| Chávez imponse co 61,35 % |
| Telesur | |
| Domingo, 03 de Decembro do 2006 | |
|
[TeleSUR / Aporrea] 3 Dec.- O actual presidente de Venezuela, Hugo Chávez, conseguiu unha ampla vantaxe sobre o seu contrincante Manuel Rosales e se perfila como o gañador das eleccións presidenciais celebradas este domingo. O Consello Nacional Electoral (CNE) de Venezuela anunciou no primeiro boletín oficial que o candidato á reelección, Hugo Chávez, aventaxa con 61,35 por cento dos votos ao seu contrincante Manuel Rosales quen obtivo 38, 39 por cento, cando se escrutara o 78, 31 por cento das actas. O anuncio divulgado polas autoridades electorais en cadea nacional revelan a vitoria do actual xefe de Estado venezolano que conducirá os destinos dos habitantes do país suramericano até o ano 2.013. A elección presidencial pechou oficialmente ás 16.00 hora local (20:00 GMT), con todo, as mesas de votación mantivéronse abertas mentres houbo electores nas filas. As autoridades electorais afirmaron que o proceso foi transparente, malia afirmacións do aspirante Manuel Rosales, de 53 anos, sobre algunhas irregularidades como un atraso na apertura de mesas e o mal funcionamento dalgunhas urnas electrónicas. Pese ás denuncias, millóns de venezolanos fixeron longas colas e exerceron o seu voto para elixir a un novo presidente da República. Entrada a noite, algúns simpatizantes do oficialismo lanzaban lumes artificiais no centro de Caracas, en sinal da vitoria obtida ante os opositores. Chávez gañouse o apoio dos sectores máis empobrecidos da poboación co impulso de diversos plans sociais nas áreas de saúde, educación e alimentación entre outros aspectos. O xefe de misión de observadores da Organización de Estados Americanos (OEA), Juan Enrique Fischer, destacou o clima de normalidade e ''a gran afluencia'' de electores, aínda que confirmou os atrasos rexistrados nalgunhas mesas de votación, así como certos incidentes illados que se están a investigar. Os venezolanos agolpáranse dende a madrugada diante dos centros de votación, que abriron ás 06.00 hora local (1000 GMT). Ás 03.00 da madrugada, seguidores de Chávez en camións e autos con megáfonos tomaron as rúas de Venezuela para emitir o toque de diana á poboación e sinalar aos seus seguidores que se achegaba a hora de votar.• |
| < Ant. | Seg. > |
|---|
