Neoliberalismo e cambio climático
Jonathan Martínez   
Xoves, 09 de Novembro do 2006

[Rebelión. Traducido por altermundo.org]

Os resultados do último informe sobre o cambio climático elaborado polo economista Nicholas Stern a petición do goberno británico alborotaron á opinión pública. Di Stern que a terra se quenta a unha velocidade inverosímil e que nos agarda un futuro ruinoso de catástrofes no que non faltarán os desxeos de glaciares, as secas e os furacáns. Ante estes augurios, todos os titulares de prensa encargáronse de arroxar informacións máis ou menos apocalípticas sobre o quecemento global, pero sempre cunha mensaxe común: que o cambio climático non é tanto un desastre medioambiental como un desastre económico. Porque segundo o informe de Stern, se avecina un cataclismo financeiro similar ao da Gran Depresión ou a Segunda Guerra Mundial.

A economía é o novo pucho de ouro da postmodernidade e todo parece estar sometido á disciplina do mercado. O informe do goberno británico fala de douscentos millóns de refuxiados medioambientais, e con todo, todo o debate se centrará en cuestións puramente monetarias. Os pobos máis desfavorecidos serán as primeiras vítimas dun sistema neoliberal que cedeu o goberno das nosas vidas aos grandes poderes económicos en detrimento das institucións públicas. Secuestraron a política. Agora máis que nunca existe unha colisión de intereses entre unha cidadanía que esixe unha xestión intelixente e xusta dos recursos naturais e un sistema económico disposto a apurar o noso planeta ata os pousos no nome do progreso.

É un bo momento para pegar un volantazo e orientar o rumbo das políticas enerxéticas. En 2012 caducarán os compromisos adquiridos en Kioto e será necesario afrontar un novo acordo internacional sobre o cambio climático que sen dúbida estará marcado pola carestía do petróleo e polo afán de protagonismo dos promotores nucleares. Por iso é necesario manter a vixilancia e non perder de vista a verdadeira orixe do desequilibrio climático. O timón do planeta debe recaer nas enerxías sostíbeis e en programas de eficiencia enerxética, pero mentres non fagamos tremer os cimentos do neoliberalismo, calquera folla de ruta que deseñemos para o noso planeta estará condenada ao fracaso máis estrepitoso.•

*Jonathan Martínez é responsábel da Secretaría de Medio Ambiente de Ezker Batua-Berdeak
 
< Ant.   Seg. >