| Por que Cuba está a exportar a súa saúde pública aos pobres do mundo? |
| Sarah van Gelder | |
| Xoves, 07 de Xuo do 2007 | |
Os cubanos adoitan vivir máis tempo que case calquera persoa da América Latina, e morren moitos menos lactantes. Case todo o mundo está vacinado, e os flaxelos dos que padecen os pobres, como parásitos, tuberculose, paludismo, e até a VIH/SIDA, son raros ou non existen.Os cubanos din que eles ofrecen atención médica aos pobres do mundo porque teñen uns corazóns moi grandes. Agora ben, ¿que reciben a cambio? Os cubanos adoitan vivir máis tempo que case calquera persoa da América Latina, e morren moitos menos lactantes. Case todo o mundo está vacunado, e os flaxelos dos que padecen os pobres, como parásitos, tuberculose, paludismo, e até a VIH/SIDA, son raros ou non existen. Calquera pode ir visitar ao médico, a baixo custe, no propio vecindario. O sistema de saúde de Cuba está producindo unha poboación que é tan saudábel como as dos países máis ricos a un custe mínimo. E agora Cuba comezou a exportar o seu sistema a comunidades desfavorecidas en todo o mundo, inclusive nos Estados Unidos. Ao pobo dos Estados Unidos ocúltaselle basicamente a historia das ambicións do sistema de saúde de Cuba, debido a que os remanentes da política da Guerra Fría manteñen un embargo sobre a información e o entendemento. Pero esa historia é ben coñecida nas comunidades máis pobres da América Latina, o Caribe, e partes de África onde están exercendo médicos preparados por Cuba. Como di o Dr. Paul Farmer, Cuba está demostrando que "pódese introducir a noción do dereito á atención á saúde e eliminar as enfermidades da pobreza." Atención á saúde para todos os cubanos Moitos dos elementos do sistema de atención á saúde que Cuba está exportando por todo o mundo son prácticas de sentido común. Todas as persoas teñen acceso a médicos, enfermeiras, especialistas e menciñas. Hai un equipo formado por un médico e unha enfermeira en cada vecindario, aínda que agora son uns poucos menos, pois 29 000 profesionais da saúde están prestando servizos fóra do país, feito que está provocando algunhas queixas. Se a alguén non lle gusta o médico do seu vecindario, pode escoller a outro. As visitas aos fogares son rutineiras, en parte porque o equipo formado polo médico e a enfermeira ten a responsabilidade de coñecer a cada persoa e os seus problemas de saúde no marco da súa familia, o seu fogar e o seu vecindario. Ese é o elemento clave do sistema. Ao detectar as enfermidades e os riscos para a saúde antes de que aumenten, o sistema de saúde cubano está en condicións de gastar un pouco en medidas preventivas para así non ter que gastar moito máis despois en curar as enfermidades, deter brotes, ou enfrontar discapacidades a longo prazo. Cando se detecta un perigo para a saúde como a febre do dengue ou o paludismo, realízase un labor coordinado a nivel nacional para erradicalo. Os cubanos xa non enferman de difteria, rubéola, poliomielite nin xarampelo, e teñen a taxa máis baixa de SIDA nas Américas, e a taxa máis elevada de tratamento e control da hipertensión. Cando os problemas de saúde escápanse da capacidade do médico de familia, os policlínicos proporcionan especialistas, operacións ambulatorias, fisioterapia, rehabilitación, e servizos de laboratorio. Os que necesitan ser hospitalizados poden ir aos hospitais; cando se lles dá a alta, os seus médicos e enfermeiras de familia axudan na transición cara ao fogar. Os médicos, en todos os eidos, están capacitados para dar acupuntura, indicar curas a base de herbas, ou outras prácticas complementarias que os laboratorios cubanos consideran efectivas. E os investigadores cubanos desenvolven as súas propias vacinas e tratamentos cando non se dispón das menciñas debido ao bloqueo, ou cando non existen. Exportación da atención á saúde Desde hai décadas Cuba está a enviar médicos ao estranxeiro e preparando a estudantes doutros países nas súas escolas de medicina. Pero as cousas intensificaronse desde principios de 1998 cando os furacáns George e Mitch azotaron á América Central e o Caribe. Como fixeron con frecuencia, os médicos cubanos correron ás zonas de desastre a axudar ás vítimas tralo seu paso. Emporiso, cando era hora de marchar, para os equipos de médicos cubanos quedaba claro que as necesidades médicas estendíanse moito máis aló da atención de urxencia. De xeito que Cuba fixo o compromiso de enviar médicos a varios destes países e de ensinar medicina a persoas da localidade de xeito que puidesen continuar o labor dos médicos cubanos. Así naceu a ELAM, ou sexa, a Escola Latinoamericana de Medicina radicada na Habana, e con ela o ofrecemiento de 10 000 becas para