Iniciativa pola Soberania Alimentar dos Pobos
Foro Social Galego
México rachado
Ignacio Ramonet   
Martes, 22 de Agosto do 2006

[Tirado de Le Monde Diplomatique. Traducido por altermundo.org] 

Unha fraude masiva. E indiscutíbel. José Manuel Barroso, presidente da Comisión Europea así o admitiu. Os vinte e cinco ministros de Asuntos Exteriores da Unión Europea expresaron a súa "grave preocupación". "É importante que transmitamos da forma máis clara posíbel a inquietude da Unión Europea e a de todos os Estados membros sobre o resultado da elección presidencial", declarou o ministro neerlandés de Asuntos Exteriores.

Reporteros Sen Fronteiras lembra que "esta elección ten lugar tras catro anos dunha degración continua e sen precedentes da prensa no país". En Washington, personalidades como Colin Powell, Henry Kissinger e Zbigniew Brzezinski afirmaron que os Estados Unidos non podían admitir os resultados oficialmente. O Nacional Democratic Institute (NDI), presidido medo Madeleine Albrigth, antiga secretario de Estado; a Freedom House, dirixida por James Woolsey, antigo xefe da CIA; o American Entreprise Institute, impulsado por o expresidente Gerald Ford; e ata o Open Society Institute, dirixido por George Soros, denunciaron "manipulacións masivas" e reclaman "sancións económicas". O senador Richard Lugar, presidente da comisión de Asuntos Exteriores do Senado e enviado especial do presidente George Bush, non dubidou en falar abertamente de "fraude": "Está claro que houbo un vasto e concertado programa de fraudes o día da elección, quer baixo a dirección das autoridades, quer coa súa complicidade".

Frotan os ollos? Pregúntanse como lles puideron escapar semellantes declaracións á mantenta da recente elección presidencial en México? Teñen toda a razón para quedar abraiados. Ningunha das personalidades ou institucións citadas anteriormente denunciou o que acaba de pasar en México. Todos os comentarios anteriores -auténticos-, concernen á elección presidencial do 23 de novembro de 2004... en Ucraína (1).

A "comunidade internacional" e as habituais "organizacións de defensa das liberdades", as mesmas que estiveron tan activas en Serbia, en Xeorgia, en Ucraína e máis recentemente en Bielorrusia, seguen mudas, por así dicilo, ante o "golpe de Estado electoral" que ten lugar ante os nosos ollos en México (2).

Imaxínanse o clamor planetario se, pola contra, esta mesma elección se desenvolvera, por exemplo, en Venezuela e se o vencedor -por unha diferenza de a penas un 0,56% dos votos- fose... o presidente Hugo Chavez? O escrutinio mexicano de 2 de xullo opoñía a dous candidatos principais: Felipe Calderón, do Partido de Acción Democrática (PAN, de dereitas e católico, no poder), declarado vencedor (provisionalmente) do escrutinio polo Instituto Federal Electoral (IFE) e Andrés López Obrador, do Partido da Revolución Democrática (PRD, de esquerda moderada).

Moito antes do inicio da campaña, estaba claro para o presidente Vicente Fox (PAN) e as autoridades no poder que López Obrador co seu programa de loita contra a pobreza era o candidato a bater. Por todos os medios. Desde 2004, unha manobra, a base de cintas de video clandestinas difundidas polas cadeas Televisa e TV Azteca, adquiridas polo poder, trataban de desacreditar a López Obrador. Esa manobra foi inútil.

Ao ano seguinte, baixo o extravagante pretexto de non respectar as normas legais de construción dunha vía de acceso a un hospital, era condenado, encarcelado, e privado do dereito a presentarse ás eleccións. Manifestacións masivas de apoio acabaron por obrigar ás autoridades a restablecerlle os seus dereitos.

A operación de acoso e derribo proseguiu. E acadou un grao delirante no curso da campaña electoral (3). E aínda máis a medida que un vento de pánico sopra sobre as oligarquías latinoamericanas (e sobre a administración dos Estados Unidos) dende que a esquerda triunfa (case) por todas partes: en Venezuela, no Brasil, no Uruguai, na Arxentina, en Chile, en Bolivia... E que as novas alianzas non exclúen a Cuba (4).

En tal contexto, a vitoria de López Obrador (o tribunal electoral resolverá o próximo 6 de setembro) tería consecuencias xeopolíticas importantes de máis. E, xa que logo, non a desexan nin a patronal nin os grandes medios de comunicación mexicanos. Nin Washington. A ningún prezo. A risco de sacrificar a democracia. Porén, López Obrador e o pobo mexicano non dixeron a súa última palabra.•

Notas:
(1) A idea de comparar as reaccións entre as eleccións de México e as de Ucraína se de James K. Galbraith, en "Doing Maths in Mexico", The Guardian , Londres, 17 de xullo de 2006.
(2) No que se refire á realidade e a magnitude das fraudes, ler, por exemplo, o informe de 17 de xullo de 2006 do Centro dos Dereitos Humanos Frei Bartolomé das Casas ( www.sipaz.org/documentos/obsddcp/elec0606_s.html ).
(3) Sobre a violencia dos ataques, ler John Ross, "All Against López Obrador". Counterpunch, 6 de abril de 2006
(4) Ler Bernard Cassen, "Unha nova América Latina exprésase en Viena", Le Monde diplomatique, edición española, xuño 2006.
*Ignacio Ramonet. Galego. Director de Le Monde Diplomatique. Tamén cofundador de ATTAC, Media Watch Global e promotor do Foro Social Mundial.

Ignacio Ramonet
Sobre o autor ou autora:
Director de Le Monde Diplomatique
Ler máis >>
 
< Ant.   Seg. >
Galicia Hoxe
PuntoGal