Inscrición de actividades para o FSM 2007 prorrogadas
FSM   
Xoves, 30 de Novembro do 2006

O prazo límite para inscribir actividades autoxestionadas para o FSM 2007, en Nairobi, Kenya, entre os días 20 e 25 de xaneiro de 2007, foi prorrogado para o dia <13>de decembro

Atención: non o deixe para a última hora, o sistema de inscrición acostuma ser lentos nos días que anteceden o prazo final.

As actividade autoxestionadas son aquelas organizadas por entidades inscritas no FSM 2007 e que están de acordo coa Carta de Principios. A(s) organización(s) propoñente(s) deverá(n) definir o título da actividade, o seu tipo (seminarios, oficinas, conferencias etc.), os seus poñentes, así como encargarse de convidalos, alén de providenciar equipamentos eventualmente necesarios para a actividade (proxector de diapos, power point etc.) O comité organizador local garantirá o espazo para que a(s) actividade(s) sexa(n) realizada(s) e sua divulgación no programa.

Vexa o paso a paso para facer a inscrición de actividades:

a) Primeiro rexistrese como usuario no sitio www.wsfprocess.net (nese sitio, clique no menu á esquerda da pantalla en “New user”).

b) Coo nome de usuario (login name) e contrasinal (password) escolleitos, faga o login no sitio e rexistre a sua organización ou grupo.

c) Depois, clique no menu á dereita no escritorio en “Register activities”. Seleccione o nome da organización ou grupo que vostede rexistrou. De seguido, preencha a ficha de actividades. Na primeira etapa, serán solicitados datos xerais sobre a actividade (título, poñentes, obxectivos). Na segunda etapa, serán solicitados datos específicos e informacións para o planexamento loxístico de Nairobi.

d) Caso de que a súa organización aínda non teña todas as informacións sobre a(s) actividade(s) a realizar no FSM 2007, poderá retornar á ficha posteriormente para actualizala. Para iso, logo de facer o login no sitio e seleccionar o nome da organización ou grupo inscrito (á dereita), vostede debe clicar no título da actividade a ser modificada e, en seguida: en “edit” (logo enriba do título). Faga as modificacións desexadas e, de seguido, clique no botón “Save”, no final da ficha. Para eliminar unha actividade, no canto de edit, clique en “action” e, de seguido, en “delete”.

Inscricións de individuos, organizacións e medios

As inscricións somentes de individuos e medios continuas disponíbeis ao longo de decembro. Os formularios de inscricións están disponíbeis no site do evento FSM 2007 (www.wsf2007.org), no link: http://wsf2007.org/registrations

Outras informacións sobre inscricións tamém poden ser obtidas neste sitio, na sección Como participar.

Vexa tamén a segunda edición do boletín do FSM 2007

Para as dúbidas máis comúns sobre o FSM 2007, clique AQUÍ.


FSM
Sobre o autor ou autora:
Información do Fórum Social Mundial
 
< Ant.   Seg. >