Lula: goberno popular ou populista?
Paulo Kliass   
Domingo, 14 de Xaneiro do 2007

Existen innumerábeis propostas diferentes daquelas defendidas polos intereses do capital financeiro. O peor xeito de evitar o debate desas ideas é encadralas nese conxunto pexorativamente identificado como “populista”.

[Agência Carta Maior]

O presidente Lula inaugurou o seu segundo mandato no día 1° de xaneiro, cun discurso no que retoma un debate que se vén caracterizando como unha verdadeira polémica desde a súa toma de posesión aínda en 2003. Trátase dun enfrontamento, practicamente a cotío, entre os que popoñen unha nova orientación da política económica do governo e os que sustentan ser  inviábel calquera mudanza substantiva nos eixos fundamentais da política do primeiro mandato.

A respecto das expectativas sobre ao novo cuadrienio á fronte da República, o presidente reelecto afirmou que “será um governo popular com compromisso popular, não populista. Mantenho e manterei o compromisso de cuidar dos que mais precisam". Ao lector máis desatento, tal detalle podería parecerlle nada máis ca iso: a penas un detalle... No entanto, todo indica que o recado foi explícito na súa intención. Tanto máis que o texto foi revisado por algúns dos seus principais colaboradores directos. Intentemos entender mellor as razóns.

Contrariando un pouco o seu posicionamento no pasado, Lula ten buscado, en sucesivas ocasións ao longo deses catro anos, compararse a gobernantes considerados xenericamente como “populistas” –como é o caso de Getúlio Vargas, Juscelino Kubistchek, João Goulart. Nos seus discursos, ten buscado mostrar como el ten favorecido a situación dos pobres e do pobo, contra o desexo das elites. DE FEIRO, Getúlio é lembrado, aínda hoxe, pola condición de “pai dos pobres”. Aínda no plano do simbólico, non foi por mera coincidencia que o primeiro presidente do BNDES nomeado por Lula, Carlos Lessa, tivera a intención de trazar a imaxe de Getúlio para o seu gabinete, nunha explícita contraposición a un suposto fin da era getulista, como afirmara FHC. “Bota o retrato do velho outra vez, bota no mesmo lugar”, como di a letra da canción famosa na década dos 50...

Por outra banda, Lula ten sofrido moitas críticas polo exceso de conservadurismo na súa política económica. En varios intres, acuado na defensiva, o presidente terminou por se saír, contraditoriamente, con pérolas que caerían ben na boca de conservadores como Henrique Meirelles ou Delfim Netto, mais nunca nas dun líder sindical cun pasado de renome e prestixio como o del. Con declaracións ao estilo de “meu governo não vai cair nas armadilhas populistas, demagógicas e aventureiras”, Lula rematou por fazer coro aos sectores máis ortodoxos do capital financeiro, que temen toda e calquera tentativa de alteración nos fundamentos da política económica aplicada con tanta teima aquí nas terras de Pindorama.Resumindo: todo aquilo que foxe da cartilla do FMI, xa incorporada na cabeza e no sangue polos principais responsábeis da política económica en Brasília, é imediatamente descalificado como populista e irresponsábel. Como Lula di que o seu segundo mandato non vai ser “populista”, a mensaxe está ben clara. A cuestión é saber o porque e o como el non pretende ser populista, somentes popular.

Dese xeito, no caso de que o discurso sexa realmente ise, podese iniciar o levantamento dun conxunto de hipóteses a respecto dos vindeiros catro anos:

