Plataforma Galega Antitransxénicos
Bolivia, no centro do mundo
Susan George: "A reunión do G-20 non servirá para moito"
Galicia Hoxe   
Venres, 14 de Novembro do 2008

Susan George lendo Altermundo en Compostela (13/11/2008)A líder altermundista presentou onte en Santiago a súa proposta de "New Deal Ecolóxico". Os políticos do cumio do sábado "carecen de lexitimidade e non representan os cidadáns". "Dirán que non teñen cartos, e iso é unha parvada porque o mundo está bañado en diñeiro", asegurou.
A social -de pobreza e desigualdade-, a financeira e a climática. Estas son, na opinión da líder altermundista Susan George as tres crises que existen actualmente no planeta. Cada unha delas "aliméntase e refórzase coa outra", polo que compre "aproveitar a oportunidade que representa a crise financeira para reverter tamén as outras dúas", u- nha oportunidade "tremenda que non vai durar moito tempo". Así o explicou onte a presidenta honoraria de Attac-Francia en Santiago, onde presentou onte á tarde a súa proposta de "New Deal Ecolóxico".

Susan george lendo Altermundo en CompostelaNeste contexto afirmou que o cumio do G-20 deste sábado "non valerá de moito". Este tipo de reunións, caso do G-8, engadiu, "carecen de lexitimidade e non representan a todos os cidadáns".

Convidada pola Dirección Xeral de Cooperación Exterior e a Obra Social de Caixa Galicia, Susan George analizou as consecuencias da globalización neoliberal no marco da vixente crise económica e propuxo un novo modelo de desenvolvemento baseado na loita contra o cambio climático.

A tamén dirixente do Instituto Transnacional, instou os cidadáns para mobilizarse, xa que os gobernantes que acudan á reunión do sábado dirán "que non teñen cartos e iso é unha parvada, porque o mundo está bañado en diñeiro". Ela mesmo, segundo asegurou, estará o sábado protestando na rúa, pois defende que existen outras solucións e a voz dos cidadáns debe terse en conta: "Cómpre ter mellores canles de expresión para que a xente poida ser consultada", aseverou.

Cando lle preguntaron pola actuación do presidente do goberno español, José Luis Rodríguez Zapatero, para acudir á reunión do G-20, dixo non criticalo, porque sempre é "unha boa idea" tratar de participar nos foros para tentar cambiar as cousas, pero reiterou que non confía nos resultados do cumio.

Pola súa parte, a directora xeral de Cooperación Exterior, Fabiola Sotelo, incidiu en que é o momento de "superar a visión da necesidade de cooperar desde unha perspectiva máis emocional, a unha perspectiva máis racional". Cómpre, matizou, "pasar da análise das consecuencias á análise das causas", pois, tal e como explicou Susan George na súa intervención, hai que "deixar de falar de pobreza e comenzar a falar da riqueza".

Ex dirixente de Greenpeace "O modelo neoliberal de Europa está desacreditado"

A altermundista Susan George, que leva anos estudando as desigualdades entre países ricos e pobres, incidiu, respecto da crise climática, en que a sociedade ás veces esquece que os seus efectos "non se poden reverter".

En canto á substitución á fronte da Casa Branca, a autora do Informe Lugano, unha das súas publicacións sobre a crise do capitalismo, mostrou a súa "esperanza" no presidente electo de EEUUEstados Unidos, Barack Obama, de quen destacou que "necesita tempo" para decidir por onde empezar. "A situación do país é un desastre en Educación, en Sanidade, en Economía, no Exército e tamén en Xustiza. Ademais agora está a crise do sector do automóbil, que pode afectar a preto de catro millóns de empregos", dixo.

Para a altermundista, Obama ten oportunidade de ser un "gran presidente", aínda que se manifestou preocupada pola súa "timidez", porque coñece "pouca xente", e polo nomeamento do xefe de Gabinete, Rahm Emmanuel, "un coñecido sionista". Tamén sinalou que estaría "moi preocupada" se nomea a Larry Summers como secretario do Tesouro, quen xa ocupou o cargo con Bill Clinton pois "manifestouse favorable a alagar África con produtos tóxicos".

Respecto de Europa e as directivas sobre Traballo, a coñecida como Volkestein e outras, a activista criticou que as institucións, "a Europa oficial", estean a favor do modelo neoliberal que está "totalmente desacreditado".

Documentación

Susan George é coñecida internacionalmente tanto polo seu rol como ex dirixente de Greenpeace como por ser autora do Informe Lugano, Como morre a outra metade: as verdadeiras razóns da fame no mundo, ou O pensamento secuestrado: como a dereita laica e a relixiosa se apoderaron dos Estados Unidos.

 
< Ant.   Seg. >
Galicia Hoxe
Ciberirmandade da Fala