O Suplemento horizontal ALTERMUNDO publícase cada derradeiro domingo de mes no xornal Galicia Hoxe e admite colaboracións de todas e todos que pasarán por un Consello de redacción que define os contidos de cada mes.

OS NÚMEROS QUE VAN SAÍNDO PÓDENSE BAIXAR EN PDF A TODA COR.

OS CONTIDOS PUBLÍCANSE TAMÉN EN LIÑA NESTA MESMA WEB 

Tamén está dispoñíbel o ÚLTIMO NÚMERO EN LIÑA nas páxinas de Galicia Hoxe

Fieis á filosofía do movemento de movementos, Altermundo debe tender á autoorganización, polo que o papel de colaboradores e colaboradoras será fundamental. O suplemento non se debe entender como algo alleo no que ás veces se pode publicar, senón como un espazo de todos e de todas. A corresponsabilidade que manexa a carta de principios do Foro Social Mundial tamén debe ser unha guía para nós, polo que non fai falla dicir que tipo de contidos admite o suplemento.

No entanto, é necesaria unha dirección –ou comité organizador– para dar conta do traballo. Calquera comunicación pode facerse por correo electrónico a Manoel Santos, que asume o papel de coordinador: Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ou Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver Tamén podedes comunicarvos no teléfono: 686 021 933. Asemade, organizouse un pequeno Consello de Redacción, ou Consello Asesor, que loxicamente pode cambiar co tempo. Está formado por: Xosé Manuel Beiras, Imanol Dorca, Marga Tojo, Carlos Taibo, Xavier Simón, Carmen Carballo, Xabier Macías, Xulio Ríos, Alfredo Iglesias Diéguez e Cândido Gryzbowsky. Se alguén ten interese especial en formar parte del pode comunicarse connosco. ALTERMUNDO consta de 12 páxinas de xornal. Os autores ou autoras deben enviar unha fotografía de primeiro plano e nome acompañado de cargo, profesión ou o que queran resaltar.

O Suplemento Altermundo recibiu en 2008 unha subvención da Presidencia da Xunta de Galicia. Secretaría Xeral de Política Lingüística.

 

 

 

NÚMEROS EN PDF


Tamaño: 2,3 Mb
[BAIXAR]

CONTIDOS NÚMERO 20 (28/12/2008)

ALGO SE MOVE NA ESQUERDA

O nacemento de ‘Izquierda Anticapitalista’ no Estado español e a súa alianza con outras forzas continentais para as europeas de xuño abre un novo camiño para moitos movementos sociais

Anticapitalismo e marxismo volven soar con forza nos discursos dos movementos sociais e nos dalgúns intelectuais que, como José Saramago, denuncian a prostitución ideolóxica da esquerda en forma da socialdemocracia durante os últimos 30 anos. No seo dos movementos a discusión sobre a relación que hai que ter coa política segue aberta. Hai que presionar e influír nela ou, simplemente, hai que construír un outro suxeito político? Cada vez máis, hai quen opta por afondar na vía de procurar unha fronte alternativa ao capitalismo [Páx. 2], mais tamén hai quen toma a iniciativa. A creación de o 22 de novembro de ‘Izquierda Anticapitalista’, a partir de  ‘Espacio Alternativo’, unha corrente política até agora englobada na órbita de Esquerda Unida, e a decisión de presentárense ás vindeiras eleccións europeas con formacións como o Novo Partido Anticapitalista francés, liderado por Olivier Besancenot, a Sinistra Critica italiana ou mesmo o Bloco de Esquerda portugués, entre outros, pode ser un primeiro paso para a reconquista do poder dende unha esquerda formada, xa non por políticos, senón por movementos sociais. [Páxs. 3, 4, 8 e 9].

Pax. 2: ALTERNATIVAS POLÍTICAS. POR UNHA FRONTE ANTICAPITALISTA, por Xavier Ron (Ospaaal Galicia)
Pax. 3: ALTERNATIVAS POLÍTICAS. UNHA OUTRA ESQUERDA, PARA UN OUTRO MUNDO, por Esther Vivas (Izquierda Anticapitalista)
Pax. 4: PENSAMENTOS. NACE ESQUERDA ANTICAPITALISTA, por Izquierda Anticapitalista (MANIFESTO); PROBLEMAS, FASCINACIÓNS E OPORTUNIDADES, por Pat Mooney (Grupo ETC)
Pax. 5: XÉNERO. NORTE-SUR, O XÉNERO NO CENTRO, por Blanca Rodríguez (Implicadas no Desenvolvemento)
Pax. 6-7: POLO MIÚDO. A FIN DUNHA CIVILIZACIÓN COS PÉS DE LAMA, por Manuel Casal Lodeiro (Véspera de Nada); PERMACULTURA, DECRECEMENTO… TRANSICIÓN, por Antonio Palma (Permacultura Galiza); SUPERANDO A ENCRUCILLADA CAPITALISTA, por Manolo Rei
Pax. 8-9: FORO SOCIAL GALEGO. A LOITA POLA CIDADANÍA, por Xoán Hermida (Amarante)
Pax. 10: FORO SOCIAL GALEGO. Entrevistas con PAUL NICHOLSON, membro do sindicato agrario vasco EHNE e Vía Campesina, por Imanol Dorca (Altermundo)
Pax. 12-13: QUE É O QUE DI… CARLOS TABARES, coordinador de novos contidos da televisión estatal venezolana ViVe, por Manoel Santos (Altermundo)
Pax. 14: CONVOCATORIAS. 1 DE XANEIRO: MEDIO SÉCULO DE REVOLUCIÓN EN CUBA; XANEIRO, MES DE FORO MUNDIAL, Foros paralelos
Pax. 15: COOPERACIÓN. UN NOVO XEITO DE ENTENDER A COOPERACIÓN, por Cooperación Galega
Pax. 16: O REMATE. CAMBIO CLIMÁTICO: E AS SOLUCIÓNS, PARA CANDO?, por Gerardo Honty (CLAES); PROFESIÓN DE FUTURO, por Gustavo Duch (Veterinarios sen Fronteiras); CELEBRACIÓN DA VOZ HUMANA 1 e 4, por Eduardo Galeano; Viñeta de Kalvellido

Tamaño: 1,6 Mb
[BAIXAR]
 

CONTIDOS NÚMERO 19 (30/11/2008)

OUTRA GALIZA É POSÍBEL

ESPECIAL: PRIMEIRO FORO SOCIAL GALEGO

David Rodríguez, Xoán Hermida, Xabier Macías, Leonardo Boff, Susan George, Frei Betto, Boaventura de Sousa, Xosé Manuel Beiras, Tom Kucharz e Bernard Cassen, Ignacio Ramonet e Christophe Ventura, que forman unha pequena pero importante parte das voces máis perspicazes do altermundismo de aquí e acolá, foron convidadas por Altermundo para reflexionaren sobre os procesos dos foros sociais como espazos alternativos construídos pola cidadanía global para camiñar cara ese outro mundo tan posíbel coma necesario. O Foro Social Galego (FSGal) agroma cando pasaron oito anos dende a constitución do primeiro Foro Social Mundial en Porto Alegre. A partir desa novidosa e exitosa experiencia, o FSGal trata de facer visíbel o traballo dos movementos sociais galegos, moitos pero atomizados de máis, de axudar a recargar as pilas do activismo e coa intención de servir de plataforma para o artellamento de alianzas entre movementos civís de cara a un 2009 que se intúe extraordinariamente intenso para as loitas sociais alternativa ao sistema.


Pax. 2: FSGal. SOBRE O SIGNIFICADO E OS RETOS DO FSGal, por David Rodríguez (O funambulista coxo)
Pax. 3: FSGal. CARA O FUTURO CON PASO FIRME, por Xoán Hermida (Amarante)
Pax. 4: PENSAMENTOS. CONTRA O CAPITALISMO INÚTIL, por Xabier Macías (Fundación Galiza Sempre); NON DESPERDICIAR AS OPORTUNIDADES DA CRISE, por Leonardo Boff
Pax. 5: LUSOFONÍA E FSM. A DÚAS VOCES. Entrevista con Frei Betto e Boaventura de Sousa Santos
Pax. 6-7: CONVERSA. UNHA HORA CON SUSAN GEORGE, por Lara Domínguez (coa colaboración de Cooperación Galega)
Pax. 8-9: QUE É O QUE DI… XOSÉ MANUEL BEIRAS (membro do Consello Internacional do Foro Social Mundial)
Pax. 10: MOVEMENTOS. A CRISE ECONÓMICA GLOBAL ACTIVA AS RESISTENCIAS, por Tom Kucharz (Ecologistas en Acción)
Pax. 11: CONVOCATORIAS. E OS MOVEMENTOS GALEGOS DECIDIRON REARMARSE…, por Manoel Santos. AXENDA GLOBAL: Comeza o Foro Social Galego; A venezolana Blanca Eekhout visita galiza, Carlos Taibo presenta dous libros, II festa pola liberdade en Compostela, Día de acción global contra o cambio climático, Manifestación en Vigo: o asfalto non é progreso, Bolsas de formación de Cooperación Galega, Máis activismo para decembro...
Pax. 12: O REMATE. ALTERMUNDIALISMO E POST-ALTERMUNDIALISMO, por Bernard Cassen, Ignacio Ramonet e Christophe Ventura (Mémoire des Luttes); BIOMANIPULACIÓNS, por Gustavo Duch (Veterinarios sen Fronteiras); A VIAXE, por Eduardo Galeano; Viñeta de Kalvellido.

Tamaño: 1,3 Mb
[BAIXAR]
 

CONTIDOS NÚMERO 18 (26/10/2008)

SEIS DÉCADAS DE DEREITOS

ESPECIAL: 60 ANIVERSARIO DA DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS

Todo individuo ten dereito á vida, á liberdade e á seguridade. Ninguén estará sometido á escravitude nin será sometido a torturas. Todos son iguais perante a lei. Ninguén poderá ser arbitrariamente detido, preso nin desterrado. Toda persoa ten o dereito a que se presuma a súa inocencia mentres non se probe a súa culpabilidade. Toda persoa ten dereito a circular libremente e a elixir a súa residencia no territorio dun estado. Toda persoa ten dereito a unha nacionalidade. Toda persoa ten dereito á liberdade de pensamento, de conciencia e de relixión. Todo individuo ten dereito á liberdade de opinión e de expresión. Toda persoa ten dereito á liberdade de reunión e de asociación pacíficas. Toda persoa ten dereito ao traballo e ao descanso. Toda persoa ten dereito a un nivel de vida axeitado. Toda persoa ten dereito á educación… Toda persoa?


Pax. 2: 60 ANOS DE DEREITOS. UNHA CONQUISTA HISTÓRICA, por Alfredo Iglesias Diéguez
Pax. 3: 60 ANOS DE DEREITOS. A DECLARACIÓN UNIVERSAL DE 1948; AS VIOLACIÓNS DOS DEREITOS HUMANOS, por Alfredo Iglesias Diéguez
Pax. 4: 60 ANOS DE DEREITOS. INICIATIVA POLOS DEREITOS HUMANOS, por Calo Iglesias (Seminario Galego de Educación Para a Paz)
Pax. 5: DEREITOS EN REDE. A DECLARACIÓN DOS DDHH, UN DOCUMENTO VIVO. LIGAZÓNS E RECURSOS PARA SABER MÁIS.
Pax. 6-7: POLO MIÚDO. A EXCEPCIONALIDADE ISRAELÍ, por Moncho Vázquez (Palestine Solidarity Project)
Pax. 8-9: QUE É O QUE DI… FEDERICO MAYOR ZARAGOZA (Presidente da Fundación Cultura de Paz)
Pax. 10: CONVOCATORIAS. Abertas as inscricións para o FSM 2009 en Belém. O Foro Social Galego en marcha. AXENDA PARA NOVEMBRO ( SUSAN GEORGE FALA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA; TLCS: O SUR SAQUEADO, O NORTE PECHADO; MULTINACIONAIS: IMPACTOS E RESISTENCIAS; BOLIVIA NO CLUB INTERNACIONAL DE PRENSA; COLOQUIOS EUROAMERICANOS; MÁIS ACTIVISMO MUNDIAL NO MES DE OUTUBRO…
Pax. 11: COOPERACIÓN. HOMENAXE A NACHO SALGADO, por Cooperación Galega
Pax. 12: O REMATE. OS ECOS DUNHA PROMESA IMCUMPRIDA, por Sonia Díaz (Amnistía Internacional); LOITAS GUEVARIANAS, por Gustavo Duch (Veterinarios sen Fronteiras); PRIMEIRAS LETRAS, por Eduardo Galeano; Viñeta de Kalvellido.

Tamaño: 1,3 Mb
[BAIXAR]

CONTIDOS NÚMERO 17 (28/09/2008)

MULLERES EN MARCHA

Naceron hai dez anos para loitar contra as causas da pobreza e da violencia contra as mulleres. A Marcha Mundial das Mulleres chega a Galiza para celebrar o seu VII Encontro Internacional cun programa enchido de alternativas [Páx. 10]. A coordinadora do seu Secretariado Internacional, a brasileira Miriam Nobre, falou con Altermundo [Páxs. 8 e 9] sobre o seu colectivo, namentres que Lupe Ces, da Coordinadora Nacional Galega, reflexiona [Páx. 12] sobre como cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo. Sobre como cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres. Benvidas todas.

Pax. 2: EIVAS. NEOCOLONIALISMO NA GALIZA, SUR DE EUROPA, por Imanol Dorca (Plataforma Medioambiental de Corrubedo)
Pax. 3: ALTERNATIVAS. XEOPOLÍTICA, IMPERIO E ECONOMÍA ÉTICA, por Raúl Asegurado (AIS ‘O Peto’)
Pax. 4: PENSAMENTOS. O QUE NOS XOGAMOS NA TERRA DA PAZ, por Manoel Santos (Altermundo); TERRACTIVA REFLEXIONA, por Coperactiva Cultural
Pax. 5: MISCELÁNEA. DICIONARIO DO ALTERMUNDO (Democracia representativa e participativa, Depreciación, Desenvolvemento sostíbel); QUEN É VANDANA SHIVA; O QUE LER: ESPAÇOS ABERTOS PARA UNHA NOVA CULTURA, de Irene Cancelas/Novas da Galiza (coord.); REDE DE REDES: MMM Galiza (feminismo.info); UNHA SEMANIÑA ENTEIRA, CONTRA A DÉBEDA E IFIs
Pax. 6-7: POLO MIÚDO. UNHA REVOLUCIÓN VERDE PARA ÁFRICA, por Mariam Mayet (Centro Africano para a Bioseguridade)
Pax. 8-9: QUE É O QUE DI… MIRIAM NOBRE (Coordinadora do Secretariado Internacional da Marcha Mundial das Mulleres)
Pax. 10: CONVOCATORIAS. VII Encontro Internacional da MMM. AXENDA PARA OUTUBRO (Foro Social das Américas, O futuro da industria da comunicación, feminismo islámico, voluntariado, software libre, etc.)
Pax. 11: COOPERACIÓN. ACHEGÁRMONOS Á COOPERACIÓN, por Cooperación Galega
Pax. 12: O REMATE. COM PASSO IMPARÁVEL, por Lupe Ces (MMM Galiza); POBREMETRÍA, por Gustavo Duch (Veterinario sen Fronteiras); O NACEMENTO, por Eduardo Galeano; Viñeta de Kalvellido.
 
Tamaño: 1,3 Mb
[BAIXAR]

CONTIDOS NÚMERO 16 (31/08/2008)

VENEZUELA E A REVOLUCIÓN

Pax. 2: EIVAS. TLCs: OUTRO MECANISMO DE EXPLOTACIÓN, por Álvaro Diego Fuentes (Implicad@s no Desenvolvemento)
Pax. 3: ANÁLISE. A OMC NON É A SOLUCIÓN, SENÓN O PROBLEMA, por Tom Kucharz (Ecoloxistas en Acción e Verdegaia)
Pax. 4: PENSAMENTOS. OS CINCO: VERETIDO EN COMPLICIDADE, por Elizabeth Noriega; A COOPERACIÓN DA XUNTA: LUCES E SOMBRAS, por Xosé María Torres (Coordinadora Galega de ONGD);
Pax. 5: MISCELÁNEA. DICIONARIO DO ALTERMUNDO (Débeda Externa); QUEN É LEONARDO BOFF; O QUE LER: ESPEJOS, de Eduardo Galeano; REDE DE REDES: ALAI (América latina en Movemento); COMO SERÍA A TÚA VIDA TRABALLANDO 65 HORAS?
Pax. 6-7: POLO MIÚDO. VENEZUELA: OS CONTRASTES DUN PROCESO REVOLUCIONARIO, por Roberto Mansilla
Pax. 8-9: QUE É O QUE DI… MARGA TOJO ENTREVISTA A BERNARD CASSEN (ex-director xeral de Le Monde Diplomatique)
Pax. 10: CONVOCATORIAS. FORO SOCIAL MUNDIAL DAS MIGRACIÓNS. AXENDA PARA SETEMBRO (Foro Social Europeo, Loita contra as 65 horas, etc.)
Pax. 11: COOPERACIÓN. Entrevista con VICTORIO TORRES (Médico cooperante da Asociación Vihda en Kenya), por Cooperación Galega
Pax. 12: O REMATE. VENEZUELA E BOLIVIA, por Frei Betto (Adital); SEGUNDAS NUPCIAS, por Gustavo Duch (Veterinario sen Fronteiras); Eduardo Galeano; Viñeta de Kalvellido.
 
Tamaño: 1,6 Mb
[BAIXAR]

NÚMERO 15 (27/07/2008)

A AMAZONÍA NAS POUTAS DAS TRANSNACIONAIS

Pax. 2: EIVAS. EUROPA, SÉCULO XXI, por David Rodríguez Rodríguez (o funambulista coxo)
Pax. 3: ALTERNATIVAS. COOPERACIÓN CON ENFOQUE AMBIENTAL, por Judith Sing (Amigos da Terra)
Pax. 4: PENSAMENTOS: PERLAS DE XUÑOS, por Pascual Serrano; CARTA ABERTA A EVO MORALES, por Gustavo Duch (Veterinarios Sen Fronteiras); UN DITADOR Á MEDIDA DE OCCIDENTE, por Amauta Castro
Pax 5: MISCELÁNEA. DICIONARIO DO ALTERMUNDO (Davos e O Outro Davos), QUEN É BERNARD CASSEN, OBXECCIÓN FISCAL AOS GASTOS MILITARES (Campaña), O QUE LER (CHIAPAS, OAXACA E ATENCO. Informa da situación dos dereitos humanos), REDE DE REDES (NODO 50, www.nodo50.org)
Pax. 6-7: POLO MIÚDO: O PROXECTO HIDROELÉCTRICO ‘RÍO MADEIRA’ E OS INTERESES DO BANCO SANTANDER, por Eva Gil e Diego Pérez Gago (Amarante)
Pax. 8-9: QUE É O QUE DI: ENTREVISTA A ESTHER VIVAS, AUTORA DE ‘ EN PÉ CONTRA A DÉBEDA EXTERNA’. “O Norte debería pagar ao Sur polos anos de espolio e empobrecemento das súas xentes”
Pax. 10: CONVOCATORIAS. ACCIÓN GLOBAL DOS POBOS: COORDINANDO AS RESISTENCIAS. AXENDA PARA AGOSTO
Pax. 11: COOPERACIÓN: PULO PARA A COOPERACIÓN DESCENTRALIZADA, por Cooperación Galega
Pax. 12: O REMATE. ÚLTIMA FASE PARA ATACAR IRÁN, por Nazanín Amirian. ONG DO DESENVOLVEMENTO, por Gustavo Duch Guillot (Veterinarios Sen Fronteiras). VIÑETA DE KALVELLIDO. O PREZO DO VELENO, de Eduardo Galeano.

Tamaño: 1,2 Mb
[BAIXAR]

NÚMERO 14(29/06/2008) EVO REPRENDE A EUROPA
[Ver en liña]

Pax. 2: EIVAS. CARTA ABERTA DE EVO MORALES Á UNIÓN EUROPEA
Pax. 3: ALTERNATIVAS. O FERMOSO ROSTRO DUNHA CANALLADA, por Raúl Asegurado (Ais O Peto)
Pax. 4: PENSAMENTOS. IDENTIDADES, por Gustavo Duch (Veterinarios Sen Fronteiras); CARTAS DE DUBLÍN, por Tom Kucharz (Ecoloxistas en Acción-Verdegaia); XA DECIDIMOS NÓS POR VÓS, por Imanol Dorca (Altermundo)
Pax. 5: MISCELÁNEA. DICIONARIO DO ALTERMUNDO (Consenso de Wáshington, Cumio da Terra); QUEN É CHICO WHITAKER; O QUE LER: EN PIE CONTRA LA DEUDA EXTERNA, de Esther Vivas; REDE DE REDES: AGÊNCIA CARTA MAIOR; PENSAR EUROPA DENDE O RECUNCHO GALEGO, por Alfredo Iglesias Diéguez (reseña libros Camilo Nogueira)
Pax. 6-7: POLO MIÚDO. FASES DA LOITA ANTINEOLIBERAL , por Emir Sader
Pax. 8-9: ENTREVISTA A PASCUAL SERRANO (Rebelión)
Pax. 10: CONVOCATORIAS. GALIZA VIVIRÁ O SEU PRIMEIRO FORO SOCIAL. AXENDA PARA XULLO
Pax. 11: COOPERACIÓN. INICIATIVAS PARA CAMBIAR O MUNDO, por Cooperación Galega
Pax. 12: O REMATE. IMPACTOS DA SOIA, por Xosé María García (Veterinarios Sen Fronteiras, ISAP); Eduardo Galeano: Alienación 1/2; Viñeta de Kalvellido

Tamaño: 1,4 Mb
[BAIXAR]

NÚMERO 13 (25/05/2008)
[Ver en liña]

Pax. 2: EIVAS. ININTEGRABILIDADE E CONCEPTOS RACISTAS, por Xabier Ron
Pax. 3: ALTERNATIVAS. SOYAPAS EN REBELDÍA CAMIÑAN A RESISTENCIA, por Pallasos en Rebeldía
Pax. 4: PENSAMENTOS: SABES A QUE SE XOGA NA CHINA?, por Alberto Estévez (Amnistía Internacional). A URGÊNCIA DO PORTUGUÊS, Teresa Carro (Movimento Defesa da Língua)
Pax 5: MISCELÁNEA. DICIONARIO DO ALTERMUNDO (Comercio Xusto, Conferencia das Nacións Unidas para Comercio e Desenvolvemento), QUEN É MANU CHAO, OS GOBERNOS SON OS RESPONSÁBEIS DO CLIMA (Campaña S.O.S. Clima, de Amigos da Terra), O QUE LER (EL FUTURO DEL FORO SOCIAL MUNDIAL. Retos y perspectivas después de Nairobi. Varios), REDE DE REDES (IPS, www.ipsnoticias.net)
Pax. 6-7: POLO MIÚDO: O PROBLEMA DA AUGA EN ETIOPÍA: A HORA DE CONTAR CON ELAS, por L. Dopazo Ruibal (Implicad@s no Desenvolvemento)
Pax. 8-9: MOI PRETO DE GALEANO: EN GALICIA CHOVE DA TERRA AO CEO!, por Carmen Carballo; CONVERSANDO CON EDUARDO GALEANO e A VOZ DA SUBVERSIÓN, por Alfredo Iglesias Diéguez
Pax. 10: CONVOCATORIAS.
Pax. 11: COOPERACIÓN: ÁFRICA PRENDE NA COOPERACIÓN GALEGA, por Cooperación Galega
Pax. 12: O REMATE. COMERCIO XUSTO E SOBERANÍA ALIMENTAR, por Esther Vivas (Xarxa de Consum Solidari). NIN TRATO NIN CONTRATO, por Gustavo Duch Guillot (Veterinarios Sen Fronteiras). VIÑETA DE KALVELLIDO. AMERICANOS, de Eduardo Galeano.

