Bush manda: Zoellick presidente do BM
Axencia Altercom   
Xoves, 28 de Xuño do 2007

 O directorio do Banco Mundial aprobou por 'unanimidade' a ROBERT ZOELLICK como novo presidente, cousa xa sabida desde que o presidente dos EUA o anunciara. A democracia segundo Zoellick.

DIRECTORIO DE BANCO MUNDIAL CUMPRE A ORDE DE BUSH: ZOELLICK É O NOVO PRESIDENTE. A DEMOCRACIA SEGUNDO ZOELLICK.

O directorio do BANCO MUNDIAL, aprobou por 'unanimidade' a ROBERT ZOELLICK como o seu novo presidente, cousa xa sabida desde que o presidente dos Estados Unidos o anunciara.

Bush escolleu de xeito persoal ao reemplazo de Paul Wolfowiz que renunciou logo de verse envolto nun escándalo de CORRUPCIÓN por beneficiar con fondos do BM á súa parella sentimental.

ZOELLICK, coñecido co alias de 'O ZAR', foi subsecretario de Bush e xefe negociador de comercio do seu país e polo tanto promotor de moitos Tratados de 'Libre' Comercio con EUA que cubriron todos os países da costa Pacífica do continente americano.

Segundo o fraterno 'Democracy Now' de EUA, o dirixente de 'Amigos pola Terra', Davis Waskow, dixo: "Cando era o 'zar' do comercio de Estados Unidos, Zoellick foi coñecido por rexeitar sistematicamente as preocupacións dos países en desenvolvemento en temas como a agricultura, o acceso aos medicamentos e a protección da biodiversidade".

A DEMOCRACIA SEGUNDO ZOELLICK. A DEREITA: ECO.

Durante a trixésimo sexta Asemblea Xeral da OEA, realizada o 5 de xuño de 2006 en Santo Domingo, República Dominicana, baixo o rimbombante tema "Gobernabilidade e desenvolvemento na sociedade do coñecemento", Zoellick non só foi a afinar 'os seus' tratados comerciais. Alí marcou a liña política que debían seguir os afíns chanceleres do traspatio e a dereita latinoamericana.

Naquela xuntanza a diplomacia estadounidense quentou o ambiente para definir o novo concepto de 'DEMOCRACIA' que debía implantarse na rexión: o entón canciller do Perú, Oscar Maurtúa, ´reclamou' da OEA un pronunciamento sobre o seu conflito con Venezuela. Conflito enmarcado no enfrontamento entre a administración Bush e o país de Bolívar e Sucre.

Sentenciou entón o zar: "A fenda que hoxe encaramos non é entre esquerda e dereita, senón entre réximes democráticos e autoritarios, sexan estes electos ou non".

OLLO: "...SEXAN ESTES ELECTOS OU NON"... Velaquí o novo concepto de 'DEMOCRACIA'.

Será que os EUA, como nos '60 e '70, están dispostos a promover réximes democráticos NON ELECTOS e que son de triste lembranza en toda a nosa América? Antes blandían a pantasma do comunismo. Zoellick advertiu sobre a pantasma da 'quimera populista', termo acuñado por este novel ideólogo da dereita nesa xuntanza da OEA.

Será que os EUA e algúns gobernos dóciles están prestos a recoñecer a 'gobernos democráticos non electos' ao estilo dos de Pedro Carmona, Augusto Pinochet, Videla, Duvalier, Somoza ou Trujillo, no caso de que estes 'triunfen'?

Será que Robert Zoellick aproveitará os inxentes fondos que manexa para alimentar e executar o novo concepto de 'DEMOCRACIA'?•


Axencia Altercom
Sobre o autor ou autora:
Axencia de Prensa do Ecuador
Ler máis >>
 
< Ant.   Seg. >