a formación de balde de médicos. Nestes intres o programa aumentou a 22 000 estudantes da América Latina, o Caribe, África, Asia, e os Estados Unidos que asistiron á ELAM e outras 28 escolas de medicina en toda Cuba. Os estudantes representan a ducias de grupos étnicos, o 51% son mulleres, e proceden de máis de 30 países. O que todos eles teñen en común é que de non ser así non poderían recibir educación médica. Cando unha persoa que vive nun barrio de tugurios en Porto Príncipe, unha persoa indíxena moza de Bolivia, o fillo ou a filla dun labrego de Honduras, ou un vendedor de rúa de Gambia quere ser médico, recorre a Cuba. Aínda que nalgúns casos Venezuela paga a conta, a meirande parte das veces Cuba paga as clases, os gastos de sustento, os libros e a atención médica. A cambio, os estudantes aceptan que, tras concluír os seus estudos, regresarán ás súas propias comunidades desfavorecidas a practicar a medicina. O programa de estudos da ELAM comeza, para a maioría dos estudantes, con até un ano de cursos de "nivelación", o que lles permite poñerse ao día cos coñecementos básicos en matemáticas, ciencias e español. Aos estudantes pónselles tratamento para curarlles as enfermidades que moitos deles traen consigo. Ao final dos seus estudos, que poden durar até oito anos, a maioría dos estudantes regresan aos seus países de orixe para facer a residencia. Aínda que todos se comprometen verbalmente a servir aos pobres, algúns estudantes admiten discretamente que non o consideran un compromiso permanente. Un desafío do enfoque cubano é asegurar que o seu investimento no ensino da medicina beneficie a quen máis o precisa. Os médicos das zonas pobres adoitan mudarse cara a zonas máis acaudaladas ou atéa marchan dos seus países. Cuba forma aos médicos na ética de servir aos pobres. Eles aprenden a ver a atención médica como un dereito e non como unha mercadoría, e a considerar que o seu propio papel é o de prestación de servizos. As historias dos médicos cubanos indican que estas leccións foron ben aprendidas. Os médicos cubanos teñen fama de sacar diñeiro do seu propio peto para mercar menciñas a pacientes que non teñen con que adquirilas, e de dar manifestacións de afecto e até abrazar aos pacientes. Segundo o Dr. Juan Ceballos, asesor do viceministro de saúde pública, Cuba prevé, coa axuda de Venezuela, levar o ensino da medicina a unha escala masiva e graduar a 100 000 médicos nos vindeiros 15 anos. Para facelo, Cuba vén construíndo a toda marcha novas escolas de medicina en todo o país e no estranxeiro. Agora ben, a magnitude do labor requerido para facer fronte ás necesidades actuais e proxectadas de médicos fai que sexa necesario romper esquemas. O novo enfoque é o de escolas de medicina sen muros. Os estudantes reúnense cos seus mestres en policlínicos e hospitais, en Cuba e o estranxeiro, para realizar as prácticas xunto aos seus mentores. Grazas a que as clases e conferencias están gravadas en video, os alumnos poden estudar en calquera lugar no que que haxa médicos cubanos. A diminución dos custes do ensino da medicina permite levala a unha escala que podería poñer fin á escaseza de médicos. Estudantes dos Estados Unidos en Cuba Recentemente, Cuba estendeu a oferta de ensino de balde de medicina a estudantes dos Estados Unidos. Comezou cando o Representate Bennie Thompson de Mississippi sentiu curiosidade despois de que el e outros membros do Congressional Black Caucus (grupo de persoas negras do Congreso) atoparon reiteradamente a médicos cubanos ou formados por cubanos en comunidades pobres de todo o mundo. Visitaron Cuba en maio de 2000, e durante unha conversación con Fidel Castro, Thompson sacou a colación a falta de acceso ao ensino da medicina que tiñan os seus electores pobres das zonas rurais. "El [Castro] estaba moi familiarizado coas taxas de desemprego, as condicións da saúde, e as taxas de mortalidade infantil no meu distrito, e iso sorprendeume", dixo Thompson. Castro ofreceu bolsas para estadounidenses de baixos ingresos conforme aos mesmos términos que os demais estudantes internacionais, a saber, tiñan que acceder a volver ás súas comunidades para prestar servizos médicos. Na actualidade, ao redor de 90 mozos e mozaso de zonas pobres dos Estados Unidos sumáronse ás filas dos alumnos internacionais que estudan medicina en Cuba. A oferta do ensino da medicina é só un dos xeitos en que Cuba estendeu a súa man aos Estados Unidos. Inmediatamente logo dos furacáns Katrina e Rita, 1 500 médicos cubanos ofrecéronse voluntariamente a ir á Costa do Golfo. Esperaron coas súas mochilas e subministros médicos, e un barco listo para prestar apoio de reforzo. O permiso do Goberno dos Estados