| Noruega anula a débeda de varios países |
| Jostein Hole Kobbeltvedt | |
| Venres, 06 de Outubro do 2006 | |
|
É o primeiro goberno acredor que recoñece responsabilidade na xestión dos préstamos fracasados.
[CADTM] Noruega tomou o pasado 2 de outubro unha decisión sen precedentes con relación á débeda. Anunciou que anulará a débeda de Ecuador, Perú, Xamaica, Exipto e Sierra Leoa, que tivo a súa orixe no errado esquema de créditos á exportación de fins dos anos 70. SLUG (Campaña Noruega para a Cancelación da Débeda do Terceiro Mundo), a Campaña Noruega da Débeda, e a Axuda da Igrexa de Noruega, argumentaron durante unha chea anos que esta débeda é ilegítima. Cremos que é significativo que Noruega agora cancele a débeda:
Poden atopar o comunicado de prensa do goberno noruego en: http://www.odin.dep.non/ud/english/news/news/032171-070886/dok-bn.html Para información dos antecedentes e máis comentarios de EURODAD vexa: http://www.eurodad.org/articles/default.aspx?ide=737 Vemos isto como desenvolvemento que abre cimentos, xa que nos introduce aos temas de débeda ilexítima e responsabilidade do acredor. Malia que o goberno non está describindo a débeda explícitamente como ilexítima é, con todo, o primeiro goberno acredor en recoñecer a súa responsabilidade nun proxecto de préstamo fracasado. Isto tamén se reflicte na cancelación unilateral e incondicional da débeda fóra da ODA (Axuda Oficial para o Desenvolvemento). Cremos que ao facelo deste xeito, aínda que non estean eles mesmos empregando explícitamente a palabra ilexítima, están abrindo o camiño para que a sociedade civil faga esta relación. Está tamén claro que sen a nosa campaña sobre a débeda ilexítima, inspirada polos nosos compañeiros do Sur, nunca obteriamos esta decisión na que o goberno noruego, en realidade, vai de contraman co club de París. Isto debe ser utilizado polo seu propio mérito... Calquera declaración nos seus sitios Web, comunicados de prensa, cartas, ou calquera outra acción que poida axudar a aumentar a atención ao redor desta decisión, ligalas aos temas de ilexitimidade e responsabilidade do acredor, e invitar outros países para seguir o exemplo, será moi benvida e de importancia estratéxica. *Jostein Hole Kobbeltvedt é participante do movemento contra a débeda en Noruega. |
| < Ant. | Seg. > |
|---|
