| A XUNTA CASTIGA A CORRUBEDO CUNHA NOVA PISCIFACTORÍA |
|
Se no litoral incólume de Corrubedo os veciños e veciñas tiveran construído casas e galpóns espallados ao longo da historia, hoxe non verían como a Xunta intenta expropiar todo un cabo para cederllo a unha empresa. A necesidade de grandes espazos libres para instalar industrias contaminantes fai que manter 7 quilómetros de costa totalmente libres de edificacións se castigue coa expropiación. (Ler Manifesto)
[Seguimento das novas sobre a desfeita na prensa, na internet e nos grupos ecoloxistas do país] [RECOLLEITA DE SINATURAS. MIRA COMO AXUDAR] [FOTOS DA ZONA E OUTRAS IMAXES] MANIFESTO DA PLATAFORMA MEDIOAMBIENTAL DE CORRUBEDOSOMOS MARIÑEIROS, E QUEREMOS PESCAR NO MARDeclaración da Plataforma Ambiental de Corrubedo no referente á localización dun Parque de Tecnoloxía Alimentaria na zona do Corgo (Teira-Parroquia de Corrubedo-Concello de Ribeira), que leva como nome no novo Plan de Acuicultura da Xunta de Galicia (Consellería de Pesca) o de PARQUE DE TECNOLOXÍA DE LAXE BRAVA, parque número 9. ![]() Hai exactamente un ano (xullo de 2006) a Xunta anunciaba que daba marcha atrás na intención de emprazar un Parque de Tecnoloxía Alimentaria de 325.000 metros cadrados no cabo Corrubedo, no lugar coñecido como Punta Corvos. A mobilización popular para salvar o único tramo de costa virxe do Concello de Ribeira, víase así recompensada. Ou non. A Xunta actual vén de presentar unha revisión do anterior plan –ao que agora chaman Plan Acuícola de Galicia– no que, efectivamente, eliminan a fábrica de peixes prevista para o cabo na Punta Corvos, PERO INCLÚEN UN NOVO PARQUE NA ZONA DO CORGO –OU LAXE BRAVA–, A 2 QUILÓMETROS DO ANTERIOR, DE 308.000 METROS CADRADOS, DE NOVO O MÁIS GRANDE DE GALIZA. ![]() POR QUE? POIS PORQUE AS FILLAS E FILLAS DO CABO MANTIVERON OS SEUS SETE QUILÓMETROS DE LITORAL INCÓLUMES DENDE TEMPOS INMEMORIAIS, DE XEITO QUE A XUNTA VE O LUGAR IDEAL PARA INSTALAR UNHA FÁBRICA DE PEIXES SEN DERRUBAR CASA ALGUNHA. DESTE XEITO, A CONSERVACIÓN AMBIENTAL CASTÍGASE COA HUMILLACIÓN DUNHA EXPROPIACIÓN XIGANTESCA. É POR ISTO QUE MANIFESTAMOS:
E ANUNCIAMOS:A nosa oposición a calquera tipo de Parque Acuícola ou outro tipo de industria no litoral virxe da costa de Corrubedo. Queremos un desenvolvemento sustentábel en consonancia cos valores naturais do senlleiro cabo. Reclamamos a ampliación inmediata do LIC do Complexo Húmido de Corrubedo (Natura 2000) a toda a zona do cabo homónimo e do Corgo ou Laxe Brava, para así preservalo virxe para as xeración vindeiras. A zona Natura 2000 no litoral da Laxe Brava é totalmente insuficiente, pois protexe unha franxa costeira moi estreita e sensíbel, de xeito que calquera actividade achegada lle pode afectar. A Plataforma Ambiental de Corrubedo emprenderá as accións que considere pertinentes para evitar a expropiación dun cabo enteiro ao pobo, lexítimo dono e coidador secular da súa terra. ESPÉRANOS UN NOVO VERÁN DE LOITA!!PLAN ACUÍCOLA, NON EN CORRUBEDO!!NON Á EXPROPIACIÓN DO CORGO E A LAXE BRAVA!!SOMOS UN POBO MARIÑEIRO, PESCAMOS NO MAR E NON EN PISCINAS!!SUSTENTABILIDADE PARA A NOSA COSTA!!
| ||||


