| Galicia, espello de PequÃn |
| R. Prieto | |
| Mércores, 28 de Marzo do 2007 | |
|
China envía expertos á comunidade galega para estudar o seu modelo autonómico. O xigante asiático traduce ao chinés os Estatutos galego, vasco e catalán para emprender a súa reorganización territorial.
Comeza a conta atrás para China. Nos vindeiros catro anos, as autoridades de Pequín porán en marcha a reforma do seu modelo territorial. O xigante asiático, no que conviven 55 nacionalidades minoritarias que representan o 92% dos máis de 104 millóns de habitantes, céntrase no sistema autonómico galego para dotar a súa estrutura institucional e política dun corpo xurídico que defina os camiños polos que se conducirá a xestión pública. Na actualidade, expertos da Academia Chinesa de Ciencias Sociais, que en 2004 viaxaron a España para estudar o seu modelo de organización territorial, traducen ao chinés, en colaboración co Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi) os Estatutos de Autonomía galego, vasco e catalán. A gran potencia emerxente do século XXI decantouse polo sistema galego como experiencia piloto para centrar os seus estudos e propor reformas políticas á Asamblea Popular Nacional, máximo órgano lexislativo do país. Excepcionalidades étnicas A elección de Galicia como modelo a seguir para artellar a estrutura territorial de China viuse facilitada pola traxectoria de estudo da reforma do país asiático no Igadi, entidade que na actualidade dirixe o Observatorio español de China e coordina a Rede Iberoamericana de Sinoloxía. A tarefa que afrontan as autoridades chinas é moi complexa xa que o desenvolvemento lexislativo das autonomías no país asiático é moi feble. O concepto e os criterios das administracións autónomas chinesa é distinto ao español: as competencias son limitadas, carecen de presupostos propios e todas as decisións que afectan á vida económica da poboación están supeditadas ao Goberno central. Hai tres años, Pequín enviou unha delegación de expertos a España para estudar o seu sistema de organización territorial. Mentras no país se cuestionaba a constitucionalidade do Estatuto catalán, un investigador da Academia Chinesa de Ciencias Sociais analizou durante tres meses o modelo autonómico da comunidade galega, desde a súa estructura e o seu funcionamento internos, ata as súas competencias e as relacións que manteñen as institucións do Estado, a Xunta e os poderes Executivo e Lexislativo. Zhu Lun, membro do Partido Democrático dos Campesiños e Obreiros, viaxou como técnico acreditado por Pekín, baixo o amparo do Ministerio de Asuntos Exteriores español y co apoio loxístico do Igadi. Na súa investigación en Galicia, Zhu Lun recabou ideas que o Goberno chinés terá en consideración á hora de acometer a remodelación das súas estruturas administrativas, con vistas a adecuar o ordenamento legal do país e ofrecer garantías xurídicas á súa crecente poboación e tamén ás empresas estranxeiras alí establecidas. Nos vindieros catro anos, segundo un convenio firmado o pasado mes de febreiro en Beijing entre o director do Instituto de Etnoloxía e Antropoloxía daAcademia de Ciencias Sociales de China, Hao Shiyuan, e o responsable do Igadi, Xulio Ríos, ambas entidades intercambiarán experiencias en materia de autogoberno, que servirán para facer a futura proposta de reforma territorial ao Goberno chino. "A China moderna será una China autonómica", asegura Xulio Ríos. Entrevista: ZHU LUN, CATEDRÁTICO DO INSTITUTO DE ETNOLOXÍA E ANTROPOLOXÍA DA ACADEMIA CHINESA DE CIENCIAS SOCIAIS -Por que elixiu Galicia para estudar o sistema autonómico español? -Por dous motivos. Primeiro, porque Galicia é unha das tres nacionalidades de España, e ao mesmo tempo é unha rexión menos desenvolvida en comparación coas outras dúas: Cataluña e País Vasco. As cinco rexións autónomas de China (a dos hui de Ningxia, os uigur de Xinjiang, os zhuang de Guanxi, Mongolia Interior e Tibet ) tamén son rexións de menos desenvolvemento en comparación coas provincias. Por eso, o modelo autonómico galego é adaptable ás cinco rexións autónomas de China. Ademais, existe unha relación académica moi boa entre Igadi e o Instituto de Etnoloxía e Antropoloxía da Academia de Ciencias Sociales de China. -Como valora o grado de autonomía de España? -Este é un tema complicado. Estudiei durante varios anos a autonomía de España, escribín algúns artigos para presentar aos lectores chineses, pero nunca me atrevo a valorar se é suficiente ou insuficiente. Sen embargo, en comparación co caso de China, considero que o grado de autonomía de España é máis alto, noutras palabras, máis madura. Podemos chegar a cinco conclusións: En España son bastante claras as competencias do Goberno central e as do local, é relativamente completa a lexislación autonómica, é máis activa a vitalidade do Goberno local, é máis eficaz a participación do Executivo local na vida política estatal e os concellos xogan un papel máis importante. -Como definiría a Galicia? -É unha das rexións máis fermosas de España, e o seu pobo é moi traballador e intelixente. Estiven por dúas ocasións en Galicia. Recorrín cidades grandes e pequenas, campos e aldeas, costas e fragas. Tiven un amplo contacto coa sociedade galega en feiras, tendas, reunións familiares e encontros con profesores. Impresionoume todo. Hai vivendas e casas agochadas nas montañas. Galicia é un cadro moi fermoso, é un lugar moi cómodo para vivir. Ademais da beleza do natural e do creativo humano, o que máis me impresiona foi o amor dos galegos pola súa comunidade, a súa actitude de traballo, a súa firmeza polo futuro e o seu desexo pola prosperidade. -Con que líderes políticos se reuniu na comunidade galega? -Visitei á presidenta do Parlamento, reuninme co delegado do Goberno, quen me explicou o funcionamento do sistema autonómico. Tamén visitei a representantes dos partidos políticos na Cámara galega e entrevisteime con un ponente do Estatuto galego.Todos axudáronme a coñecer a autonomía do país. O meu agradecemento máis sinceiro a todos eles. Conversei con Blanco Valdés o Xosé Luis Barreiro o con el fiscal de Galicia. -Cando traduciron os Estatutos galego, vasco e catalán ao chinés e que foi o que máis lles atraeu de cada un deles? -Sei que están preparando en España os novos textos autonómicos. Temos moito interese en coñecer as modificacións. Una vez aprobado polo Senado calquer novo texto, traduciranse ao chinés para que os estuden os investigadores e políticos do noso país. O que máis nos atrae é a división das competencias entre o Goberno central e o autonómico, porque esta é a clave de discusión da autonomía en China. -Como se enfoca o dereito de autodeterminación en China? -En China non se recoñece o dereito de autodeterminación, senón o dereito de autonomía cas nacionalidades minoritarias, porque a autodeterminación fai pensar no dereito de separación, algo que non permite a Constitución. -Cal é o ámbito competencial das rexións chinesas? -Segundo a Lei da Autonomía Rexional Nacional de China, aprobada en 1986 e revisada no ano 2000. As rexións nacionais poden usar as súas linguas nas actividades públicas, nos procedementos lexislativos, nas publicacións e informes, en radio e televisión, en educación escolar e na comunicación popular socias. Tamén poden promover estratexias de desenvolvemento económico en combinación coa planificación estatal. O Estado financia cada ano as rexións autónomas segundo a demanda de cada unha delas, porque carecen de suficientes ingresos para cubrir os seus gastos sociais. Por exemplo, a Tibet, en vez de cobrar nin un centavo de impostos, o Estado prové todo o apoio financiero necesario. As rexións teñen as competencias de protexer e desenvolver as culturas das nacionalidades minoritarias, poden definir as carreiras e os textos escolares para educar os seus mozos. -No chinés, cantas palabras hai para definir a un país, pobo, rexión ou nación? -Moitas, pero non son fáciles de traducir. Por exemplo, guojia en chinés pódese usar no sentido de Estado, nación e país; e minzu emprégase como sinónimo de pobo, nación e nacionalidade. Sen embargo, co intercambio internacional, podemos establecer algúns termos para expresar os significados das palabras occidentais: por exemplo, remin para pobo, zuqun para grupo étnico, zu para etnia, ahongzu para raza, zuti para comunidade. O mandarín é un idioma rico, e a súa composición de vocabulario é ampla e fácil, podendo crear moitas formas de palabra para expresar novos concetos científicos modernos. -Cantos grupos de poboación hai en China que sexan equiparables ás comunidades españolas? -Nun primeiro plano están as provincias (20, incluíndo Taiwán), rexións autónomas (5), municipios subordinados (4), rexións administraivas especiais (Hong Kong y Macao). Entre estas entidades, as cinco rexións autónomas son semellantes a Galicia , País Vasco e Cataluña, quere dicir, son rexións habitadas de nacionalidades minoritarias. No segundo plano, atópanse os municipios medianos, distritos urbanos, prefacturas generales e a prefacturas autónomas. Hai un total de 30 prefacturas autónomas. No terceiro plano, están distritos xerales e autónomos e pequenos municipios. En todo o país funcionan 120 distritos autónomos de tal ou cal nacionalidade minoritaria. En China existen 155 entidades autónomas de distintos niveis administrativos e conta con 55 nacionalidades minoritarias. -Nun país con decenas de linguas, frente a España que só ten tres idiomas oficiais: galegos, vasco e catalán, como se regulan? -Entre as nacionalidades minoritarias a maior parte teñen as súas propias linguas, e cada unha delas ten o dereito de empregar o seu idioma. As linguas nacionais máis usadas son o tibetano, coreano, uigir, hasak e mongol. Sen embargo, os cidadáns das diversas nacionalidades minoritarias usan ao mesmo tempo o mandarín. O Goberno practica unha política bilingüe nas zonas nacionais. |
| < Ant. | Seg. > |
|---|
