Cinco continentes, máis de corenta países, cento cincoenta integrantes de coordinadoras nacionais e do comité internacional. Buscan a liberdade en Vigo. Mulleres todas.
MULLERES, PARA CAMBIAR O MUNDO
GALIZA ACOLLE DO 14 AO 21 DE OUTUBRO A MULLERES CHEGADAS DE MÁIS DE CORENTA PAÍSES. LOITADORAS TODAS.Naceron hai dez anos para loitar contra as causas da pobreza e da violencia contra as mulleres. Xuntas combaten todas as formas de desigualdade e discriminación cara a elas. Mais iso non é dabondo. Tamén queren facer mudar o mundo no político, no económico e no social. A Marcha Mundial das Mulleres chega a Galiza para celebrar o seu VII Encontro Internacional cun programa enchido de alternativas. A coordinadora do seu Secretariado Internacional, a brasileira Miriam Nobre, falou con Altermundo sobre o seu colectivo, namentres que Lupe Ces, da Coordinadora Nacional Galega, reflexiona sobre como cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo. Sobre como cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres. Benvidas todas. A rede feminista Marcha Mundial das Mulleres realiza cada dous anos o seu Encontro Internacional con delegadas dos cinco continentes. Para 2008, este Encontro terá como sede a cidade de Vigo e a Residencia de Encontro e Formación de Panxón. Reunirá a 150 participantes das coordenadoras nacionais e do Comité Internacional. A manifestación do 19 de outubro será o punto álxido.
14 AO 21 DE OUTUBRO
Encontro das delegadas na Residencia de de Panxón (Nigrán). 18 E 19 DE OUTUBROFeira de Soberania Alimentaria Praza da Estrela (Vigo) Tres espazos: Carpa dos colectivos, con exposición e venda de produtos e obradoiros formativos e divulgativos; Carpa de Debates e Proxeccións e Carpa de Punto de Encontro e Festa. [Sábado 18] 12:00h.- Proxección documental “Nós as mulleres de aldea” 16:00h.- A Soberania Alimentaria nos proxectos de consumo responsábel na Galiza. 17:30h.- Presentación de proxectos. 20:00h.- As mulleres do mar axentes da Soberania Alimentaria. [Domingo 19] 11:00h.- Documental “As mulleres da Via Campesina” 16:00h.- “Soberania e seguridade alimentaria, a produción ecolóxica” 17:30h.- “A artesanía alimentaria. Valoracións, regulamentación e proxectos”. 19:00h.- “Marchando pola Soberania Alimentaria, o acceso aos recursos e o ben común”. 18 DE OUTUBROForo Internacional de Soberania Alimentaria Participarán especialistas de organizacións como Via Campesina, o Sindicato Labrego Galego e da Marcha Mundial das Mulleres. 17:00-19:00h.- Soberanía alimentaria, un dereito dos povos, unha ferramenta para as mulleres GLADYS ALFARO (México. Representante do Centro de Investigación e Acción da Muller Latinoamericana). LIDIA SENRA (Galiza. Labrega, da Secretaria das Mulleres do Sindicato Labrego Galego e de Via Campesina). IRENE LEÓN (Ecuador. Socióloga e directora da área de muller de ALAI –Axencia Latinoamericana de Información). 19:30h-. Construíndo soberanía alimentaria, realidades e proxectos CARIDAD YNARES (Jing, Filipinas. Avogada de Sarilaya-Kasarian Kalayaan). NANA AICHA CISSÉ (Malí. Colaboradora da Coordenadora de Organizacións Campesinas de Malí). DENISA VUILLON (Francia. AMAP –Association pour le Maintien de l´Agriculture Paysanne en France). ROSARIO SÁNCHEZ (Galiza. Labrega, Proxecto “O Grelo Verde”). ESTHER VIVAS (Catalunya. Xarxa de Consum Solidari). 19 DE OUTUBROConstrución dun Milladoiro conmemorativo Coa colaboracion das alumnas da Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Antes de comezar a Marcha polas rúas de Vigo. MANIFESTACIÓN Saída ás 12:30h. da Praza do Rei. O lema: Cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo. Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres. |