Obxectivos xerais para o FSM 2007
FSM   
Luns, 06 de Novembro do 2006

Na reunión do Consello Internacional do Fórum Social Mundial, en Parma (Italia), foi presentado o resultado final da consulta sobre accións, campañas e loitas, preparatoria ao programa de Nairobi (Kenya).

A consulta, realizada entre xuño e agosto, posibilitou a identificación de 9 obxectivos xerais, ao redor dos que serán organizadas as actividades propostas polas organizacións participantes no FSM. A seguir amosamos os ditos obxectivos:

  1. Pola contrución dun mundo en paz, xustixa, ética e respecto polas espiritualidades diversas
  2. Pola liberdade no mundo dominado polas multinacionais e o capital financeiro 
  3. Polo acceso universal e sustentábel aos bens comúns da humanidade e da natureza
  4. Pola democratización do coñecemento e da información
  5. Pola dignidade, diversidade, garantia da igualdade de xénero e eliminación de todas as formas de discriminación
  6. Pola garantía dos dereitos económicos, sociais, humanos e culturais, especialmente os dereitos á alimentación, saúde, educación, emprego, vivenda e traballo digno
  7. Pola construción dunha orde mundial baseada na soberanía, na autodeterminación e nos dereitos dos pobos
  8. Pola construción dunha economía centrada nos pobos e na sustentabilidade
  9. Pola construción de estruturas políticas realmente democráticas e instituicións coa participación da poboación nas decisións e control dos negocios e recursos públicos

FSM
Sobre o autor ou autora:
Información do Fórum Social Mundial
 
< Ant.   Seg. >