Evo Morales: “Non creo que poida haber paz con capitalismo”
Axencia Púlsar   
Mrcores, 24 de Setembro do 2008

O presidente de Bolivia falou no sesaxésimo terceiro período ordinario de sesións da Organización de Nacións Unidas (ONU) e sostivo que "só vai haber paz cando haxa igualdade".

NOTA CON AUDIOS DA AXENCIA PÚLSAR


Evo Morales arremeteu contra o "imperialismo norteamericano", que segundo prognosticou, será derrotado pola "conciencia do pobo". O Primeiro Mandatario afirmou que "estamos en tempos sen imperio" e que a pesar de que Bush o acuse de inimigo, el sente amigo do pobo de Estados Unidos.

Sobre a expulsión do embaixador norteamericano de Bolivia, explicou que tomou esa decisión porque foi o único que non condenou os actos de violencia da dereita. Sostivo que a embaixada de Estados Unidos condena o terrorismo, pero non di nada sobre os actos terroristas ocorridos en Bolivia.

Evo Morales, lembrou que toda a comunidade internacional condenou o intento de golpe de estado cívico no seu país, salvo Estados Unidos. Tamén agregou que antes "os golpes comezaban coa ocupación dos aeroportos e as canles de televisión pública", e agora comezan coa "toma de radios comunitarias".

Para rematar destacou unha proposta de "dez mandamentos para salvar o planeta" que contempla, entre outros puntos, acabar co capitalismo, renunciar á guerra e vivir en harmonía coa Nai Terra.

Audios disponibles:

Evo Morales, Presidente de Bolivia (rebelión de los pueblos)
31 seg. (246 KB)
Evo Morales, Presidente de Bolivia (proceso de cambio)
02 min. 22 seg. (1,08 MB)
Evo Morales, Presidente de Bolivia (golpe civico prefectural)
04 min. 28 seg. (2,04 MB)
Evo Morales; Presidente de Bolivia (expulsión del embajador)
01 min. 18 seg. (610 KB)
Evo Morales, Presidente de Bolivia (Bush)
53 seg. (416 KB)
Evo Morales, Presidente de Bolivia (10 mandamientos)
05 min. 37 seg. (2,57 MB)
Evo Morales, Presidente de Bolivia (paz sin capitalismo)
56 seg. (443 KB)

Axencia Púlsar
Sobre o autor ou autora:
Agência Informativa Pulsar
Ler máis >>
 
< Ant.   Seg. >