| Venezuela e o socialismo do século XXI |
| Alfredo Iglesias Diéguez | |
| Martes, 12 de Decembro do 2006 | |
|
A noite do domingo 3, Hugo Chávez, seguro xa da súa reelección, proclamaba dende o balcón do Palacio de Miraflores o comezo dunha nova época que "terá, como idea e forza central, a profundización, ampliación e expansión da revolución bolivariana e da democracia revolucionaria na vía venezolana cara ao socialismo", un proxecto político para o que conta co apoio maioritario da poboación expresado en 7.161.637 votos, o que quere dicir o 62,89% do electorado. Agora ben, ¿en que consiste a vía venezolana cara ao socialismo? Basicamente en dúas cousas: satisfacer as necesidades básicas da poboación e outorgarlle o poder de decisión ao pobo. Así, para satisfacer o primeiro dos obxectivos, o goberno da nación e a Asemblea Nacional están a aproveitar as importantes reservas petrolíferas e mineiras coas que conta Venezuela para desenvolver un conxunto de medidas lexislativas e de programas sociais, como a comercialización de alimentos de calidade a baixo prezo para manter abastecida a poboación venezolana con menos recursos económicos, o achegamento de asistencia sanitaria (mesmo oftalmolóxica e odontolóxica) á poboación marxinada dos barrios e das periferias urbanas, a erradicación do analfabetismo, a inclusión no sistema educativo de toda a poboación venezolana de acordo coas capacidades persoais e independentemente dos seus recursos económicos, o desenvolvemento dun urbanismo integral no que as familias e as comunidades dispoñen dun hábitat digno e dos servizos educativos e sanitarios precisos, a restitución de dereitos aos pobos indíxenas do país..., que teñen como único obxectivo garantir o benestar social da maioría da poboación venezolana. Así mesmo, para satisfacer o segundo dos requisitos, o Estado está a promover dúas estratexias que favorecen a participación cidadá na toma de decisións: as asembleas cidadás, que son a máxima autoridade comunal, e o cooperativismo e a participación dos traballadores na xestión empresarial, logrando dese xeito o fortalecemento da democracia venezolana ao facer que o pobo sexa o protagonista da historia e ao crear as condicións para que se constrúa un novo Estado dende abaixo, como sinala Marta Harnecker no seu libro Reconstruyendo la izquierda (El Viejo Topo, 2006). En definitiva: pan, paz e República. Velaí a razón pola que o presidente Chávez, aínda que poida atopar apoios entre os grupos sociais máis acomodados e formados, atopa o seu apoio maioritario entre as clases máis desfavorecidas da poboación, como proba a análise dos resultados electorais achegada polo profesor da Universidade dos Andes Jorge Davila Rojas, que é moi clarificadora a ese respecto: nos estados nos que a pobreza afecta a máis do 40% dos fogares, o apoio obtido polo presidente Chávez foi superior ao 70%; naqueles nos que a pobreza se sitúa entre un 30% e un 40% dos fogares, Chávez obtivo entre o 60% e o 70% dos votos; finalmente, naqueles nos que o número de fogares en situación de pobreza non supera o 30%, obtivo entre o 50 e o 60% dos votos. •
| |
| < Ant. | Seg. > |
|---|











.gif)









Esther Vivas-. A crise alimentaria deixou sen comida a miles de persoas en todo o mundo. Á cifra de 850 millóns de famentos, o Banco Mundial engade cen máis froito da crise actual. O "tsunami" da fame non ten nada de natural, senón que é resultado das políticas neoliberais impostas durante décadas polas institucións internacionais. Hoxe, o problema non é a falta de alimentos senón a imposibilidade para acceder a eles debido aos seus altos prezos.
Entrevista a Christian Jacquiau, economista experto en "supermercadismo". Advirte da instrumentalización que as grandes superficies realizaron do comercio "xusto" e a agricultura "ecolóxica" para lavar a súa imaxe.
Esther Vivas-. A gran distribución comercial (supermercados, hipermercados, cadeas de desconto ...) experimentou nos últimos anos un proceso, sen precedentes, de expansión, crecemento e concentración industrial. 