  • a) Lula non se vai aventurar polo “oportunismo populista” de conceder reaxustamentos significativos no salario mínimo, como foi a  súa proposta “irresponsábel” em 2002, de dobrar o poder de compra do mesmo en catro anos. El debe ficar coa proposta “popular” de desvencellar o piso do INSS do valor do xornal mínimo, para evitar a quebra da Previdéncia.
  • b) Lula non se debe deixar caer na tentación “populista” de colocar un freo decisivo na política de xuros elevados do Banco Central. El debe manter a conduta “popular” de conferir ao Brasil a medalla de campión mundial de taxa de xuros e realizar a meirande transferencia de renda da historia brasileira para o sector financeiro, en detrimento do conxunto da poboación.
  • c) Lula non se deixará contaxiar pola proposta “populista” de establecer mecanismos de control sobre a conta de capital no Brasil, país que amplía os emonumentos de aplicacións financeiras externas de curto-prazo, sen ningún tipo de carga para o capital meramente especulativo. El deberá manter a proposta “popular” de conferir a independencia de facto do Banco Central na xestión da política monetaria e financeira, que permitiu que o ano 2006 fose o ano record en remesas de lucros e xuros para o exterior.
  • d) Lula non se deixará seducir polas propostas “populistas” de promover crecemento da economía dun 5% ou máis en 2007 e nos seguintes. El seguirá firme na defensa dos intereses da “proposta popular” de esperar oo ano de 2017, cando determinados estudos econométricos garanten que o país estará, finalmente, maduro para atinxir tal índice de crecemento do PIB.
  • e) Lula non se permitirá eludir as propostas “populistas e demagóxicas” de redución da meta de superávit primario (pagamento de xuros da débeda pública), có obxectivo de asegurar investimento público en sectores esenciais como a saúde, a educación, infra-estrutura, etc. Ele seguirá com sua proposta “popular” de manter as metas previstas e propiciar os maiores lucros em toda a história ao sistema financeiro, tal como verificado entre 2003 e 2006.
  • f) Lula non se deixará envolver polo canto de sereas dos “populistas” que alertan da necesidade de recuperar o valor republicano do control público sobre áreas e sectores estratéxicos da economía e da sociedade, totalmente deixados á mercede da chamada “lei do mercado”, en prexuízo da maioria da poboación. El manterá a súa conducta “popular” e madura, de gobernante preocupado coa gobernabilidade e a estabilidade, como fixo coa recente aprobación sanción da Lei de Quebras onde o lobby dos intereses das institucións financeiras conseguiu que as mesmas pasasen a ter prioridade fronte ás débedas tributarias e de traballo da masa debedora. (O lector ficou asustado? Mais, infelizmente, foi así mesmo!!)
  • g) Lula non se deixará persuadir polos “populistas” que lle din que é posíbel e necesario promover crecemento económico simultaneamente ao desenvolvimento socio-económico con redución das desigualdades. Eses “irresponsábeis” tentan mostrar ao Presidente que a tan mencionada “melhoria na distribuição de renda” non pasa de a penas unha das varias lecturas posíbeis, de entre varias alternativas de cuño metodolóxico. 

Mais el seguirá coa proposta “popular” de transferir o valor equivalente a 20 veces o total da Bolsa Família (destinado a máis de 30 millóns de persoas) para beneficiar un universo inferior a 500 mil persoas.

Como se ve, a execración gratuita do adxectivo “populista” en nada contribuirá ao pulo das transformacións para as que Lula foi reelecto, no caso de que as bases de orientación da súa política económica continúen a ser tan xiradas cara o “popular” como o foran ao longo do seu primeiro mandato.

No medio dos economistas, os artigos das revistas internacionais chaman a esa resignación por unha sigla: TINA, da expresión en inglés “there is no alternative”. Ou sexa, como non existirían alternativas, deberiamos todos resignarnos ás propostas do neoliberalismo. Às forzas progresistas tócalles amosar que existen, si, alternativas ao modelo. Existen innumerábeis propostas diferentes daquelas defendidas polos intereses do capital financeiro. O peor xeito de evitar o debate desas ideas é encadralas nese conxunto tan amplo, difuso e indefinido, pexorativamente identificado como “populista”.

*Paulo Kliass é doutor en Economía e membro da carreira federal “Especialista em Políticas Públicas e Gestão Governamental”. Actualmente cumpre un programa de posdoutorado na Université de Paris 13, Francia.
 
< Ant.   Seg. >