Un proxecto para unha nova América do Sur
Marcelo Netto Rodrigues   
Mrcores, 13 de Decembro do 2006

Cumio Social pola Integración dos Pobos de Cochabamba (Bolivia).

[Alai]

A asemblea final de conclusións do Cumio Social pola Integración dos Pobos –que contou coa visita inesperada do recentemente elixido presidente de Ecuador, Rafael Correa, e coa participación de deputados constituíntes de Bolivia– serviu para refrendar as propostas emanadas das 14 sesións temáticas discutidas no curso dos últimos tres días.

A asemblea asumiu un carácter de peche non-oficial do Cumio de Cochabamba, xa que, na práctica, o encontro remata mañá cun acto masivo convocado polo presidente boliviano Evo Morales.

Segundo a lista de delegados, o Cumio Social superou as expectativas. En total, 4.400 persoas participaron activamente dos paneis –cando eran esperadas só 3.000. En palabras de Blanca Chancoso, líder indíxena ecuatoriana que coordinou a asemblea, o Cumio Social pola Integración dos Pobos pode ser chamado como "Cumio do mundo, e non só da chamada América do Sur" –xa que a participación de delegados doutros continentes tamén foi alta.

As propostas que serán entregadas aos mandatarios de América do Sur trazan un proxecto popular para o continente tendo en conta 14 temas integrados. Militarización, auga, comercio, agricultura-terra-territorio, enerxía, revalorización da folla de coca, xustiza e impunidade, inmigración, infraestrutura, comunicación, financiamiento, medio ambiente, dereitos sociais, e pobos indíxenas.

Abaixo, só algunhas propostas, entre moitas máis, divididas por algúns dos temas.

Dereitos sociais

  • construción dunha Carta Social Suramericana, que garanta o acceso universal á reforma agraria, á alfabetización, á auga, á diversidade sexual;
  • unificación de campañas contra o fame, xa que a miseria do continente non é produto da escaseza, senón da mala distribución.

Enerxía

  • fortalecer as empresas estatais de enerxía;
  • nacionalizar as reservas enerxéticas dos países de América do Sur;
  • empregar o diñeiro excedente que provén do comercio de recursos fósiles non-renovábeis en novas matrices de enerxía renovábel;
  • acceso pleno de todos ao abastecemiento enerxético;
  • non aceptar financiamentos do Banco Mundial, por exemplo, para non continuar hipotecando as nosas riquezas;
  • a enerxía debe ser encarada como parte dun dereito humano ampliado.

Auga

  • a auga como un dereito humano e un ben cultural dos pobos;
  • excluír a auga de calquera acordo comercial;
  • establecer un diálogo rexional entre gobernos e movementos sociais para a creación dunha Convención Suramericana da Auga;
  • facer un mapa de todas as reservas hídricas do continente para garantir a súa protección;
  • que se prohiba ás mineras e petrolíferas en zonas de recarga de auga.

Inmigración

  • non tratar ao inmigrante como ilegal;
  • establecer unha cédula única de identidade para os países de América do Sur;
  • eliminación das prohibicións de residencias entre os países;
  • que se creen programas de alfabetización e capacitación aos inmigrantes
  • que se eliminen os impostos sobre as remesas de diñeiro para familiares.

Agricultura/terra/territorio

  • considerar as sementes como bens públicos da humanidade;
  • recoñecer o papel histórico das mulleres no proceso de mellora das sementes ao longo da historia.

Financiamiento

  • realización dunha auditoría suramericana da débeda;
  • creación dun Banco Solidario do Sur;
  • creación dun fondo de reserva;
  • creación dunha moeda única rexional.

Militarización

  • retirar as tropas da MINUSTAH que están en Haití;
  • que os gobernos suramericanos non envíen soldados para adestramento na Escola das Américas;
  • que o goberno de Ecuador non renove o convenio con Estados Unidos sobre a Base de Manta.

Infraestrutura

  • que a integración física do continente proposta pola Comunidade Suramericana de Nacións non sexa implementada no obxectivo de crear corredores de exportación, que pasarán a se converter en corredores de miseria se o obxectivo principal non é a integración dos pobos;
  • repensar os modelos de transporte, dando preferencia á construción de camiños de ferro para o transporte de persoas, no lugar de estradas;
  • reconstruír a rede ferroviaria e reactivar as empresas estatais;
  • garantir a Bolivia unha saída para o mar como un dereito;
  • creación dunha mariña mercante suramericana estatal;
  • creación dun Banco Suramericano de fomento, que rache os paradigmas clásicos deste tipo de institución.

Revalorización da folla de coca

  • contra a penalización internacional da folla de coca, que é descaradamente imposta xa que documentos científicos que comproban as súas características positivas son solemnemente ignorados;
  • que as Nacións Unidas (ONU) presenten a totalidade dos estudos sobre a folla de coca;
  • que a folla de coca sexa suprimida da lista de estupefacientes, xa que ela representa a vida e forma parte da cultura dos pobos indíxenas;
  • que a sagrada folla de coca sexa considerada patrimonio cultural dos pobos orixinarios xa que é alimento, vida e soberanía.
* Marcelo Netto Rodrigues é xornalista de Brasil de Fato/Minga Informativa
 
< Ant.   Seg. >