| Ironías da vida |
| Xulio Ríos | |
| Mrcores, 15 de Outubro do 2008 | |
Xulio Ríos-. Aquel neoliberalismo que postulaba a cegas a idea de que as forzas do mercado, por si soas, achegarían o progreso e impulsarían o desenvolvemento da economía e dos países, acabou rematando na defensa da cobiza e irresponsabilidade empresariais coa desidia cómplice dos líderes políticos.
[Galicia Hoxe] A presidenta chilena Michelle Bachelet falou recentemente das ironías da vida ao referirse á conduta dos países ricos, sempre dándolles receitas aos países latinoamericanos sobre como debían facer para xerar progreso e benestar, e que hoxe, en plena crise financeira, se atopan ao bordo da recesión. Sempre dando leccións sobre como organizar e modernizar o estado e os mercados, promovendo a morte a idea de que as grandes finanzas non debían estar controladas polos gobernos, e agora constátase que a falla de regulación pode desencadear unha das crises máis graves e crispadas do sistema financeiro internacional. Para colmo, EEUU, sempre veloz á hora de criticar o intervencionismo dos demais estados, hoxe non ten reparos en facer o propio, mobilizando 700.000 millóns de dólares para encarar unha crise hipotecaria que ameaza con desestabilizar a economía estadounidense e mundial. As receitas que Wáshington, directamente ou a través do FMI ou do Banco Mundial, lles impoñía aos demais países nas últimas décadas, incluían a desaceleración da industrialización e a volta a economías exportadoras de materias primas, as privatizacións, fin dos subsidios, garantías de pagamento da débeda externa, flexibilización do sistema tributario, eliminación das barreiras cambiarias e flotación das divisas, liberalización absoluta dos sectores de bens e servizos, etc., provocando a intensificación da desigualdade e o incremento das diferenzas na distribución do ingreso, socavando as redes sociais organizadas polo poder público. Hoxe é evidente que cada país debe aplicar programas económicos adaptados ás súas realidades negociando en pé de igualdade cos organismos internacionais e apostando por regulacións que organicen o mercado coidando de que sexa o estado quen poida garantir a xustiza social. Aquel neoliberalismo que postulaba a cegas a idea de que as forzas do mercado, por si soas, achegarían o progreso e impulsarían o desenvolvemento da economía e dos países, acabou rematando na defensa da cobiza e irresponsabilidade empresariais coa desidia cómplice dos líderes políticos. Aínda hoxe, con toda a que está caendo, cabe sospeitar que esas inercias do pasado acaben convertendo as chamadas iniciativas de rescate en meras operacións de privatización das ganancias e socialización das perdas. | |
| < Ant. | Seg. > |
|---|











.gif)








Xulio Ríos-. Aquel neoliberalismo que postulaba a cegas a idea de que as forzas do mercado, por si soas, achegarían o progreso e impulsarían o desenvolvemento da economía e dos países, acabou rematando na defensa da cobiza e irresponsabilidade empresariais coa desidia cómplice dos líderes políticos.

David R. Rodríguez-. …que nos queda a nós por facer, ademais de berrar como berraban as masas empobrecidas arxentinas da película de Lewis/ Klein, "que se vayan todos", cando vemos que as atribucións do goberno galego neste ámbito son nulas e as de Madrid son incontrolables?
Iria Morgade-. Como é posible que estando na era da información esteamos tan desinformados? É posible que por pura casualidade se esquezan de informarnos de que os causantes da situación na que se encontra o 80% da poboación son os acordos neoliberais tomados dende o Primeiro Mundo?
Nova Guía Exterior do 