Actividades provisionais, espazos paralelos, programación cultural A horizontalidade do primeiro FSGal en marcha.
PUBLICADAS AS ACTIVIDADES DO FORO SOCIAL GALEGO
O prazo para enviar os datos definitivos das actividades, refundilas se é o caso e relaizar o pagamento remata o 24 de outubro. A primeira semana de novembro publicarase a programación definitiva do FSGal. O FSGal 2008 conta con 25 actividades de xeito provisional. Os colectivos promotores teñen até o 24 de outubro para achegar os datos definitivos das súas actividades segundo o modelo de formulario de envío de solicitudes (título definitivo, ponentes, formato, aforo aproximado, necesidades técnicas, duración da actividade, etc.) e tamén até esa data para facer o ingreso da cota por actividade na conta do FSGal. A programación definitiva será publicada na primeira semana de novembro. MOITAS DAS ACTIVIDADES ESTÁN ABERTAS Á COLABORACIÓN DOUTROS MOVEMENTOS E PERSOAS. PODEN CONTACTAR COS OU COAS RESPONSÁBEIS OU PROMOTORAS/ES DELAS OLLANDO OS CONTACTOS QUE SE FACILITAN NA LISTAXE: http://forosocialgalego.org/index.php?option=com_content&task=view&id=42&Itemid=46 ESPAZOS PARALELOS DO FORO SOCIAL GALEGO (fai as túas propostas)O FSGal contará cun espazo de proxeccións audiovisuais con programación continua, cun espazo de comunicación tamén continuo, cunha carpa de movementos sociais e cunha programación cultural. O prazo para enviar propostas para o espazo de proxeccións e o espazo de comunicación remata o 24 de outubro se é que se desexa sexan incluídas no programa de man. Ábrese un prazo até o 24 de outubro para cubrir a programación de TRES NOVOS ESPAZOS TRANSVERSAIS paralelos ás actividades do Foro Social Galego: - Espazo de Proxeccións Audiovisuais (con programación continua). ENVIAR PROPOSTAS A:
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
- Espazo de Comunicación, dedicado este último á presentación de libros, campañas, iniciativas, manifestos, rodas de prensa, etc., cun tempo limitado. Terá unha programación continua. ENVIAR PROPOSTAS A:
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
- Carpa de movementos sociais: os movementos sociais adheridos ao proceso do FSGal disporán dun espazo na carpa de actividades. Para facer adhesións: PREME AQUÍ. O PRAZO DE RECEPCIÓN DE ADHESIÓNS REMATA O 15 DE NOVEMBRO
PROGRAMACIÓN CULTURAL DO FORO SOCIAL GALEGOO Foro Social Galego terá unha programación cultural consistente en diferentes actividades, concertos, teatro, etc. Para colaboracións, suxestións ou propostas enviar unha mensaxe a:
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
ORGANIZA UNHA CHARLA INFORMATIVA SOBRE O FORO SOCIAL GALEGOO Consello do FSGal manifesta a súa disposición a facilitar a organización de charlas informativas sobre o desenvolvemento do Foro. Colectivos e persoas interesadas en levar ás súas localidades esta iniciativa deben autoxestionar a convocatoria da charla e o Consello tratará de buscar xente para explicar calquera aspecto organizativo do FSGal. As convocatorias serán tamén publicadas nesta web. Podes contactar con:
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
|