Unidos xamais chegou. "O noso Goberno fixo que a política desempeñase un papel na vida das persoas cando máis axuda necesitan", dixo o Represente Thompson. "E iso é lamentábel." Con todo, cando un terremoto azotou ao Paquistán pouco despois, o Goberno dese país acolleu calurosamente aos profesionais da saúde de Cuba. Alá foron 2 300 profesionais da saúde, e levaron 32 hospitais de campaña ás rexións remotas e fríxidas do Himalaia. Alí curaron ósos fracturados, trataron enfermidades e realizaron intervencións cirúrgicas a un total de 1,7 millóns de pacientes. A asistencia en casos de desastre é parte da misión de axuda médica que prestou Cuba dende ao Perú até a Indonesia, e até incluíu o tratamento a 17 000 nenos doentes tralo accidente ocorrido en 1986 na central nuclear de Chernobyl na Ucraína. Porén, non é só en tempos de crise que os traballadores cubanos da saúde interveñen. Uns 29 000 profesionais cubanos da saúde están exercendo nestes momentos en 69 países –fundamentalmente na América Latina, o Caribe, e África. En Venezuela, ao redor de 20 000 profesionais da saúde permitiron que o Presidente Hugo Chávez cumprise a súa promesa de brindar atención médica aos pobres. Nas barriadas pobres dos alrededores de Caracas e as ribeiras do Amazonas, as comunidades que se organizan e atopan un lugar para que un médico viva e traballe poden solicitar a presenza dun médico cubano. Do mesmo xeito que en Cuba, eses médicos e enfermeiras viven onde traballan, e convértense en parte da comunidade. Están alí para calquera urxencia que xurda, e introducen prácticas de saúde preventiva. Algúns son tentados a aproveitar que están fóra do país como unha oportunidade para irse de Cuba. En agosto, o Departamento de Seguridade Interna dos Estados Unidos anunciou unha nova política que facilita aos profesionais cubanos da medicina a irse para os Estados Unidos. Emporiso, a gran maioría quédase realizando o seu traballo e ao final regresa a Cuba. Investir na paz Como se sente o pobo cubano acerca do uso dos recursos do país para misións médicas internacionais? Aos que se lles pregunta responden con algunha versión do seguinte: Os cubanos temos grandes corazóns. Sentímosnos orgullosos de compartir o que temos cos pobres do mundo. Case todo o mundo en Cuba coñece a alguén que traballou nunha misión médica. Eses médicos topan con doenzas que xa foron erradicadas en Cuba. Amplían a súa comprensión sobre a medicina e dos sufrimentos asociados á pobreza e a impotencia para eliminalos, e traen consigo ao seu país o orgullo que representa contribuír coas súas achegas. E o orgullo é un potente antídoto contra as insatisfaccións que poden derivarse das dificultades económicas que leva sufrindo Cuba nos seus 50 anos de revolución. Dende a perspectiva do Goberno, o seu investimento no internacionalismo médico está cuberto en parte polo ALBA, novo acordo comercial entre Venezuela, Bolivia, Nicaragua e Cuba. ALBA, alternativa de área de libre comercio das Américas, antepón as necesidades humanas ao crecemento económico, de modo que non é de estrañar que os ofrecemientos de atención médica por parte de Cuba caian dentro do ámbito do acordo, do mesmo xeito que o petróleo de Venezuela, o gas natural de Bolivia, e así sucesivamente. Emporiso, Cuba tamén ofrece axuda a países fóra da ALBA. "Todo o que pedimos a cambio é solidariedade", di o Dr. Ceballos. A "solidariedade" ten implicaciones no mundo real. Antes de que Cuba enviase aos seus médicos ao Paquistán, as relacións entre os dous países non eran moi boas, di Ceballos. Pero agora a relación é "magnífica". O mesmo sucede con Guatemala e O Salvador. "Aínda que son gobernos conservadores, tornáronse máis flexíbeis na súa relación con Cuba", di. Eses investimentos nas misións médicas "son recursos que evitan o enfrontamento con outras nacións", explica Ceballos. "A solidariedade con Cuba refreou agresións de todo tipo." E nunha declaración na que recoñece as vulnerabilidades de Cuba no plano global, Ceballos di o seguinte: "É infinitamente mellor investir na paz que investir na guerra." Imaxinen entón que esta idea enraizara. Até máis revolucionaria que o dereito á saúde para todos é a idea de que investir na saúde "ou na auga limpa e alimentos suficientes ou vivenda"? podería ser máis potente, máis eficaz para fomentar a seguridade que os bombarderos e os portaavións. © 2007 YES! Magazine | |
| < Ant. | Seg. > |
|---|

Os cubanos adoitan vivir máis tempo que case calquera persoa da América Latina, e morren moitos menos lactantes. Case todo o mundo está vacinado, e os flaxelos dos que padecen os pobres, como parásitos, tuberculose, paludismo, e até a VIH/SIDA, son raros ou non existen.