Plataforma Galega Antitransxénicos
Grecia Libertaria
Declaración dos movementos sociais para cambiar Europa
Altermundo   
Venres, 31 de Outubro do 2008

 Esta é a declaración final da Asemblea de Movementos Sociais (AMS), adoptada o 21 de Setembro, o último día do FSE. A ASM é un espazo para a coordinación entre os diferentes movementos sociais, para consensuar obxectivos e prioridades para o ano entrante.


Declaración Final da Asemblea de Movementos Sociais

Adoptada o 21 de Setembro no FSE de Malmö, Suecia.

 

2009: Para cambiar Europa

A nivel europeo, estamos observando unha fronte liberal e antisocial en todas as esferas: crise económica financeira, aumento de prezos, crises de saúde alimentaria, privatización e desmembramento dos servizos públicos, movementos contra a reforma laboral, decisións da Corte Europea de Xustiza, desmantelamento das políticas agrícolas comúns, reforzamento da 'Fortaleza Europea' contra a migración, debilitamento dos dereitos democráticos e civís, aumento da represión, acordos de cooperación económica, intervención militar en conflitos externos, bases militares… todo isto nun mundo onde as desigualdades, a pobreza e a guerra global e permanente están aumentando día a día.

Neste contexto de crise global, queremos reafirmar que existen alternativas para unha xustiza global, a paz a democracia e o medio ambiente.

Nós, os movementos sociais reunidos en Malmö, comprometémonos a unha axenda común para liderar a loita por "Outra Europa" unha Europa baseada nos dereitos das persoas.

1. No Social

Lanzamos inmediatamente unha CAMPAÑA EUROPEA COMUN contra as políticas sociais e laborais da UE, primeiro opóndonos especificamente á directiva da UE sobre as horas de traballo e a decisión sobre o traballo inmigrante.

Esta campaña componse de diferentes pasos (ex. 6 Decembro en Paris) e inclúe o obxectivo dunha masiva mobilización colectiva a nivel europeo canto antes.

Como segundo paso, traballaremos para construír unha conferencia inclusiva e estratéxica –contra-cume– de todos os movementos sociais europeos en Bruxelas no mes de marzo.

2. Contra a OTAN e a guerra

Facemos un chamamento a unha gran manifestación o 4 de Abril en Estrasburgo/Khiel, centro de celebración do 60 aniversario da OTAN, para dicir "Stop OTAN" e disolver esta terrible ferramenta de guerra. O mesmo día chamamos a manifestarse en todos os países de Europa.

3. Contra a crise climática

Chamamos a un día de acción global o 6 de Decembro durante o cume de Poznan, na mesma cidade e en todo o mundo. Chamamos a unha mobilización masiva o próximo ano para critícaa Cume de Copenhagen (Decembro 2009).

4. Contra o G8

En xullo 2009, os movementos sociais de Sardeña e Italianos no seu conxunto invitan a todos os movementos sociais a acudir a Sardeña onde se celebrase a Reunión do G8 (Illa da Maddalena) para protestar contra o G8 e as súas políticas e para presentar as nosas alternativas para a xustiza global, a paz, a democracia e o medio ambiente.

Tamén existen moitas outras iniciativas provenientes de diferentes redes, asembleas e colectivos.

Continuará…

Noticia orixinal: http://www.esf2008.org/news/final-declaration-asm-2009-to-change-europe

Altermundo
Sobre o autor ou autora:
Artigo inserido ou creado por Altermundo.org
Ler máis >>
 
< Ant.   Seg. >
Galicia Hoxe
Ciberirmandade da Fala