O FSGal xa ten programa definitivo
Altermundo   
Luns, 17 de Novembro do 2008

 O FSGal 2008 contará con 12 actividades organizadas por 32 movementos sociais mais 2 plenarios. Asemade, existen espazos transversais de audiovisuais, comunicación (con máis de 10 horas de proxección continua de audiovisuais e até 14 presentacións de iniciativas, publicacións e campañas) e mais unha programación cultural paralela.

A inauguración será o venres 5 de decembro, ás 18:30 horas, no AUDITORIO DE GALIZA (Sala Mozart).

Os debates vanse desenvolver no AUDITORIO DE GALIZA e mais na FACULTADE DE FILOLOXÍA DA USC.

EXISTEN CINCO SESIÓNS:

  1. Sesión primeira: sábado 6 de decembro; 9:30 a 12:00 horas. Facultade de Filoloxía. 3 actividades: aulas 7, 8 e 9
  2. Sesión segunda: sábado 6 de decembro; 12:30 a 14:00 horas. Facultade de Filoloxía. 2 actividades: aulas 10, e 12. 1 plenario: aula 11
  3. Sesión terceira: sábado 6 de decembro; 16:30 a 18:30 horas. Facultade de Filoloxía. 4 actividades: aulas 7, 8, 11 e 12
  4. Sesión cuarta: sábado 6 de decembro; 19:30 horas. Auditorio de Galiza. 1 sesión plenaria: sala Mozart
  5. Sesión quinta: domingo 7 de decembro; 10:00 a 12:30 horas. Facultade de Filoloxía. 3 actividades: aulas 10, 11 e 12

ASEMBLEA DE MOVEMENTOS SOCIAIS. Domingo 7, ás 12:30 horas na Sala Braxe do Auditorio de Galiza.

No Burgo das Nacións intalarase a CARPA DE MOVEMENTOS SOCIAIS, amais de espazos de xantar, cafe...

CALQUERA ACLARACIÓN, PREGUNTA OU SUXESTIÓN a: \n Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver

LISTAXE DE ACTIVIDADES DEFINITIVAS

MAPA DOS ESPAZOS DO FSGAL

NOVOS MATERIAIS DO FSGAL


Altermundo
Sobre o autor ou autora:
Artigo inserido ou creado por Altermundo.org
Ler máis >>
 
< Ant.   Seg. >