| "Il latifondo" |
| Gustavo Duch Guillot | |
| Luns, 11 de Xuño do 2007 | |
Sen terra para sementar é difícil asegurarlles ás comunidades rurais as súas posibilidades reais de supervivencia. Para comunidades indíxenas como os mapuches, a terra escríbese con maiúsculas, Terra, como Nai na que se integran xunto ó resto da natureza.A prensa destes días fíxose eco do conflito existente entre as comunidades mapuches e a compañía Benetton, que ocupa no sur de Arxentina terras equivalentes a toda a comunidade autónoma de Madrid. Fronte a este descomunal latifundio que expulsou miles de familias orixinarias da rexión, as comunidades mapuches levan tempo presentando resistencia mediante reocupacións de parcelas e forzando batallas legais. Nesta ocasión, outra vez, os mapuches arxentinos presentan unha denuncia penal por usurpación de territorio. Fronte á maquinaria que os gabinetes xurídicos de Benetton (e a súa caixa negra) van despregar hai poucas posibilidades de xustiza. Como no ano 2004 cando nunha situación similar, o xuíz ditaminou a favor do empresario italiano a reclamación dunha familia mapuche por unhas terras onde se instalaron e puxeron a producir dous anos antes. Naquela ocasión, con sabedoría e premonición, o Premio Nóbel da Paz arxentino Adolfo Pérez Esquivel explicaba nunha carta dirixida ós amos de Benetton que "sempre existen os rebeldes que non claudican", e que "continuarán reclamando os seus dereitos sobre a terra por seren os donos lexítimos, de xeración en xeración, aínda que non teñan os papeis que un sistema inxusto lles reclama". En realidade, a inxustiza deste sistema está descrita en tratados internacionais como unha violación ou vulneración dun dos dereitos humanos esenciais, a alimentación. Os xuíces, fiscais ou gobernadores de quenda obrarán por corrupción, Benetton actuará para manter os seus privilexios de conquistador, pero o Estado Arxentino, na súa inhibición desoe as recomendacións aprobadas no artigo 11.2 do Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais, que estable que os estados se atopan obrigados a adoptar as medidas necesarias para a realización do dereito á alimentación, mencionando explicitamente o acceso ó recurso terra. Sen terra para sementar é difícil asegurarlles ás comunidades rurais as súas posibilidades reais de supervivencia. Para comunidades indíxenas como os mapuches, a terra escríbese con maiúsculas, Terra, como Nai na que se integran xunto ó resto da natureza. A Terra é un deus, que produce, que bendí, que procrea. • | |
| < Ant. | Seg. > |
|---|

Novidades
Sen terra para sementar é difícil asegurarlles ás comunidades rurais as súas posibilidades reais de supervivencia. Para comunidades indíxenas como os mapuches, a terra escríbese con maiúsculas, Terra, como Nai na que se integran xunto ó resto da natureza.