| Chamamento: Día de Mobilización e Acción Mundial 2008 |
| FSM | |
| Mrcores, 06 de Xuo do 2007 | |
En xuntanza celebrada en Berlín do Consello Internacional do Fórum Social Mundial resolveuse facer un chamamento a un Día de Mobilización e Acción Global para o 26 de xaneiro de 2008. Porque un outro mundo é posíbel.[FSM] Chamamento a un Día de Mobilización e Acción Global - 26 de xaneiro 2008 Somos millóns de mulleres e homes, OUTRO MUNDO É POSÍBEL Con toda a nosa pluralidade, diversidade e riqueza de alternativas e propostas loitamos contra o neoliberalismo, a guerra, o colonialismo, o racismo e o patriarcado que xeran violencia, explotación, exclusión, pobreza, fame, desastre ambiental e negación dos dereitos humanos. Levamos moitos anos de resistencia e de construción de procesos innovadores, de novas culturas de organización e acción, do local ao global, en particular, dende o proceso e a Carta de Principios do Foro Social Mundial do que emerxe esta chamada. Concientes da necesidade de construír a nosa axenda propia e de aumentar o impacto destas miles de expresións e manifestacións comprometémonos a reforzar a solidariedade e as converxencias entre as nosas loitas, campañas, construcións de alternativas e alianzas. Comprometémonos a unha Semana de Acción que culminará nun Día de Mobilización e Acción Global o día 26 de xaneiro do 2008 Invitamos a que todas e todos, dentro da diversidade que é a nosa forza, realicen creativamente nesta data accións, actividades, eventos e converxencias sobre temas e en formas que lles son propios. ACTUEMOS XUNTAS E XUNTOS POR UN OUTRO MUNDO! Acceda ao sitio web http://www.wsf2008.net/ para asinar o chamamento, ver unha breve historia do día de mobilización e acción global e para saber como participar da súa preparación. | |
| < Ant. | Seg. > |
|---|

En xuntanza celebrada en Berlín do Consello Internacional do Fórum Social Mundial resolveuse facer un chamamento a un Día de Mobilización e Acción Global para o 26 de xaneiro de 2008. Porque un outro mundo é posíbel.