| Biocombustíbeis e transxénicos |
| Silvia Ribeiro | |
| Xoves, 28 de Decembro do 2006 | |
|
[OMAL. Traducido por altermundo.org] Todas as empresas que producen cultivos transxénicos –Syngenta, Monsanto, Dupont, Dow, Bayer, BASF– teñen investimentos en cultivos deseñados especialmente para a produción de biocombustíbeis como etanol e biodiesel. Teñen, do mesmo xeito, acordos de colaboración neste eido con Cargill, Archer Daniel Midland, Bunge, trasnacionais que dominan o comercio mundial de grans. Na maioría dos casos, a investigación oriéntase a obter novos tipos de manipulación xenética de millo, cana de azucre, soia, entre outros, converténdoos en cultivos non comestíbeis, o que aumenta dramaticamente os riscos que xa conleva en si a contaminación transxénica. A escala mundial, empresas e gobernos están a facer unha intensa campaña para presentar os biocombustíbeis como alternativas ambientalmente amigábeis que axudarían a combater o cambio climático, ao substituír unha parte do consumo de petróleo adicado a combustíbeis para transporte. Mais a lóxica de fondo non é abandonar o petróleo nin cambiar os patróns de consumo que producen o cambio climático, senón aproveitar a coxuntura para crear novas fontes de negocios, promovendo e subsidiando a produción industrial de cultivos para eses fins. Xa hai estudos que amosan que os cultivos industriais de biocombustíbeis suscitan moitos problemas. Brian Tokar, do Instituto de Ecología Social de Vermont, Estados Unidos, dá conta de dúas análises recentes das universidades de Cornell e de Minnesota que mostran que o ciclo completo da produción de biocombustíbeis deixa un saldo ambientalmente destrutivo. Dado que o procesamento destes cultivos require unha cantidade significativa de enerxía a achega final de enerxía é moi limitada. Aínda que os biocombustíbeis substitúan nalgunha porcentaxe o uso de petróleo, necesítanse grandes áreas de produción agrícola industrial intensiva, incrementando o uso de agrotóxicos que erosionan e contaminan chan e auga, ademais de disputar esas áreas á produción de alimentos. Segundo o investigador Lester Brown (citado por Tokar), "agora son os autos, non a xente, os que demandan a produción anual de cereais. A cantidade de grans que se requieren para encher o tanque dunha camioneta SUV con etanol é suficiente para alimentar a unha persoa durante un ano". As productoras de transxénicos ven en todo isto unha excelente oportunidade para aumentar as súas ganancias e xustificar a manipulación xenética coma se fora ambientalmente beneficiosa. Os seus investimentos en biocombustíbeis inclúen o desenvolvemento de cultivos transxénicos con maior contido de azucres (para converter en etanol), de aceites (para biodiesel) e a inserción de xenes que expresan enzimas para facilitar o seu procesamento como combustíbeis. Syngenta traballa en colaboración con Diversa Corporation para desenvolver un millo que produce por si mesmo unha enzima que o converte en etanol, e que provén dunha bacteria extremófila que soporta altas temperaturas, tomada da colección de bacterias que esa empresa recolectou en varios países do mundo. Diversa ten unha colaboración similar con Dupont, que a través da súa subsidiaria Pioneer Hi-Bred desenvolve un millo con maior contido de almidón e celulosa. Para iso están usando unha enzima que provén dunha bacteria manipulada (Zymomonas mobilis), que se atopa en forma natural no agave. En ambos casos, a manipulación xenética compromete o uso do millo como cultivo alimentario, agregando riscos aos casos de contaminación que puidesen acontecer. Neste contexto é interesante lembrar que Diversa tiña ata 2001 un acordo "de bioprospección" co Instituto de Biotecnoloxía da Universidade Nacional Autonóma de México (UNAM) para explorar organismos extremófilos e bacterias únicas de México. Este contrato foi suspendido logo de que unha ampla coordinación de organizacións e personalidades iniciou unha demanda popular denunciando o contrato como biopiratería. Pese a isto, Diversa nunca regresou a México as mostras que tomou durante a curta duración do contrato. Sería paradoxal que as trasnacionais usasen microorganismos extraídos do noso país para primeiro manipular xeneticamente o millo e logo intentar vendelo aquí como un produto "ambientalmente amigábel". Lamentabelmente, a iniciativa de Lei para o Desenvolvemento e Promoción dos Bioenerxéticos, que xa discutiron ambas cámaras no Congreso en México, promove este desenvolvemento, co aval de todos os partidos. A xustificación da iniciativa copia os clichés que se repiten na propaganda das industrias para fomentar esta farsa. Pero ademais se argumenta que isto debería significar apoios para a produción agrícola de pequena escala. Ou sexa, se os campesiños que crearon o millo estiveran dispostos a sementar transxénicos con millo non comestíbel, que contaminaría tarde ou cedo o seu millo nativo, inutilizándolo, daríanlles apoio oficial. Ou, se fora con outros cultivos, como cana de azucre, tería de todos os xeitos que ser a expensas da produción de alimentos nas condicións impostas e segundo as demandas das trasnacionais dos agronegocios, que comprarán a quen lles ofreza máis barato en calquera parte do mundo, que para iso promoven este tipo de leis e programas ao tempo en moitos países. No canto de soberanía alimentaria, o que haberá serán máis subsidios para as multinacionais e máis ameazas transxénicas para o millo e as economías campesiñas. *Silvia Ribeiro é Investigadora do grupo Etc | |
| < Ant. | Seg. > |
|---|


.gif)



















Xulio Ríos-. A reforma da arquitectura financeira internacional está sobre a mesa. O obxectivo é dar cunha fórmula que impida a repetición das crises e asegure, ao tempo, unha maior participación dos países emerxentes nas institucións financeiras internacionais.
Entrevista a Christian Jacquiau, economista experto en "supermercadismo". Advirte da instrumentalización que as grandes superficies realizaron do comercio "xusto" e a agricultura "ecolóxica" para lavar a súa imaxe.
"Non se trata de consumir máis comercio xusto senón de preguntarse se necesitamos o que imos consumir". Esther Vivas e Xavier Montagut, da Rede de Consumo Solidario, mantiveron unha entrevista en liña cos usuarios de Canle Solidaria sobre consumo responsábel e do que pasa con calquera produto desde que se fabrica até que chega ás nosas mans. A continuación, reproducimos algunhas das preguntas xurdidas durante a entrevista na que explican o seu punto de vista sobre o consumo responsábel.