| Unha luz haitiana |
| Manoel Santos | |
| Domingo, 17 de Xuo do 2007 | |
Haití non bota bágoas, senón que loita; non esmorece, senón que procura saídas, como antes o fixeran os seus devanceiros. Loitadores todos. Loitadoras todas.A meirande parte das novas que nos chegan de Haití son arrepiantes, e poucas. Un país moi pobre, o máis pobre de América e entre o 25% máis miserento do planeta, cunha inflación escandalosa, con niveis de inseguridade alarmantes, enchido de grupos armados e tamén de bestas humanas fuxidas dos EUA –de orixe antillana pero criadas aló–, cunha florecente ‘industria da droga’ –o 18% da droga que entra no Imperio pasa por alí– e cunhas institucións esnaquizadas, atrancadas nunha transición que dura xa máis de 20 anos, que non dá rematado coa tétrica herdanza dos Duvalier.
Haití non bota bágoas, senón que loita; non esmorece, senón que procura saídas, como antes o fixeran os seus devanceiros. Loitadores todos. Loitadoras todas. Non hai que desprezar a historia. A perla caribeña foi o primeiro territorio do mundo que, cunha revolución popular, aboliu a escravitude (1794), e tamén o primeiro de Latinoamérica en independizarse (1804). Si, a primeira nación negra, libre, da historia da humanidade. Cunhas condicións de vida terríbeis, cunhas estruturas sociais e políticas por crear, logo dunha inseguridade que acadou niveis insoportábeis e cunha misión da ONU, a Minustah, moitas veces incapaz, que chegou en misión de guerra –no canto de policial– a un país sen guerra, Haití confía aínda no futuro. Un futuro que case esixe a refundación do país. A creación dunha policía eficaz que garanta o avance democrático, a reconstrución das institucións –para mal ou para ben xa comezou coas eleccións gañadas por Préval, coa constitución do Parlamento e as alcaldías– e a modernización económica, son os anhelos de Suzy, de Haití, e de todos e todas nós. Sen queixumes, con paciencia, traballo e sobre todo esperanza. Iso foi o que aprendemos da fermosa luz haitiana que estes días sobrevoou a terra nosa.• | |
| < Ant. | Seg. > |
|---|

Haití non bota bágoas, senón que loita; non esmorece, senón que procura saídas, como antes o fixeran os seus devanceiros. Loitadores todos. Loitadoras todas.
Da man do Club Internacional de Prensa puidemos gozar da presenza de Suzy Castor na Galiza estes días atrás. A historiadora haitiana, activista infatigábel en prol dos dereitos humanos no Caribe e na América toda, exiliada 30 anos en México polo duvalierismo, veu contar a situación que atravesa o seu país, mais tamén veu aprendernos, poida que sen ela o saber. O seu doce discurso, o seu torrado sorriso imperturbábel, brandía unha retórica moi afastada da queixa, da dramatización e do choro.