Tamaño: 1,2 Mb
[BAIXAR]

NÚMERO 12 (27/04/2008)
[Ver en liña]

Pax. 2: EIVAS. ‘EGUNKARIA’, PARA VIVIR LIBRES NO MUNDO, por Imanol Dorca
Pax. 3: ALTERNATIVAS. A CONQUISTA DA DEMOCRACIA, por Alfredo Iglesias Diéguez
Pax. 4: PENSAMENTOS: ALTA VELOCIDADE A MISÉRIA DA ALTA VELOCIDADE, por Carlos Taibo. O ‘Y VASCO’, UN PROXECTO DABONDO CRITICÁBEL, por Joxe Iriarte “Bikila”
Pax 5: MISCELÁNEA. DICIONARIO DO ALTERMUNDO (Chiapas), QUEN É FRANÇOIS HOUTART, CONTRA A INDUSTRIA DAS AUGAS NEGRAS NA INDIA, O QUE LER (Colombia: terrorismo de Estado. Testimonios da guerra sucia contra los movimientos populares, de Vladimir Carrillo e Tom Kucharz), REDE DE REDES (Foro Mundial das Alternativas, www.forumdesalternatives.org)
Pax. 6-7: POLO MIÚDO. ALTERNATIVAS GALEGAS: ESTE SI QUE É UN MONTE! , por Manoel Santos
Pax. 8-9: ENTREVISTA. TERRORISMO DE ESTADO: O QUE SE NOS OCULTA DO CONFLITO COLOMBIANO. Entrevista con GISELA CAÑAS, LUÍS RENTERÍA e TOM KUCHARZ, colombian@s en resistencia
Pax. 10: CONVOCATORIAS.
Pax. 11: NOVAS DO MES.
Pax. 12: O REMATE. UN ANO DE RESISTENCIA NA PRENSA GALEGA, por Marga Tojo. O SOBREFASTÍO, por Gustavo Duch Guillot. VIÑETA DE KALVELLIDO. SALVAVIDAS DE CHUMBO, de Eduardo Galeano.

Tamaño: 1,6 Mb
[BAIXAR]

NÚMERO 11 (30/03/2008)

Pax. 2: EIVAS. OS BENEFICIOS DA FAME, por David Rodríguez (O funambulista coxo)
Pax. 3: ALTERNATIVAS GALEGAS. NACE A GALIZA ANTITRANSXÉNICA, por Rebeca Prieto (Amigos da Terra)
Pax. 4: PENSAMENTOS. A (R)EVOLUCIÓN DE CUBA, por Carmen Carballo. TRES PASIÑOS NUN MAR DE CANA, por Cris carles e Gustavo Duch Guillot (Veterinarios Sen Fronteiras)
Pax 5: MISCELÁNEA. DICIONARIO DO ALTERMUNDO (Club de Londres, Club de París), QUEN É TONI NEGRI, ELAS, AS INVISIBLES PARA OS SEÑORES DA HISTORIA (Alfredo Iglesias Diéguez-STEG), O QUE LER (Voces contra la globalización, de Carlos Estévez e Carlos Taibo), REDE DE REDES (Choike, www.choike.org)
Pax. 6-7: POLO MIÚDO. ADEUS CARIDADE, ADEUS, por María Reimóndez (Implicadas no Desenvolvemento)
Pax. 8-9: ENTREVISTA. Entrevista con LIDIA SENRA, Vía Campesina
Pax. 10: CONVOCATORIAS. SOMOS ANTICAPITALISTAS E ESTAMOS POR TODAS PARTES (acción global polos centros sociais); 17 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DA LOITA LABREGA; ASEMBLEA E CONFERENCIA MUNDIAL DA PAZ EN CARACAS; ONDE ESTARÁ O ACTIVISMO MUNDIAL EN ABRIL?; XORNADAS SOBRE AGROCOMBUSTÍBEIS EN FERROL; EXPOSICIÓN: ROSTROS DE MULLERES; SEMINARIO DE FINANZAS ÉTICAS EN COMPOSTELA; ACCIÓN MUNDIAL POLA EDUCACIÓN EN 150 PAÍSES; AMÉRICA LATINA: PRESENTE INDICATIVO
Pax. 11: NOVAS DO MES. DÍA CONTRA AS REPRESAS; 6M: CONTRA OS CRIMES DE ESTADO EN COLOMBIA; DESESPERADOS CON DOHA; MÁIS CONTROL E MÁIS FRONTEIRAS CO SUR; DECLARACIÓN DE SAN SALVADOR POLA REFORMA AGRARIA INTEGRAL; OS EUROPEOS E O MEDO AOS TRANSXÉNICOS
Pax. 12: O REMATE. CONFUNDE A ONU A FOLLA DE COCA COA COCAÍNA, por Transnational Institute. OS OUTROS SETE PECADOS CAPITAIS, por Eduardo Galeano. VIÑETAS DE KALVELLIDO
 
Tamaño: 1,2 Mb
[BAIXAR]

NÚMERO 10 (24/02/2008)

