non unánime á piscifactoría de Corrubedo

 FOTOS DA ZONA:

 


Plataforma Medioambiental De Corrubedo
Sobre o autor ou autora: