Axenda publicada no suplemento horizontal Altermundo de setembro
III FORO SOCIAL DAS AMÉRICAS
En Cidade Guatemala, Guatemala, do 17 ao 12 de outubro. É parte do proceso Foro Social Mundial, un espazo para a articulación de iniciativas sociais, o desenvolvemento de pensamento crítico e a construción de alternativas á orde neoliberal, baixo o común convencemento de que “Outro Mundo é Posíbel”.
XORNADAS “O FUTURO DA INDUSTRIA DA COMUNICACIÓN”
Dende o 23 de outubro e até o 4 de decembro na sede da Fundación Caixa Galicia (Rúa do Vilar, 19) de Santiago de Compostela. Todos os xoves. Coa presenza de importantes persoeiros relacionados co mundo da comunicación.
III CONGRESO INTERNACIONAL DE FEMINISMO ISLÁMICO
Do 24 ao 27 de outubro en Barcelona. Centrado na problemática das mulleres musulmás na globalización, enfrontadas a unha dobre opresión: económica (neoliberalismo) e política (fundamentalismo relixioso).
IV CONFERENCIA INTERNACIONAL DE SOFTWARE LIBRE
Do 20 ao 22 de outubro en Málaga. O impacto social do Software Libre, especialmente do seu uso e fomento desde as grandes corporacións públicas, centrarán a temática do Software Libre 2008.
CURSO PRESENCIAL DE XESTIÓN DO VOLUNTARIADO
Xestión, planificación e dirección estratéxica. Do 8 ao 9 de outubro, no Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil en Santiago.
CONGRESO MUNDIAL DA NATUREZA
IV Congreso da UICN (Unión Internacional de Conservación da Natureza), que dirixe o conservacionismo mundial. Do 5 ao 14 de outubro en Barcelona. Lema: “ Un mundo diverso e sustentábel”. O evento divídese en dúas partes: o Foro e a Asemblea de Membros.
MÁIS ACTIVISMO MUNDIAL EN OUTUBRODías 2 a 7: Nanjing, China. IV Foro Urbano Mundial. Días 3 a 6: Honduras. II Encontro Hemisférico contra a Militarización. Días 11 a 13: Wáshington, USA. Xuntanza anual Banco Mundial-FMI. Día 12: Día de Resistencia Indíxena. Managua, Nicaragua. Audiencia do Tribunal dos Pobos sobre dédeda histórica, ecolóxica e social. Día 15: Nova Deli, India. Reunión do Foro IBAS (India, Brasil e África do Sur. Días 12 a 19: Semana de Acción Global contra a Débeda e as Institucións Financeiras Internacionais. + INFO: www.debtweek.org [ver páx. 5] Días 15 a 17: Beijing, China. Foro dos pobos da Asia–Europa. Días 17 a 23: Mozambique. V Congreso da organización intenacional Via Campesina. Días 22 a 25: Sydney, Austrália. IX Congreso Mundial de Metrópoles. Días 26 a 29: Bruxelas, Bélxica. II Cume Mundial en Europa de Africanos e Afrodescendentes. Días 27 a 30: Manila, Filipinas. Foro Mundial de Desenvolvemento e Migración. Días 29 a 31: O Salvador. Cúpula Ibero-americana. |