Pax. 2: EIVAS. HUMANA: COOPERACIÓN AO SUBDESENVOLVEMENTO, por Raquel Biscaia
Pax. 3: ALTERNATIVAS GALEGAS. ACTIVISMO DA TERRA: CONFLITOS E ALTERNATIVAS, por David Bruzos
Pax. 4: PENSAMENTOS. BURKINA-FASO E A INESTABILIDADE DO SAHEL, por Amauta Castro. FORO SOCIAL, MÁIS MUNDIAL CA NUNCA, por Manoel Santos.
Pax 5: MISCELÁNEA. DICIONARIO DO ALTERMUNDO (Aod e Bretton Woods), QUEN É NAOMI KLEIN, CAMPAÑA XOGA LIMPO 2008, LA LUCHA DE LOS SIN PAPELES Y LA EXTENSIÓN DE LA CIUDADANÍA (reseña de Alfredo Iglesias Diéguez), REDE DE REDES (Cos pés na Terra, www.cospesnaterra.info)
Pax. 6-7: POLO MIÚDO. PALLASOS EN REBELDÍA, por Coperactiva Cultural, Iván Prado e Altermundo
Pax. 8-9: ENTREVISTA. Entrevista con GUSTAVO DUCH GUILLOT, Director de Veterinarios Sen Fronteiras
Pax. 10: CONVOCATORIAS. DECÁLOGO PARA AFRONTAR AS ELECCIÓNS ESTATAIS 2008, ENCONTRO DE PRIMAVERA DO FMI E BANCO MUNDIAL, ACCIÓN GLOBAL CONTRA OS COMBUSTÍBEIS FÓSILES, ANTROPOLOXÍA E COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO, DIÁLOGOS ALTERMUNDIALISTAS, IMPLICADAS PRESENTA O LIBRO-CD VANAKKAM, 8 DE MARZO DÍA DAS MULLERES, CARLOS TAIBO FALARÁ DOS ANTIGLOBALIZACIÓN EN VIGO, CINEMA S.O.S.TIBLE SOBRE A MULLER EN VIGO
Pax. 11: NOVAS DO MES. CUSCO: FEBRE PRIVATIZADORA, O GOBERNO ESPAÑOL CENSURA UN SPOT DE AI, CINCO ANOS DE VERGONZA (peche de Eguankaria, nota de Imanol Dorca), NICARAGUA: XUÍZO ÁS TRANSNACIONAIS, GALIZA NON SE VENDE OU A CIDADANÍA EMANCIPADA, UN BERRO VOLVE Á RÚA: “OTAN NON, BASES FÓRA”
Pax. 12: O REMATE. UNHA LOUSA SOBRE O COUREL, por Henrique Banet. POLOS BRANCOS E MOLES, por Cris Carles e Gustavo Duch Guillot (VSF). CURSOS PRÁCTICOS, por Eduardo Galeano. VIÑETA DE KALVELLIDO
 
Tamaño: 1,4 Mb
[BAIXAR]

NÚMERO 9 (27/01/2008)

Pax. 2: EIVAS. GUANTÁNAMO: UN ‘BURATO NEGRO’ ILEGAL, por Alberto Estévez
Pax. 3: HISTORIAS. TIKOPIA: DE CABEZA AO TERCEIRO MUNDO, por Martiño-Fiz López
Pax. 4: PENSAMENTOS. OBAMA-CLINTON, CLONS DEMÓCRATAS, por Phillipe Nadouce. REDE GALIZA NON SE VENDE: CIDADANÍA AUTOORGANIZADA, por Xan Duro.
Pax 5: MISCELÁNEA. DICIONARIO DO ALTERMUNDO, QUEN É BOAVENTURA DE SOUSA SANTOS, CAMPAÑA UN CAFÉ XUSTO POR FAVOR, CAPITALISMO Y NIHILISMO (reseña de Alfredo Iglesias Diéguez), PERIÓDICO DIAGONAL
Pax. 6-7: POLO MIÚDO. AS CIDADES DO CONSUMO, por Javier Garcés Prieto
Pax. 8-9: ENTREVISTA. Entrevista con ENRIQUE CORRAL, Delegado de URNG para os Acordos de Paz de Guatemala, ex-guerrilleiro e compañeiro do vigués Fernando Hoyos, que deixou a vida co Exercito Guerrilleiro dos Pobos
Pax. 10: CONVOCATORIAS. MANIFESTACIÓN GALIZA NON SE VENDE, ANTI-OTAN EN MÚNICH, CUROS DE FODEPAL, IMPLICADAS NA INDIA, XANELA ABERTA AO SUR, COCIÑANDO O FUTURO, PERMACULTURA IBÉRICA, CONGRESO COMERCIO XUSTO
Pax. 11: NOVAS DO MES. OS SIOUX DECLÁRANSE NACIÓN INDEPENDENTE, BOLIVIA EN POUCAS MANS, XUSTIZA PARA ATENCO, AFRICANOS ANTI-APE ASOLAGAN BRUXELAS, VERGOÑA NOS CENTROS DE INTERNAMENTO DE ESTRANXEIROS, PERÚ E A AMAZONÍA PRIVATIZADA
Pax. 12: O REMATE. O WALLMAPU EM RESISTENCIA, por Antón Gómez Reino Varela, de FugaEmRede. SECCIÓN DE CLASIFICADOS, por Gustavo Duch Guillot. PATOS, por Eduardo Galeano.
 
Tamaño: 3,2 Mb
[BAIXAR]

NÚMERO 8 (30/12/2007)

Pax. 2: EIVAS. TRATADOS DE LIBRE COMERCIO, por Manuel González
Pax. 3: ALTERNATIVAS. A PAZ EN COLOMBIA É POSÍBEL, por Xabier Ron
Pax. 4-5: REPORTAXE. SÓ NOS DEIXAN VIVIR DA COCA, por Axencia alternativa colombiana ACSUR
Pax. 6: PENSAMENTOS. O RACISMO, IDEOLOXÍA EN TEMPOS DE CRISE, por Alfredo Iglesias Diéguez. IGUALDADE PARA TODAS E TODOS, por Isabel Lodeiro.
Pax 7: MISCELÁNEA. DICIONARIO DO ALTERMUNDO, QUEN É SUSAN GEORGE, LAIOVENTO FUSIONA A GALEANO CO GALEGO, VIAXE AO PAÍS DAS NUBES, INSTITUTO TRANSNACIONAL DE ÁMSTERDAM.
Pax. 8-9: DÍA DE ACCIÓN GLOBAL. Chega o Outro Davos, por Altermundo
Pax. 10-11: ALTERNATIVAS GALEGAS. VIVINDO COS PÉS NA TERRA. AGROECOLOXÍA NA LIMIA, por Manoel Santos
Pax. 12-13: ENTREVISTA. Entrevista con ESTEBAN BELTRÁN, director de Amnistía Internacional no Estado español
Pax. 14: CONVOCATORIAS. CARA UN FORO SOCIAL GALEGO. FORO ECONÓMICO MUNDIAL. EN-CADEADAS. ESCOLA DE CONSERVACIONISMO DE AMIGOS DA TERRA. NOVO APAGÓN POLO CLIMA
Pax. 15: NOVAS DO MES. FRACASO NO CUMIO DE BALI. OS ‘DEZ TERRÍBEIS’ CONTRA OS INDÍXENAS. MÉXICO: AGRO EN GUERRA. CUMIO DOS POBOS DO SUR EN MONTEVIDEO. OS OBXECTIVOS DO MILENIO, DE AQUÍ NUN SÉCULO. A ONU IMPOTENTE NO CONFLITO DO CONGO.
Pax. 16: O REMATE. NIN ROUPA LIMPA NIN XUSTIZA LIMPA, ACTIVISTAS DETIDOS NA INDIA. ANATOMÍA DAS ELEFANTAS, por Gustavo Duch Guillot. MAN DE OBRA, por Eduardo Galeano.


