Foro Internacional dos Pobos
Foro Internacional dos Pobos   
Venres, 22 de Setembro do 2006

O Foro Internacional dos Pobos (FIP) non puido celebrarse en Singapur, onde se xuntaban o Banco Mundial e o FMI a mediados de setembro. Nese país as reunións e manifestacións na rúa están prohibidas. O FPI optou entón pola veciña Indonesia e desenvolveu o Foro de Batam, dende o que emitiron este comunicado.

[Tirado de Rebelión. Traducido por altermundo.org]

O pasado 17 de setembro concluíu o Foro Internacional dos Pobos (FIP) contra o FMI e o Banco Mundial, que foi convocado en Batam do 15 ao 17 de Setembro. Máis de 500 indonesios e ao redor de 200 persoas de 25 países representando polo menos a 100 organizacións participaron do mesmo.

O FPI, como outros foros similares demostrou exitosamente ao mundo que moitas e variadas organizacións da sociedade civil e movementos sociais poden reunirse en paz e unidade, e soster debates significativos, profundos e informados sobre as políticas e prácticas das Institucións Financeiras Internacionais (IFIs).

Malia os moitos obstáculos sufridos polos convocantes e participantes do FIP para organizar e viaxar ao Foro, reunímosnos nun espírito de solidariedade e cooperación para compartir información e desenvolver estratexias sobre aspectos críticos que viven as comunidades e pobos afectados polas operacións do Banco Mundial e o FMI.

Atopamos ao Banco Mundial e ao FMI responsábeis de políticas e accións que levan á intensificación da pobreza e as privacións, a violación dos dereitos humanos, o recorte de liberdades políticas e sociais básicas, o debilitamiento das soberanías nacionais e a gobernancia democrática, e a subversión do dereito ao desenvolvemento.

Instamos a prestar atención aos numerosos obstáculos que atopamos na preparación do Foro, que, entre outras cousas, obrigáronnos a cancelar as actividades na vía pública e foron a causa de que polo menos 100 representantes internacionais tivesen que suspender a súa participación. Os nosos informes indican que polo menos a 54 individuos de 17 organizacións foilles prohibida a entrada a Singapur, ou foron detidos no aeroporto de Singapur, suxeitos a interrogatorios baixo custodia e desafortunadamente moitos deles, deportados. Peor aínda, moitos continúan tendo problemas ao pasar en tránsito por Singapur para viaxar ás súas casas. Aínda estamos a esperar algunha explicación do goberno de Singapur e/ou do Banco Mundial e o FMI do motivo destes acontecementos.

Reprochamos ao Banco Mundial e ao FMI por non cumprir as súas promesas de comprometerse respetuosa e abertamente coas organizacións da sociedade civil. A credibilidade destas promesas foi severamente danada desde que o BM e o FMI se decataron das restricións que o goberno de Singapur poñería á liberdade de reunión da sociedade civil durante as Reunións Anuais. Ao resultar obvio que Singapur non permitiría o Foro dentro das súas fronteiras, mudamos o FIP a Batam en Indonesia.

Comprometémosnos solidariamente con aqueles que loitan para construír unha sociedade civil vibrante en países que restrinxen dereitos esenciais tales como a liberdade de expresión e apreciamos ao goberno de Indonesia por permitirnos realizar o noso Foro en Batam.

Respondendo á prohibición e maltratos recibidos polos nosos compañeiros, lanzamos un boicot ao convenio oficial entre o Banco Mundial e o FMI coa sociedade civil durante as Reunións Anuais. Despois que se levantara a prohibición sobre os individuos, reafirmamos o chamamento ao boicot e definimos como "moi pequenas e moi tarde" as accións do goberno de Singapur. Todas e cada unha das organizacións participantes, re-examinarán a súa relación co Banco Mundial e o FMI e os nosos futuros compromisos con eles, sen esquecer facelos responsábeis polos impactos negativos das súas operacións.

Como resultado das nosas análises do Banco Mundial e o FMI, e dadas as nosas experiencias da semana pasada, esiximos o seguinte:

PRIMEIRO

Con respecto ás políticas e prácticas do Banco Mundial e o FMI, reafirmamos noso chamamento á Acción Global Contra as IFIs. Recalcamos en particular a necesidade urxente de:

  • Anulación do 100% da Débeda Multilateral;
  • Auditorias externas abertas, transparentes e participativas das políticas e préstamos das IFIs;
  • Deter a imposición de políticas condicionantes que socavan a soberanía económica e exacerban as crises de saúde e educación;
  • Non continuar coa privatización dos servizos públicos, e
  • Poñer fin ao involucramiento das IFIs en proxectos destructivos do medioambiente.

SEGUNDO

Respondendo ás restricións impostas á iniciativa do FIP:

  • Esiximos unha explicación de porque o Banco Mundial e o FMI seguiron con Singapur como sé das súas Reunións Anuais cando as restricións sobre a participación da sociedade civil fixéronse evidentes con antelación.
  • Esiximos unha revelación completa da información pertinente á participación da sociedade civil, incluíndo o Memorándum de Entendemento entre o Banco Mundial e o goberno de Singapur e as listas oficiais e extraoficiais dos "individuos prohibidos".

TERCEIRO

Para asegurar a completa transparencia e responsabilidade das IFIs cos pobos e comunidades afectados polas súas operacións:

  • Facemos un chamamento a todos os gobernos membros do Directorio do Banco Mundial e do FMI a facer responsábeis a estes organismos polas consecuencias das súas políticas e proxectos sobre os dereitos humanos, a igualdade, e a sustentabilidade do desenvolvemento.

 

*Promoción da Campaña Continental contra o ALCA:
http://movimientos.org/noalca/

________________________________________
"Sí a la vida, No al ALCA.
Otra América es posible."

Secretaría Operativa: Campaña Continental contra ALCA / ASC
Rua Formosa, 367 - 4to andar, cj 402
Centro - São Paulo/SP
CEP 01049-000
Brasil
Tels. +55 11 21040767/8

 

 
< Ant.   Seg. >