Sobre Altermundo

ImagePROXECTO INTEGRAL DE COMUNICACIÓN ALTERNATIVA E TRANSFORMACIÓN SOCIAL

Altermundo é un espazo creado para achegar ese outro mundo posíbel á comunidade galegofalante da rede. É un cornecho de reflexión que, dende Galiza, ábrese aos que andan na procura dunha globalización alternativa ao neoliberalismo. É, xa que logo, coñecemento, debate, rebelión e Terra.

Dende Galiza, Altermundo fai seu ese lema zapatista de abaixo e á esquerda está o corazón para camiñar outros camiños, para percorrer as novas e esperanzadoras corredoiras do social, que se opoñen ás cínicas e esgotadas vías políticas que esnaquizan a humanidade. Como ten que ser…

As liñas estratéxicas iniciais do proxecto de comunicación e transformación social Altermundo son:
  1. movementos sociais e as súas alternativas
  2. ecoloxía social
  3. alternativas políticas antihexemónicas
  4. análise do neoliberalismo
  5. difusión e xeración de información, pensamento e reflexión.

Altermundo traballa nos campos:

  1. da información (dirixida aos movementos sociais e dende os movementos sociais)
  2. do pensamento (difundindo creacións galegas propias e alleas e traducindo ao galego reflexións e estudos doutras partes do mundo)
  3. da acción (participando activamente nos movementos sociais e difundindo as súas inquedanzas e propostas alternativas)

Os contidos cos que traballa son: novas e convocatorias, artigos e análises, coberturas informativas e especiais e a próxima creación de observatorios (alternativas galegas, institucións internacionais, ecoloxía social, etc).

Altermundo traballa con información propia, xerada por colaboradoras e colaboradores e difundida tamén cara outros espazos no eido mundial, e información allea, froito da colaboración con outros medios do mundo. Difunde esta información vía internet e con publicacións en papel (Suplemento Horizontal Altermundo) e noutros medios de comunicación, funcionando tamén como axencia de información e instituto de estudo organizando e colaborando en accións, xornadas, congresos, etc. 

  • Para coñecer o plan de traballo de altermundo.org preme aquí.
  • Se queres colaborar podes enviar un texto premendo aquí.
  • Altermundo.org conta cunha lista de correo que informa aos usuarios e usuarias da presenza de novos contidos periodicamente. Para recibilo podes subscribirte aquí.
  • Altermundo.org xestiona tamén un suplemento horizontal de 12 páxinas mensuais (derradeiro domingo de cada mes) no xornal Galicia Hoxe, único diario en galego. Para velo podes premer aquí.


Altermundo, xuridicamente, é tamén unha asociación de carácter social inscrita no rexistro central de asociacións co número 2007/011114-1. CIF:G70146824


Nota: Altermundo.org ten a súa orixe na súa versión en galego, máis é froito da colaboración entre as linguas galega e eusquera. Un dos nosos obxectivos futuros é ir integrando todos os contidos e ofertar a totalidade do portal nos dous idiomas. Calquera achega para axudarnos a conseguilo será benvida.
Se estás interesado/a en colaborar coa tradución de contidos entre galego e euscaldún ponte en contacto co administrador de eusquera (imanol[arroba]altermundo.org).

Image

Altermundo
Sobre o autor ou autora:
Artigo inserido ou creado por Altermundo.org
Ler máis >>