Tamaño: 2,2 Mb
[BAIXAR

NÚMERO 7 (25/11/2007)

Pax. 2: VALORACIÓNS: Entrevista con Carmen Carballo, Directora do Club Internacional de Prensa e organizadora do Simposio
Pax. 3: EIVAS: QUE PASA COAS ONG?, por Carlos Gómez Gil
Pax. 4: ALTERNATIVAS: CARA A SUSPENSIÓN UNIVERSAL DAS EXECUCIÓNS, por Alberto Estévez
PAX. 5: PENSAMENTOS: ANTES DE QUE EL-REI CALASE A CHÁVEZ, comunicado de Ecoloxistas en Acción, Observatorio de Multinacionais en América Latina (OMAL) e Observatorio da Débeda da Globalización (ODG). DEZ CONSELLOS PARA OS MILITANTES DE ESQUERDAS, por Frei Betto.
PAX. 6-7: POLO MIÚDO: CINCO FALACIAS E UNHA MENTIRA SOBRE AS PATENTES E AS MEDICINAS, por Xosé María Torres
PAX. 8-9: VISIÓNS DA POBREZA. ENTREVISTA A CATRO VOCES: François Houtart, Mbuyi Kabunda, Frei Betto e Xosé Manuel Beiras
PAX 10: CIBERSIMPOSIO: WEBS DE INTERESE DE PARTICIPANTES NO SIMPOSIO. A POBREZA EN GALICIA, reseña de Alfredo Iglesias Diéguez
PAX 11: AUDIOVISUAIS. Entrevista con MANUEL GARCÍA SERRANO da produtora TUS OJOS. Filmes: ‘Pobladores’ e ‘En el mundo a cada rato’
PAX 12: O REMATE: TELEGRAMA CONTRA O NEOLIBERALISMO, por Marga Tojo. O QUE DIXERON… FRASES DO SIMPOSIO PMR

Tamaño: 2,6 Mb
[BAIXAR]
 

NÚMERO 6 (28/10/2007)

Pax. 2: A GRANDE EIVA: A DIGNIDADE HUMANA, ESE BEN PERDIDO, por Carmelo García
Pax. 3: ALTERNATIVAS: A UTILIDADE DO COÑECEMENTO TRADICIONAL, por Xavier Simón, Xavier Prado e Pablo Carpintero
Pax. 4: PENSAMENTOS: POR EXEMPLO: OS OBXECTIVOS DO MILENIO, por Laura García Varela; NACIÓNS SEN ESTADO CONTRA A DEMOCRACIA MINGUANTE, por Xabier Macías
PAX. 5: CIBERSIMPOSIO: WEBS DE INTERESE DE PARTICIPANTES NO SIMPOSIO. O PELOTAZO DO PREMIO NOBEL DA PAZ, por Pascual Serrano
PAX. 6-7: POLO MIÚDO: OS COCHES CÓMENNOS O MILLO, por Manoel Santos e Marta Iglesias
PAX. 8-9: VISIÓNS DA POBREZA. ENTREVISTA A CATRO VOCES: Jesús María Alemany, Robert Matthews, Ximo García Roca, Marcos Arruda
PAX 10: PROGRAMACIÓN DO SIMPOSIO EN OUTUBRO
PAX 11: AUDIOVISUAIS. Entrevista con MIGUEL BARROS: director do documental ‘Os Sem Terra’
PAX 12: O REMATE: ESTAMOS A CONSTRUÍR UN MUNDO MELLOR, DESCULPEN AS MOLESTIAS, por Marga Tojo. O QUE DIXERON… FRASES DO SIMPOSIO PMR

Tamaño: 3,6 Mb
[BAIXAR]
 

NÚMERO 5 (30/09/2007)

Pax. 2: A GRANDE EIVA: POR QUE POBRE MUNDO RICO?
Pax. 3: POBREZA GLOBAL: TAMÉN HAI POBRES NO MUNDO DESENVOLVIDO, por Carlos Taibo
Pax. 4: PENSAMENTOS: DES-DEMOCRATIZACIÓN, por Boaventura de Sousa Santos; DA POBREZA Á DESIGUALDADE, por Ibrahima Niang
PAX. 5: CIBERSIMPOSIO: REDE DE REDES, UNHA ARAÑEIRA PARA OUTRA INFORMACIÓN, WEBS DE INTERESE DE PARTICIPANTES NO SIMPOSIO
PAX. 6-7: POLO MIÚDO: UNS TANTO E OUTROS TAN POUCO. A pobreza mingua… menos na África subsahariana
PAX. 8-9: VISIÓNS DA POBREZA. ENTREVISTA A CATRO VOCES: Carmelo García, Carlos Taibo, Mariano Aguirre e Carlos Gómes Gil
PAX 10: PROGRAMACIÓN DO SIMPOSIO EN OUTUBRO
PAX 11: AUDIOVISUAIS. CARLOS ESTÉVEZ: “Aos medios de comunicación pública agora chámanlles medios de titularidade pública”. Voces contra a Globalización: sete marabillas documentais nas sete cidades de Galiza
PAX 12: CHEGAN AS LOUCAS! Teatro de rúa dende o Brasil.

