I Foro Social Internacional sobre "Sabedorías ancestrais"
Altermundo   
Luns, 02 de Outubro do 2006

SETE MIL MILLÓNS DE RAZÓNS PARA VOLVER A REUNIRNOS

12 ao 15 de Outubro 2006 en Komunidad JANAJPACHA, Cochabamba, BOLIVIA.

Como transformar o mundo sen transformarnos? Como construír un presente diferente sen reconstruír a nosa identidade, nin recuperar a nosa herdanza ancestral? Como converter esta confluencia social en iniciativas contestatarias que fertilicen novas resistencias?

CONVOCAMOS A PERSOAS E GRUPOS QUE SE OPOÑEN A ESTE SISTEMA INXUSTO E DEPREDADOR, A MOVEMENTOS SOCIAIS E INTELECTUAIS COMPROMETIDOS CO CAMBIO, A @MOZO REBELDES, A MULLERES NON SUMISAS, A TODOS Os QUE ESTÁN ENCARNANDO O CAMBIO E SOÑANDO UN MUNDO MELLOR. TRÁTASE DUN FESTIVAL DE TRANSFORMACIÓN, DUNHA FESTA DE RESISTENCIAS, DUNHA CONFLUENCIA DE DISIDENCIAS. TRÁTASE DE CONTINUAR DESLEXITIMANDO AO SISTEMA, DESCUBRINDO A SÚA FACETA INHUMANA, DESTRUTORA DA VIDA E DA NAI TERRA E XESTANDO XUNTOS NA NOSA DIVERSIDADE NOVAS ALTERNATIVAS DE VIDA, PORQUE UN MUNDO NOVO, AÍNDA É POSÍBEL.

EIXES TEMÁTICOS:

  1. ARQUITECTURA E TECNOLOXÍAS ALTERNATIVAS (Recuperando formas de construción indíxena e ecolóxica. Uso popular de enerxías alternativas e tecnolóxicas ancestrais).
  2. EDUCACIÓN ALTERNATIVA E CONSCIENTIZADORA (Desenmascarar o eurocentrismo e o neocolonialismo. Revalorizar os saberes ancestrais e a construción de identidades).
  3. ECONOMÍA ALTERNATIVA (Globalización. Autoxestión de empresas populares. Que tipo de desenvolvemento económico necesitamos?. A Humanización do traballo).
  4. COMUNITARISMO (Reciprocidade e solidariedade. Ayni, Ayllu e a recuperación da tradición comunitaria andina. Municipios rurais etno-ecolóxicos e comunitarios. Construción da nosa América como civilización emerxente).
  5. O FEMININO E A SAÚDE INTEGRAL (Revalorizando os alimentos nativos. Menciñas Indíxenas e Alternativas. Soberanía alimentaria e medicinal. Abolindo o Patriarcado, repensando e recuperando o PODER FEMININO).
  6. ECOLOXÍA SOCIAL (¿Recursos naturais ou Nai Terra?. Modelos depredadores, ecocidio e ética etno-ecolóxica. Creación do Movemento Anti-consumista).
  7. AGRICULTURA SAUDÁBEL (ALCA, patentamento de sementes e a fame. Recuperando a agricultura ancestral e alternativa.)
  8. RECUPERANDO O SAGRADO (Cosmovisións e sabedorías ancestrais. Rituais e diálogos interculturais dende o máxico. Ética e cambio de consciencia. Espiritualidade e relixiosidade prehispánica).


LUGAR:

Todo o FORO se vai realizar en catro ambientes da KOMUNIDAD ECOLÓGICA JANAJPACHA, na provincia de Quillacollo, en Cochabamba, Bolivia.

O EVENTO CONSTARÁ DE CONFERENCIAS, DEBATES, MESAS REDONDAS, OBRADOIROS, TESTEMUÑOS, PRESENTACIÓNS ARTÍSTICAS E CULTURAIS, durante doce horas, os catro días marcados.


INFORMES E RESERVAS:

Teléfonos: (591) (4) 4261234 e 4264324

Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver

Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver

Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver

WEB DO FORO


As inscricións realizaranse directamente na Comunidade, ao comezo do evento e dende os tres días previos. Cota para estranxeiros por día: dez dólares ou o seu equivalente en moeda nacional. Inscrición para nados en Bolivia: dez bolívares por día. As RESERVAS poden realizarse desde XA vía Internet ou por teléfono.

Organizadores: Movemento Ecologista Pachamama, Movemento TAWA, Círculo Feminino AMAZONANDINA e Komunidad Ecológica Janajpacha

Somos dos que traballamos para que un MUNDO NOVO SEXA POSIBLE

BENVIDOS OS CONSTRUTORES DUN MUNDO DIFERENTE


Altermundo
Sobre o autor ou autora:
Artigo inserido ou creado por Altermundo.org
Ler máis >>
 
< Ant.   Seg. >