| Tempo Exterior, problemas globais |
| Igadi | |
| Martes, 02 de Xaneiro do 2007 | |
|
O Igadi vén de publicar o número 13 da revista Tempo Exterior, na que se fai unha análise sobre diversos problemas globais. Os contidos pódense tamén baixar en pdf da web do Igadi.
Para baixar o número completo (2,64 Mb) Tempo Exterior afonda nos problemas globais e na actualidade internacional Decimoterceira entrega da revista semestral do Igadi Tempo Exterior, a revista de análise e estudos internacionais que edita o Igadi e dirixe Xulio Ríos, analiza, na súa décimoterceira entrega, algúns dos problemas globais de maior calado do momento presente, concedendo unha especial atención ao problema da seguridade-soberanía alimentaria (Lara Barros, Gerardo Iglesias e Carlos Amorín), así como aos dereitos humanos (Yolanda Román), a educación (Manuel Dios) ou o futuro da débeda externa (Alberto Acosta e Óscar Ugarteche). O espazo intermedio deste número inclúe outros tres temas: unha radiografía do movemento altermundista (Manoel Santos), a visión do mar como espazo de conflito (Gonzalo Parente) e unha aproximación á diáspora armenia (Hacob Symonian), continuando coa evocación comparativa deste fenómeno universal e que xa, en números anteriores, permitiu achegamentos a problemáticas similares de Irlanda, México, Israel, Portugal, Italia, Cabo Verde, Moravia ou Lituania. A atención aos asuntos de maior actualidade inclúe referencias á nuclearización da península coreana (Eduardo Daniel Oviedo), ás perspectivas da cooperación Sur-Sur (Henrique Altemani de Oliveira) ou o balance da era de Tony Blair (Fernando Pérez-Barreiro), próxima a concluír. O número remata cunha reflexión teórica sobre modernidade periférica e mestizaxe diferencial en América Latina, da man de Mario Roberto Morales. Os problemas globais obxecto de atención neste número constitúen un primeiro achegamento a asuntos que conforman boa parte da axenda universal e que reclaman unha atención específica tanto dos organismos internacionais como da propia sociedade civil. Non se trata de problemas novos, senón de vellos desafíos que afondan o contraste entre as posibilidades que brinda o actual desenvolvemento global e a escasa atención prestada a doenzas crónicas que din ben pouco da nobreza da condición humana. Tempo Exterior, a revista de análise e estudos internacionais que edita o Igadi e dirixe Xulio Ríos, analiza, na súa décimoterceira entrega, algúns dos problemas globais de maior calado do momento presente, concedendo unha especial atención ao problema da seguridade-soberanía alimentaria (Lara Barros, Gerardo Iglesias e Carlos Amorín), así como aos dereitos humanos (Yolanda Román), a educación (Manuel Dios) ou o futuro da débeda externa (Alberto Acosta e Óscar Ugarteche). O espazo intermedio deste número inclúe outros tres temas: unha radiografía do movemento altermundista (Manoel Santos), a visión do mar como espazo de conflito (Gonzalo Parente) e unha aproximación á diáspora armenia (Hacob Symonian), continuando coa evocación comparativa deste fenómeno universal e que xa, en números anteriores, permitiu achegamentos a problemáticas similares de Irlanda, México, Israel, Portugal, Italia, Cabo Verde, Moravia ou Lituania. A atención aos asuntos de maior actualidade inclúe referencias á nuclearización da península coreana (Eduardo Daniel Oviedo), ás perspectivas da cooperación Sur-Sur (Henrique Altemani de Oliveira) ou o balance da era de Tony Blair (Fernando Pérez-Barreiro), próxima a concluír. O número remata cunha reflexión teórica sobre modernidade periférica e mestizaxe diferencial en América Latina, da man de Mario Roberto Morales. Os problemas globais obxecto de atención neste número constitúen un primeiro achegamento a asuntos que conforman boa parte da axenda universal e que reclaman unha atención específica tanto dos organismos internacionais como da propia sociedade civil. Non se trata de problemas novos, senón de vellos desafíos que afondan o contraste entre as posibilidades que brinda o actual desenvolvemento global e a escasa atención prestada a doenzas crónicas que din ben pouco da nobreza da condición humana. Nota do director á edición: Este número de Tempo Exterior quere facer un primeiro achegamento ao que denominamos problemas globais, eses que conforman boa parte da axenda universal e que reclaman unha atención específica tanto dos organismos internacionais como da propia sociedade civil. Non se trata de problemas novos, senón de vellos desafíos que afondan o contraste entre as posibilidades que brinda o actual desenvolvemento global e a escasa atención prestada a doenzas crónicas que din ben pouco da nobreza da condición humana. Por exemplo, o último informe da FAO (Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación) é demoledor nas súas conclusións: o mundo non realizou progresos á hora de reducir a fame a pesar da promesa de hai dez anos de conseguir diminuíla á metade. Unha década despois do Cumio Mundial da Alimentación celebrado en Roma en 1996, onde, lembremos, todos os estados se comprometeron a reducir á metade o número de desnutridos en 2015, resulta que nos países en vías de desenvolvemento hai máis persoas pasando fame das que había en 1996. Segundo dixo o propio director xeral da FAO, Jacques Diouf, na presentación do informe. “En vez de decrecer, o número de persoas desnutridas no mundo está aumentando a razón de catro millóns por ano”, aseverou Diouf. Incluímos dúas reflexións (Gerardo Iglesias e Carlos Amorín, e Lara Barros), sobre o grave problema da alimentación. Ao carón delas, Alberto Acosta e Óscar Ugarteche dirixen a súa atención ao problema da débeda, suxerindo a creación dun Tribunal Internacional de Arbitraxe. Sobre os dereitos humanos, que nos últimos anos experimentaron un progreso contraditorio cando moitos agardabamos a súa confirmación como horizonte ético, pormenoriza Yolanda Román. Manuel Dios Diz, pola súa banda, achégase ao fenómeno educativo, onde radican moitas das esperanzas de cambio que fagan posible ese outro mundo alternativo sobre o que tamén reflexiona Manoel Santos. O número complétase con outras reflexións de interese. O ensaio de Mario Roberto Morales disecciona criticamente todas as teorías académicas eurocéntricas dos estudos históricos, raciais, sociolóxicos e relixiosos sobre as sociedades latinoamericanas. Fernando Pérez-Barreiro fainos un cumprido balance da era Blair no Reino Unido, dez anos no 10 de Downing Street que culminarán no próximo maio. E para completar, unha introdución á diáspora armenia (Hacob Symonian), unha reflexión sobre o mar como espazo de conflito (Gonzalo Parente), e dous traballos máis que inciden no compromiso de China e Brasil coa cooperación sur-sur (Henrique Altemani de Oliveira) e no papel de Beijing no contencioso nuclear norcoreano (Eduardo Daniel Oviedo), ambos autores integrantes da Rede Iberoamericana de Sinoloxía que impulsa e coordina o Igadi. Despois da derrota republicana o pasado novembro, comeza unha nova senda internacional en que cómpre albiscar outro xeito de afrontar a pesada herdanza configurada por Bush e os seus aliados: Iraq en situación de guerra civil, o rexurdimento talibán en Afganistán, o atasco palestino-israelí, Irán e Corea do Norte coas súas ambicións nucleares, etc. Unha axenda nefasta produto de seis anos de intimidación e extremismo da Administración Bush que reclama a volta a unha razón compartida e democrática. O director. | |
| < Ant. | Seg. > |
|---|