Tamaño: 1,5 Mb
[BAIXAR]
 

NÚMERO 4 (26/08/2007)

Pax. 2: EIVAS GLOBAIS: MATAR A DISTANCIA: O NEGOCIO DAS ARMAS, por Manoel Santos
Pax. 3: ALTERNATIVAS: PERMACULTURA: IMITANDO Á NATUREZA PARA VIVIR CON ELA, por Antonio Palma
Pax. 4: PENSAMENTOS: BIOCOMBUSTIBLES E PREZOS ALIMENTARIOS, por Martiño-Fiz López; LEMBRANDO A THOMAS SANKARA, por Amauta Castro
PAX. 5: MISCELÁNEA: Varios: Diccionario do Altermundo; Campaña Calvo: enlatando atún e traballadores?; Quen é José Bové; Vía Campesiña; CONSPIRACIONES TÓXICAS. Como atentan contra nuestra salud y el medio ambiente los grupos empresariales, de Rafael Carrasco, Miguel Jara e Joaquín Vidal (reseña de Alfredo Iglesias Diéguez)
PAX. 6-7: REPORTAXE: UNHA LOITA POLA DIGNIDADE. Preguntas e respostas sobre o ‘movimento’ dos e das Sem Terra no Brasil, por Eva Mª Gil (Amarante)
PAX. 8-9: ENTREVISTA: SAMI NAÏR, Catedrático de Ciencias Políticas na Universidade París VIII. América Latina: responsabilidades e retos contra o imperialismo e a globalización
PAX 10: CONVOCATORIAS
PAX 11: NOVAS DO MES
PAX 12: II ENCONTRO DOS POBOS ZAPATISTAS COS POBOS DO MUNDO. A viñeta de Kalvellido. Contos de Gustavo Duch Guillot e Eduardo Galeano.

Tamaño: 1,3 Mb
[BAIXAR]
 

NÚMERO 3 (29/07/2007)

Pax. 2: EIVAS GLOBAIS: UNHA CUESTIÓN DE DEREITOS HUMANOS, por Marga Tojo
Pax. 3: ALTERNATIVAS: É HORA DA SOBERANÍA ALIMENTARIA!, por Gustavo Duch Guillot
Pax. 4: PENSAMENTOS: PROSTÍBULOS FISCAIS, por Emir Sader; ¿OUTRA CHINA É POSIBLE?, por Xulio Ríos
PAX. 5: MISCELÁNEA: Varios: Diccionario do Altermundo, Campaña Terminar con Terminator, Quen é Frei Betto, Rebelión, El estado del mundo: contrapespectivas, de Karl Heinz Roth. (reseña de Alfredo Iglesias Diéguez)
PAX. 6-7: REPORTAXE: QUERIDA GUATEMALA, por Xabier Macías
PAX. 8-9: ENTREVISTA: ÉRIC TOUSSAINT, presidente do Comité para a Anulación da Débeda do Terceiro Mundo
PAX 10: CONVOCATORIAS
PAX 11: NOVAS DO MES
PAX 12: Primeiro Foro Social dos Estados Unidos

Tamaño: 1,3 Mb
[BAIXAR]
 

NÚMERO 2 (24/06/2007)

Pax. 2: EIVAS GLOBAIS: OS OBXECTIVOS DO MILENIO: FALAR POR FALAR, por Xosé Manuel Figueiras
Pax. 3: ALTERNATIVAS: RENDA BÁSICA CIDADÁ: PARA TODOS E TODAS, por Daniel Raventós
Pax. 4: PENSAMENTOS: A CONDENA, por Cris Carles; NÓS OS DESAFIUZADOS, por Marga Tojo
PAX. 5: MISCELÁNEA: Varios: Diccionario do Altermundo, Campaña Roupa Limpa, Quen é Walden Bello, Focus on the Global South, Banco Mundial: o glope de estado permanente, de Eric Toussaint (reseña de Alfredo Iglesias Diéguez)
PAX. 6-7: REPORTAXE: CHIAPAS: 13 ANOS DE RESISTENCIA, polo colectivo de acción global FugaEmRede
PAX. 8-9: ENTREVISTA: CÂNDIDO GRZYBOWSKY, sociólogo brasileiro, director do Ibase e membro do CI do FSM
PAX 10: CONVOCATORIAS
PAX 11: NOVAS DO MES
PAX 12: V CONGRESO DO MST, crónica de Nanda Couñago e Alfonso B. Miguel, da ONG galega Amarante

Tamaño: 2,9 Mb
[BAIXAR]

NÚMERO 1 (20/05/2007)

Pax. 2: EIVAS GLOBAIS | A GRAN FENDA: MÁIS E MÁIS DESIGUALDADE
Pax. 3: ALTERNATIVAS | E COMO PODE SER O OUTRO MUNDO POSÍBEL?, por Manoel Santos
Pax. 4: PENSAMENTOS | PRIMAVERA LATINOAMERICANA, por Frei Betto; NA PROCURA DA ARCA DE NOÉ, por Leonardo Boff
PAX. 5: MISCELÁNEA: Varios: Dicionario do Altermundo, Campaña Pola Profunda reforma das Institucións Internacionais, Quen é Michael Albert, Znet, En defensa de la tolerancia, de Slavoj Zizek (reseña de Alfredo Iglesias Diéguez)
PAX. 6-7: REPORTAXE | POLA KENYA DO GREEN BELT, por Xosé Manuel Beiras
PAX. 8-9: ENTREVISTA | CARLOS TAIBO, profesor de ciencia política na Universidade Autónoma de Madrid
PAX 10: CONVOCATORIAS
PAX 11: NOVAS DO MES
PAX 12: A GRANDE ACCIÓN GLOBAL 2007

Altermundo
Sobre o autor ou autora:
Artigo inserido ou creado por Altermundo.org
Ler máis >>