A Xunta decide arrasar O Courel
SOS Courel   
Luns, 25 de Xuño do 2007

 A Xunta de Galicia decide autorizar a Canteira da Campa-Santa Eufemia e condena o máis senlleiro espazo natural galego á destrución legal. Pasan por riba da xustiza –desobedece unha orde de peche de 2002– e por riba de todos e todas nós.

Comunicado Urxente !! da Asociación Ecolóxico-Cultural “SOS Courel”

Amigas e amigos !!

Pedímosvos encarecidamente que difundades, se o tedes a ben,  esta mensaxe canto poidades.

Incrible !! pero de xeito totalmente inesperado, onte 21 de xuño, a Xunta de Galicia decidiu acabar de masacrar ao Courel, cando xa hai máis de 12 macrocanteiras canteiras en funcionamento:

O 21 de xuño, foi autorizada pola Xunta a Canteira A Campa-Santa Eufemia, (paxinas 2 e 17)

BAIXAR PDF

O Consello da Xunta de Galicia, tal e como tiña previsto dende fai tempo e sen escoitar o clamor da Cidadanía, tomou a decisión de acabar definitivamente co “Espazo Cultural do Courel”.

Esta canteira que traballa nun furado da REDE NATURA, aberto a propósito no 2004; pero aínda nun Espacio Natural según as Normas Subsidiarias e Complementarias; desobedecendo unha orden de peche dende o 2002, confirmada pola Xustiza; foi premiada tal e como se expón nas páxinas 2 e 17

Esta canteira, ao parecer foille formulada un ha Declaración de Impacto Ambiental, que parece ser a garantía de tal legalización

AMIGOS DA TERRA

Se este documento fora a garantía ambiental, cando se está a arrasar un río e un bosque centenario, preto de  media ducia de poboados medievais, mellor que supriman de un prumazo toda a normativa ao respecto.

O mesmo 21 de xuño, o Consello da Xunta deulle para diante ao “Proxecto de Lei de ordenación da minaría de Galiza”, polo que unha vez aprobado no Parlamento, o Courel será  declarado “Concello Mineiro”. A minaría terá prioridade absoluta sobre o Parque Natural (Páxinas 1 e 7)

BAIXAR PDF

Xa o 19 de xuño, autorizárase a instalación do primeiro Parque Eólico, dos varios previstos, na Rede Natura do Courel, en plena Serra do Oribio, no Camiño de Santiago.

BAIXAR PDF

¡¡¡ Agora, máis que nunca, seguimos coa campaña de recollida de sinaturas, envíos de correos electrónicos á Xunta de Galicia e a Prensa !!!

Impríme o modelo:

EN Galego

BAIXAR PDF

EN Castellano

BAIXAR PDF

Mándaas ao seguinte enderezo:

“Asociación SOS Courel”.
Santa Eufemia, nº 32, Folgoso do Courel, 27327( Lugo.)
 
< Ant.   Seg. >